Imprimir

  

Loitemos polos nosos Recursos Naturais

Dende Xermolos queremos solidarizarnos coas traballadoras e traballadores do Balneario e de Ingemarga, sabedores de que non están a pasar o seu mellor momento. Facémolo con dúas charlas nas que pretendemos dar a coñecer a importancia que teñen os recursos naturais tanto no patrimonial coma no económico, facendo un aproveitamente sostible dos mesmos, así como a repercusión que tiveron e teñen para a xente de Guitiriz e arredores.