Foi nacendo a carón do Festival de Pardiñas, é como a coroa ou o cumio de toda a fervenza que medra eses días. Dende as primeiras edicións foi o espacio da mostra das artes que dende o 1º Festival deron nome e entidade a este acontecemento que se coñece como FEIRA E FESTA DA MÚSICA E DA ARTE.
A vella Escola de Pardiñas foi remozandose progresivamente ata chegar a estas dúas salas de arte actuais. Na planta baixa hai un lugar especial para o canteiro e escultor de Pardiñas, Ramón Villar, sempre presente nas actividades do Festival, tamén poden apreciarse os carteis dos 25 festivais.
Na segunda planta atopamos a obra de moitas e moitos creadores cunha especial querencia polos da Terra Chá: fotografía: Xosé Marra, Manolo Espiñeira, Juanma Corral. Pintura de Xavier Quijada, Miguel Anxo Macía, Oro Claro, Escultura de Euloxio das Penas, Poi, Manuel Carreira, Xosé Val, Fuciños, Ceramica: Pepita de Bonxe, Caxigueiro.
Moitas destas obras son Premios Guitiriz de Pintura, Escultura, Fotografía e Cerámica que foron convocados en moitas edicións do Festival de Pardiñas.