Eres coma unha illa sen mar, coma un símbolo nun lugar do que endexamais me esquecerei, dásnos a liberdade que nunca antes coñeceramos, en Pardiñas podemos atopar a música e as artes galegas.
Desafías as olas, os ventos, e enfróntaste ó mal tempo, non es como todas as illas, eres diferente e única, onde se pode naufragar dun xeito no que non te sentes perdido. Gardas nas túas entrañas a felicidade de moitos e a lembranza de todos, porque resistes sen medo a todo o que veña, eres forte e estás aí dende hai 25 anos. Aguantando sen rechiar e dándonos o mellor de ti, acollendo o mellor de nós, sen pedir nada a cambio, escoitándonos na soidade porque xa non quedan illas sen mar. Contigo confesámonos porque nos escoitas, porque nos entendes.
A nosa cara, as nosas risas reflicten o símbolo da liberdade, desafiamos a todos aqueles que non te entenden nin te desexan.
Achégase a tua festa, o teu día, as olas e os ventos están en calma, para levar a cabo un ano máis o que ti máis desexas.
Todos volven a lembrar a felicidade que coñeceron algún día nas túas entrañas, todos volven cos corazóns abertos a dalo todo, e a deleitarse nunha illa sen mar, nunha illa que nos ofrece o mellor de sí, que nos dá todo o seu, vivindo con nosoutros dun xeito que só ela sabe facer, permitindonos soñar a realidade da vida.
Unha vez ó ano acudimos a ti en peregrinación, co noso corazón aberto, para ver e aprender todo o que estás a brindarnos, alí danse cita: os poetas, os gaiteiros, os muíñeiros, os zoqueiros, a xente humilde.... a todos eles gústalles naufragar nesa illa sen mar que está nun lugar da Terra Chá.
Todos volven co seu corazón coma única equipaxe, para confesarse unha vez máis contigo, para poder dar renda solta ás seus soños dos que non queren espertar, de querer seguir con esa viaxe soñada que os leva onde todo é distinto, onde o símbolo máis grande é Galicia, a nosa terra.