- Reseñas e achegas biográficas
- Díaz Castro no Seminario de Mondoñedo
- Díaz Castro, traductor
- Palabras de Díaz Castro, no seu recital de poesía en Guitiríz e outros textos
- Comentarios e achegas ó seu libro Nimbos
- O enterro
- Relación de Díaz Castro con outros escritores
- Poemas dedicados a Díaz Castro
- Díaz Castro nas artes plásticas
- Banda deseñada da vida de Díaz Castro
 

       

6) No seu casamento, 1954.

No seu casamento en 1954 con María Teresa Zubizarreta Bengoechea

 

Casou aos 40 anos, o día 10 de Agosto de 1954 con María Teresa Zubizarreta Bengoechea coa que mantivera anos de comunicación. Tiveron tres fillos José Mari, Maite e Iñigo.. A pesares de estar empadroados en Madrid, foi vontade de Teresita que nacesen en Villarreal de Urretxu. Con trazos enchoupados de tenrura soñou e escribiu sobre a que ía ser a súa primeira criatura ou vástago, e alá polo 1944 escribiu “El primer hijo”, toda unha lonxanía nostálxica despois feita vida:                                               

“¡Aquí, contra mi pecho, bien desnudo,      

                                   ¡Está ardiendo, mi vida, como el mudo

                                   deseo con que yo lo concebí!”


Pero tamén os bímbios galegos axudaron a tecer aquel berce no que estaba a nacer a familia Díaz Zubizarreta, e así levaron desde os soutos dos Vilares a madeira para construír os leitos e outros mobles do novo fogar.  Díaz Castro que vivira marabillado o traballo dos artesáns na súa infancia, empeñouse en levar os mellores carpinteiros para facer aqueles dormitorios do seu fogar de Madrid.                                  

A pesar de estar moi atarefado na súa vida cotiá adicaba moito tempo ós seus fillos, sobre todo na súa nenez, gustáballe pasear con eles pola Casa de Campo, nos aledaños da Estación de Norte, polas beiras do Manzanares…, e foi tamén o seu primeiro mestre nas letras e nos números. Contáballes moitos contos e lendas sobre todo de Galiza e cantáballes nenias. Os contos e lendas ían sempre adobados cos nomes orixinais en galego da flora e da fauna que dominaba á perfección…, era tal a unción que lle imprimía a aquela comunicación, que os nenos mesmo percibían o arrecendo e a cor das plantas: as pudias, as moreiras, a flor amarela da “manteca da lebre” que tiña nas súas raíces as “poutas do lobo” cargadas de mel que comían o poeta e os seus veciños… Aprendeulles o proceso da elaboración do liño e ensináballes os nomes das estrelas. Todo aquilo apaixonaba a aqueles nenos que estaban a medrar na grande metrópole rodeados de asfalto e cemento.

Para Díaz Castro, un gran observador da natureza desde moi neno, transmitir os segredos da natureza e das criaturas era ben doado. Os seus fillos tiveron a sorte de poder mergullarse naquela tenra idade nos misterios da vida e da natureza.

                                                                      

Traballaba moito, a xornada completa no Instituto do Frío con traballos científicos, e ata a madrugada no seu fogar facía horas traducindo literatura para editoriais.

 

Publica poemas en revistas como Alba e Fernández del Riego selecciónao na Escolma de Poesía Galega, un libro fundamental para dar a coñecer a poesía naquel momento..

                                                          

No 1968 acada o diploma de Tradutor de lingua inglesa na Escola de Idiomas Modernos da Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Madrid, posteriormente tamén en lingua alemá.                                 

Como moitos escritores neste tempo escribía en galego e castelán, Díaz Castro publica en La Noche en 1947 varios poemas en castelán: “Fe”, “Fermento”, “Sustitución” e “Maternidad” (o 19 de abril). “Hincate”, “Piedad”, “Del labrador” e “La herida abierta” (o 26 de abril) . “El premio”, “Desnudez”, “Crepúsculo” e “Magia” (o 19 de maio). “Sed”, “La lección”, “La lámpara” e “El primer hijo” (o 2 de xuño). “Revelación” ( o 16 de xuño) e “Versos a Florinda” (o 14 de Xullo). Xa en galego publica "Con este alento" (o 9 de xuño) que aparecería despois encartado  en Nimbos  co titulo de "Como brasas".                       

Segue a publicar en La Hoja del Lunes da Coruña o seu "Anecdotario Humorístico" protagonizado por un paisano, un tal "Antón do Foxo" e firmado co pseudónimo de "Castelo", son retallos de humor coa retranca propia de Díaz Castro. Con trazos de humor vai fiando a súa filosofía máis elemental.

O CHISTE                                        

Preguntáronlle a Antón do Foxo:

- Ti que mandas chistes á "Folla dos Luns", dime: ¿cómo se fai un chiste?

- Pois verás. Pensas calquer cousa, por exemplo, un coche.

- Moi ben. ¿Qué máis?

- O coche faiche pensar no chófer.

- Poida que sí.

- O chófer fai andar o coche.

- Claro.

- Pra o facer andar, hai que encendelo.

- Supoño.

- Pra encendelo, fai falta a chispa.

- Nin que dicir tén.

- Agora volves atrás, e xuntas a chispa co chófer.

- Moi Ben, ¿e que pasa?

- ¿C´mo qué que pasa? O coche caiq   por un barranco e ...

- ¿Como, como?

- Claro, home. ¡Como o chófer levaba unha chispa!... CASTELO.

 

Ben-Cho-Shey convocaba no comezo da primavera no Centro Galego de Madrid aos poetas galegos para celebrar a "Festa da Poesía", na do 1959 participou Díaz Castro con escritores como Xosé Fernández Ferreiro, Bautista Álvarez e outros; foi o único recital que fixo da súa poesía xunto co que convocaría Xermolos na súa terra (o 9 de Agosto de 1984) para dar a coñecer un poeta esquecido desde sempre no seu país.

 

No verán de 1959 a prestixiosa revista Insula (nº 152-153) de Madrid adica un número dobre á realidade literaria e artística de Galiza no que aparece todo o "universo" das nosas letras, os poetas cun poema representativo da súa obra: Ramón Cabanillas, Bouza Brey, X.M. Álvarez Blázquez, Cunqueiro, Celso Emilio, ata os máis novos: Manuel María, Novoneyra. Luz Pozo, etc., e non podía faltar a colaboración de Díaz Castro que remite o seu "Monumento á ausencia".