1º Premio do I Certame Terra Chá de Narrativa Curta, convocado polo Concello de Guitiriz e a Asociación Cultural Xermolos
un agujero en la noche
súbitamente invadido por un ángel
Alejandra Pizarnik
No verán durmo ao raso, vivo sen leis, coma unha nómade. Antes de partir fago un inventario de lugares onde gorecerme do cruento día-tras-día. Percorro as cidades soñadas con absoluta apatía; só ofrecen tedio. Necesito transgredir e transgredir. Despois de tanto vagabundeo, o instinto guíame a Pardiñas. Como propósito, mudar por dentro e por fóra.
E alí estaba eu; vestida coa miña fermosa agonía, a piques de quebrar. Reprantexándomo todo no medio do furacán. Pensaba canto, por onde teño camiñado, asediada por un sen-número de experiencias... Entón o advenemento da música, a proliferación dos corpos; cen, mil puños berrando ao vento: "Queremos o mundo, queremos o mundo, e querémolo agora!".
Os tambores ofician primitivos ritos, exhiben a súa voz, esgótana. Un ambiente cargado de maxia invita a devotos e curiosos a esquecerse dun mundo uniforme e enfermizo. No aire téndense pontes invisibles entre xeracións, vellos e novos vibrando ó unísono, tentando esquecer o sopor cotiá. O pobo en plena euforia revolucionaria! Veñen onda ti, ofrécenche de beber e de fumar. Cíngueste á cintura do que tés ao teu carón, coma se fose un irmán ou un amante. Unha amizade nova xorde ao compás de cada latexo. É unha sensación que te arrastra, un caudal interminable de brazos, bocas e gorxas que no seu apoxeo acaban fundíndose nun mesmo ser. Un xigante bo, de faccións enlouquecidas.Entre a marabunta houbo un primeiro movemento de aproximación; ao lonxe percibo o xesto voluptuoso do ollo, unha mirada que me perturba. Semella notar en min a fenda antes aludida. Máis de preto insisto en lerlle o pensamento: "O anxo fero, feminino, enchido de abstracción. Vén a Pardiñas, a curar os accesos de melancolía".
O segundo movemento foi raudo, a pedir máis viño para alixeirar o espírito. Ao dar a volta atopeime fronte a fronte con el. Fixemos ademán de apartarnos ao mesmo tempo, a un e outro lado. Ambos sorrimos.
-Cómo te chamas? -preguntei, para romper o xeo.
Balbuciu algo referente a min e á noite pero a voráxine afogou as súas palabras. Só entendín: "O mar ou Omar". Daquela tiven a visión doutros amores complexos, dos que erosionan a conciencia. A enerxía comezaba a fluir dende algún lugar indeterminado ata os confíns do noso, aínda pequeno universo.
Anque o intentaba non podía discernir a transformación que se estaba operando en min. Trataríase do típico proceso epidérmico? Ou polo contrario, atoparíame ás portas dunha preocupante afección subcutánea, máis perigosa e con visos de ir para longo? Os síntomas eran ben confusos. O meu único fundamento: sentir-a-ferro-e-fogo.
Xogo a galantear no seu feudo, exprimindo ao máximo a miña iconografía de muller lixeiramente golpeada pola vida:
-Toda esa vulnerabilidade, penso que é unha impostura.
De súpeto noto un tremor no labio. Lonxe de divertirme, o seu comentario ruborízame. Limítome a sorrir, con cautela. El, mentres, sen disimulo, segue esculcando en min.
-Xuraría terte visto algunha vez, nalgún lugar segredo. Quizáis baixando polas Casas Reais?
Un feitizo, non cabe dúbida. Un pouco ebria, só atino a respostar con evasivas, coma querendo desvincularme del.
-Non podía ser eu. Estiven fóra, no estranxeiro. Voltei hai uns días. Alguén recomendoume o festival, coma terapia.
-Nunca estiveras antes? Eu, dende que son así -e sinalou coa man estendida á altura do xeonllo- veño -dixo, sorrindo, e apostillou-; a xente, o sol e a música son as mellores manciñas para combater as doenzas da alma. Estás no lugar apropiado e..."
O segundo movemento foi raudo, a pedir máis viño para alixeirar o espírito. Ao dar a volta atopeime fronte a fronte con el. Fixemos ademán de apartarnos ao mesmo tempo, a un e outro lado. Ambos sorrimos.
