Imprimir

 

 

Romaría do San Alberte e Festa da Fala

 

O vindeiro 20 de maio terá lugar a Romaría do San Alberte e Festa da Fala.

A localización é ó carón da Capela do San Alberte, onde haberá actividades ó longo de todo o día. Anexo cartel
 
Haberá unha feira con ARTESÁNS, canteiros, cesteiros, talla e obradoiros ó longo de todo o día.
 
Ás 14:30 sesión bermú con "Airiños da Freba",  grupo de música tradicional da provincia de Lugo, inspirada nos cuartetos, quintetos e pequenas orquestiñas que animaban as nosas festas nos anos 40 e 50, que interpretará pezas do seu disco "O'de Lacón". Rendirán homenaxe a Ramiro "O Belonio", gaiteiro e veciño de Sambreixo, do cal recolleron pezas que gravaron no seu traballo e tocan no seu repertorio. Ramiro foi canteiro e gaiteiro de novo e que logo estivo emigrado en París arredor de 40 anos. Sempre facía cadrar as súas estancias en Galicia para acudir á Romaría do San Alberte, e acompañar co ritmo da súa gaita a procesión
do santo e poñer música logo á romaría e ós bailes.
 
Tamén animarán coas súas músicas o grupo "Sons da Aldea"
 
 
 
 
Ás 5 da tarde presentarase o libro de Xaquín Campo Freire, "Xaquín de Roca", Ganduxando Vidas. Coa participación de Nieves Espiñeira, Xulio Xiz e Alfonso Blanco.
 
Bruxainas, un grupo de nenos e nenas da escola de música tradicional da ANPA do CEIP Lagostelle animará cos seus cantos a romaría.
 
Ás 18:00 peche da berbena con actuación de "Airiños da Freba"
  
Nas útimas edicións os asistentes están a recuperar a tradición de achegarse á romaría andando, en bicicleta ou acabalo, e por suposto a traer a morrala para merendar.