VI FESTA DA FALA NO SAN ALBERTE
O VINDEIRO DOMINGO DÍA 19 é a Festa do San Alberte en Sambreixo, que ademais das celebracións relixiosas conta con actividades culturais e gastronómicas. Coñecida coma Festa da Fala inclue unha mostra de artesanía e varios concertos, así na sesión vermú intervirán Sons da Aldea e a partires das 18,00 horas Roxedoiro. Ás 17 horas dentro da Igrexa vai ter lugar unha exposición de máis de douscentos instrumentos musicais de todo o mundo, algún de máis de 2000 anos, que van ser interpretados polo multiinstrumentista Abraham Cupeiro. Esre concerto é convocado por Agadic e o Concello de Guitiriz.
A asociación Xermolos organizadora do evento convida na sesión vermut a liscos e chourizos