O sábado 12 de marzo no auditorio da Casa-Museo en Outeiro de Rei foi o espazo que acolleu a presentación d'A voz do vento, un novo traballo musical feito sobre poemas de Manuel María coa música de Fran Amil e a tribo incomprensíbel. Trátase dunha publicación en formato libro-CD ilustrado (os debuxos son do artista Jano) que edita A Mesa pola Normalización Lingüística. No acto houbo unha pequena actuación musical a xeito de adianto dalgúns dos temas do disco. Gracias a Xurxo Souto por lembrar a nosa amizade con Manuel María vestindo a nosa camiseta.