Imprimir

1 memorial cartel irmans da lexia

CONVOCATORIA ROLDA DE PRENSA PARA O PRIMEIRO MEMORIAL “IRMÁNS DA LEXÍA” E PRIMEIRO “TROFEO BEBEL”
 
LUGAR: antigo Cárcere de A Coruña
DÍA E HORA: 17 de agosto, día da Galiza Mártir, ás 12:30.
CONVOCAN: Riazor Blues, Irmandade Manuel María e Asociación Xermolos.
As asociacións convocantes Irmandade Manuel María, Riazor Blues e Xermolos organizaremos o vindeiro domingo 26 de agosto o Primeiro Memorial “Irmáns da Lexía”, que vai a ter lugar en Guitiriz.
Comezará o memorial ás 11:00 cun partido alevín e xuvenil no Campo Suso Cruz de Guitiriz, entre equipos de Guitiriz e A Coruña. De seguido, ás 12:00, xogarase o “I Trofeo Bebel” entre os equipos Guitiriz e Riazor Blues.
Xa logo, no monumento ós Irmáns da Lexía e ó pé da fosa cómún en Santa Mariña de Lagostelle, Guitiriz, terá lugar o acto memorial e ofrenda floral ós Irmáns da Lexía e demais vítimas. Intervirán: Selva García, filla de Pepín da Lexía, un dos Irmáns da Lexía, e Alfonso Blanco, da organización.
A continuación, xantar de irmandade a base de paella e churrasco.
Ás 17:00, actuacións dos grupo Bloquinho de Xermolos, de Guitiriz, e Nuada, de Teixeiro.
 
Convidamos ós medios de comunicación  a asistir ó acto de presentación, onde intervirán Bruno Mejuto e Adrián Varela, en representación dos Riazor Blues, Mero Iglesias, en representación da Irmandade Manuel María e Alfonso Blanco Torrado, en representación de Xermolos. Asistirá tamén Selva García, filla de Pepín da Lexía, residente na Arxentina.