Si hai alguén que rexistra o nome da vila e concello de Guitiriz neses volumes de información e cultura que son as enciclopedias e dicionarios, é o poeta Xosé María Díaz Castro.
Naceu na parroquia de Os Vilares no 1914 e desde aquela viviu ligado a esta paisaxe e contorno a carón da Serra de Montouto onde vai fenecendo a Terra Cha. |