A Biblioteca é un dos berces de Xermolos, o corazón da Asociación, sempre foi o noso lar nos distintos locais que nos foi cedendo sucesivamente o concello.
Hoxe contamos con máis de 6000 libros, publicacións periódicas, soportes audiovisuais. Dende o Espasa ata enciclopedias máis modernas, máis de 40 de todas as especialidades...
Está dividida en seccións por materias, con relevancia salientable da literatura infantil, literatura galega, arte.
A Biblioteca é a principal tarefa cotiá de Xermolos, á que lle adica máis tempo.