mini meroMini

Xosé Luís Rivas Cruz, alcumado Mini, nado en San Martiño de Pacios (Begonte) o 18 de xuño de 1951, é un profesor, cantautor, compositor, musicólogo e político galego.

Impartiu clases nunha escola unitaria no concello de Boimorto, e máis tarde sería profesor no CPI Armando Cotarelo Valledor. Mentres, desenvolveu un amplo labor cultural dentro da música, na que se segue a manter de forma activa.

Formou parte da banda Fuxan os ventos dende a súa fundación até 1982 para despois, en 1984, xunto co seu compañeiro Baldomero Iglesias Dobarrio "Mero", formar A Quenlla,  No ano 2007 cedeu, canda o seu compañeiro "Mero", as recollas de cantos, bailes, lendas e refráns recompiladas ao longo da súa traxectoria, ao museo do pobo galego. Todo este repertorio foi dixitalizado e posto a disposición dos interesados no patrimonio oral galego.

Tras as eleccións ao Parlamento de Galicia 2016 foi elixido deputado polo BNG para a 10.ª lexislatura, sendo reelixido nas eleccións de 2020.

 

     Mero

Baldomero Francisco Iglesias Dobarrio, coñecido artisticamente como Mero, nado en Vilalba o 27 de xuño de 1951, é un profesor, cantante e escritor galego.

Titulado en Maxisterio. Formou parte da banda Fuxan os Ventos dende a súa fundación en 1972 até 1983 para despois, en 1984, xunto co seu compañeiro Xosé Luís Rivas Cruz (Mini), formar A Quenlla. No ano 2007 cedeu, canda a "Mini", as recollas de cantos, bailes, lendas e refráns recompiladas ao longo da súa traxectoria, ao museo do pobo galego.[1] Todo este repertorio foi dixitalizado e posto a disposición dos interesados no patrimonio oral galego.

Premio de poesía Prados Ledesma do Concello de Viveiro no 2002, por Na lonxitude do tempo.
Premio Pedrón de Ouro no 2009, por toda a súa carreira de divulgación da cultural oral de Galiza, xunto ao seu compañeiro Mini.

 

 

mini mero 1mini mero 5

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

mini mero 3

mini mero 4