helena xesus

Helena villar janeiro

Helena Villar Janeiro naceu en Becerreá, Lugo, o 28 de setembro de 1940. É licenciada en Filosofía e Letras pola Universidade Complutense e membro fundadora do PEN club de Galicia, da que é secretaria.

É profesora de literatura e lingua en Santiago de Compostela. Os seus libros infantís están incluídos no Catálogo White Ravens da Internationale Jugendbibliothek de Múnic.

Gañou o premio de narrativa, Breogán en 1990 e Rodríguez Figueirido en 1991.

 

 

Xesús Rabade Paredes

nado en Seixas (Cospeito) o 20 de xaneiro de 1949, é un escritor galego.

Comezou a traballar de carteiro e estivo un tempo en Berna (Suíza) traballando nos anos setenta[1]. Posteriormente dedicouse ao ensino de lingua e literatura en secundaria no IES Rosalía de Castro.

Literariamente ten cultivado o ensaio, a narrativa e a poesía. Comezou moi cedo a súa carreira literaria e figura na antoloxía Os novísimos da poesía galega. Traballou en tarefas de normalización lingüística e cultural: formación do profesorado, reforma educativa, elaboración de textos e material escolar, publicación en prensa de numerosos artigos, algúns recollidos en libro, sobre a situación social da lingua. De 1992 a 1995 foi Coordinador Docente de Lingua galega.

 

helena xesus 1helena xesus 2