Os días 5 e 6 de novembro a Fundación Manuel María da Terra Chá e a Asociación Cutural Xermolos organizan o IV Congreso Cultura da Terra Chá coa temática "A Identidade Rural da Terra Chá: Presente e Futuro" e que contará co seguinte programa:
Día 5 de novembro:
No Muíño do Rañego (Vilalba)
- Ás 17 h. Conferencia Inaugural: "A Identidade Rural: ¿do desarraigo cultural á reestructuración alternativa?" (Tareixa Ledo. Socióloga).
Día 6 de novembro:
Na Casa da Cultura de Pastoriza
- Ás 11.30 h. Conferencia: "Evolución e Presente do sector agrario na Terra Chá" (Antonio Fernández Oca, Técnico da Conselleria de Agricultura).
- Ás 12.30 h. Conferencia: "Desestructuración agraria: a perda da calidade de vida" (Ramón Muñiz. Sociólogo).
- Xantar no Restaurante "Río Ladra" de Gaioso.
No Centro Sociocultural de Rábade
- Ás 17 h. Conferencia: "Perpectivas de futuro para o agro" (Lidia Senra. Secretaria do Sindicato Labrego Galego).
- Lembranza a Manuel María no Campo de Santa Isabel de Outeiro de Rei. Lectura dos seus poemas.
INFORMACIÓN DE INTERESE
Asistencia Gratuita
Cota para xantar: 15 Euros
Data límite para apuntarse a xantar: Ata o día 2 de novembro
Telfs. 982 37 20 40 - 646 41 38 90 (contactar por correo electrónico)
ORGANIZAN
Fundación Manuel María da Terra Chá
Asociación Cultural Xermolos de Guitiriz