Cartel de  Pardiñas 1980

 

 I Festival de Pardiñas, 3 de agosto do 1980.

Actuaron: Saraibas, Xoán Rubia, María Manuela,

Xosé Ramón Eiriz e o grupo de Gaitas e Danzas Agarimo de Ferrol.

Autor do cartaz: Xosé Luis otero Miragaya

 

 

Cartel de Pardiñas 1981

II Festival de Pardiñas, 2 de agosto do 1981.

Contou coas intervencións de Amancio Prada, Pablo Quintana,

Taranis e os grupos de Gaitas e Danzas de As Pontes.

 Autor do cartaz: Xosé Luis otero Miragaya

 

 

 

Cartel de Pardiñas 1982

 III Festival de Pardiñas, 8 de agosto do 1982.

Pasaron por Pardiñas nesta ocasión Milladoiro, A Roda,

Xorima, Danzas Gremiales de Betanzos, Río Anllóns de Ponteceso

e Os Molladiños de Teixeiro.

Autor do cartaz: Xosé Luis otero Miragaya

  

Cartel de Pardiñas 1983

IV Festival de Pardiñas, 4 de agosto do 1983.

Puidose oí-la música de Fuxan os Ventos, de Doa,

de Wotan e do grupo de gaitas Os Rueiriños de Nós.

Autor do cartaz: Xosé Luis otero Miragaya

 

 

 

Cartel de Pardiñas 1984

 V Festival de Pardiñas, 5 de agosto do 1984.

Actuaron entón Xorima, Saraibas, Brath,

Limiar e o grupo de Gaitas e Danzas de Penas das Rodas.

  

Autor do cartaz: Xan Amil

 

  

Cartel de Pardiñas 1985

VI Festival de Pardiñas, 4 de agosto do 1985.

Jei Noguerol, Taranis, Marea Baixa e Brétema,

xunto coa Coral Xan Vilas da Coruña e os grupos folclóricos

Liliana e Xuvenil das Pontes, foron os convidados nesta edición.

  

Autor do cartaz: Xosé Lema

 

  cartel_pardinhas_1986

VII Festival de Pardiñas, 3 de agosto do 1986.

Os Resentidos, Na Lúa, Tebra, A Roda e o grupo

de Gaitas e Danzas de Outeiro de Rei pasaron este ano por Pardiñas.

Autor do cartaz: Xosé Barrera

 

 

 Cartel de Pardiñas 1987

VIII Festival de Pardiñas, 2 de agosto do 1987.

Foron moitos os que este ano poideron escoitar a Milladoiro,

A Quenlla, Gris Merengue, Radio Océano e os grupos de Gaitas e Danzas

de Sestao e Muimenta.

  

Autor do cartaz: Eduardo Galán

Cartel Pardiñas 1988

IX Festival de Pardiñas, 7 de agosto do 1988.

Fixéronse oir Na Lúa, Alecrín, Miro de Escocia, La Chiapa Rusa dende Italia,

os Molladiños de Teixeiro e o grupo de gaitas Monte Blanco de Ponteceso.

 Autor do cartaz: Eduardo Baamonde

 

 

 

Cartel de Pardiñas 1989

X Festival de Pardiñas, 8 de agosto do 1989.

Oskorri, Saraibas, Xorima e o grupo de gaitas e

danzas de Moaña celebraron o décimo aniversario.

  

Autor do cartaz: Xan Amil