-Cómo te chamas? -preguntei, para romper o xeo.
Balbuciu algo referente a min e á noite pero a voráxine afogou as súas palabras. Só entendín: "O mar ou Omar". Daquela tiven a visión doutros amores complexos, dos que erosionan a conciencia. A enerxía comezaba a fluir dende algún lugar indeterminado ata os confíns do noso, aínda pequeno universo. Anque o intentaba non podía discernir a transformación que se estaba operando en min. Trataríase do típico proceso epidérmico? Ou polo contrario, atoparíame ás portas dunha preocupante afección subcutánea, máis perigosa e con visos de ir para longo? Os síntomas eran ben confusos. O meu único fundamento: sentir-a-ferro-e-fogo.
Xogo a galantear no seu feudo, exprimindo ao máximo a miña iconografía de muller lixeiramente golpeada pola vida:
-Toda esa vulnerabilidade, penso que é unha impostura.
De súpeto noto un tremor no labio. Lonxe de divertirme, o seu comentario ruborízame. Limítome a sorrir, con cautela. El, mentres, sen disimulo, segue esculcando en min.
-Xuraría terte visto algunha vez, nalgún lugar segredo. Quizáis baixando polas Casas Reais?
Un feitizo, non cabe dúbida. Un pouco ebria, só atino a respostar con evasivas, coma querendo desvincularme del.
-Non podía ser eu. Estiven fóra, no estranxeiro. Voltei hai uns días. Alguén recomendoume o festival, coma terapia.
-Nunca estiveras antes? Eu, dende que son así -e sinalou coa man estendida á altura do xeonllo- veño -dixo, sorrindo, e apostillou-; a xente, o sol e a música son as mellores manciñas para combater as doenzas da alma. Estás no lugar apropiado e..."
El seguía falando, e eu, exhausta de tanto bailar, asentía coa cabeza.
-É un equívoco -dixo, inclinándose cara a min.
-Un equívoco?
-O meu nome non... -de súpeto viñeron as hordas e leváronme en voandas. Un vento metálico zoaba e zoaba ao meu redor. Entre un grupo de persoas que se elevaban en masse vino a el. Viña ao meu rescate, descaradamente. Caín rendida nos seus brazos, consciente de que iso representaba pouco menos que unha capitulación.
A festa continúa. As luces do escenario apáganse; unha febre de coñecemento esparéxese polas contornas, impregnando cada recuncho. Microcosmos. Non hai tregua. Os rostros transidos de cansazo dispérsanse e conforman novas paisaxes. Ao pé dos piñeiros segue a producirse música, dexeneran os sons en exóticas danzas. Hainos incluso que postulan entre a brétema das veigas de Pardiñas unha nova orde económica e social: un día de militancia. Modos de concibir e resistir.
Os corazóns brutos, libres. A natureza inundándose de materiais venéreos. Toda a atmosfera a tilintar. Foi a noite a que desatou entre nós un incendio. El intentaba en van protexerse do fume e das lapas. Nestas os tambores calaron con brusquedade.
-Tés terra na comisura dos labios.
Tralo fulgor, un silencio purísimo.
(O seu lugar favorito) Saio da auga. Metafísica da frescura, o amencer nos Sete Muíños. Teño a boca chea de mel. Todas as cousas queridas. Invádeme un pensamento radical, a tiranía da felicidade. Omar dorme sobre a herba. O tempo solta lastre, dos seus múltiples atributos apenas conserva a duración. O perdurable?
Aconteceu en Pardiñas (e arredores). Do desenfreo xermolou a harmonía. Unha sucesión de imaxes fragmentarias, fixadas para sempre no inconsciente colectivo a través dunha caligrafía rabiosamente feminina, fera, vintecinco veces repetida: Pardiñas, Música, Arte, Creación...
-Virás sóa, verdade?
Non nos entretivemos na despedida. En realidade supoño que os dous pensabamos buscarnos pouco despois. Eu víao sentado na escaleira de pedra, nas Casas Reais. Alí conflúen os soños dos que sempre andan á procura. O anhelo dos camiñantes mistúrase co desasosego dos cuitados. Alí estará agardado o meu amigo, para redimirme.
Tiven que agardar pouco. O cuarto ou quinto coche parou. Úrxeme agora unha longa viaxe.