agustin fernandez pazAgustín Fernández Paz

Nado en Vilalba o 29 de maio de 1947 e finado en Vigo o 12 de xullo de 2016,[2] foi un escritor e pedagogo galego. Foi autor de máis de cincuenta títulos, preferentemente de literatura infantil e xuvenil. Os seus libros obtiveron numerosos premios, sendo recoñecido por dúas veces como o mellor autor do ano (no 2004, pola Federación de Libreiros de Galicia e no 2007, pola Asociación Galega de Editores). Tamén recibiu en dúas ocasións o premio ao mellor libro de Literatura Infantil e Xuvenil do ano, que concede a Asociación de Escritores en Lingua Galega.

O seu libro O único que queda é o amor obtivo en 2008 o Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil que concede o Ministerio de Cultura de España. No ámbito internacional salientan as catro designacións ao Premio Memorial Astrid Lindgren, nos anos 2008, 2009, 2010 e 2013. O libro O único que queda é o amor foi incluído na Lista de Honra da IBBY no 2010, como ocorrera tamén con Contos por palabras en 1992 e con Aire negro en 2002. Esta última novela, Aire negro, foi incluída así mesmo no Catálogo White Ravens da Internationale Jugendbibliothek de Múnic en 2001, un recoñecemento que tamén acadou O meu nome é Skywalker en 2004.

 

   

 

agustin fernandez 1agustin fernandez 3