30 mostra instrumentos

Toda a programación, artesáns e artesás na 30 Mostra de Instrumentos de Música Tradicional de Pardiñas

AGG / 21.07.23

O universo dos instrumentos de música tradicional galega é amplo e excepcional: gaitas, si, pero tamén zanfonas, pandeiretas, pandeiros, birimbaos e frautas, tambores, cordas e ventos, etc. Sábeno ben na Mostra de Instrumentos de Música Tradicional de Pardiñas que festexa en 2023 o seu trinta aniversario. Estamos ante unha das mostras de luthería máis antigas da península ibérica na que participan milleiros de persoas cada ano e que se celebra no marco do Festival de Pardiñas (Guitiriz). Desde a directiva da Asociación de Gaiteiras e Gaiteiros Galegos (AGG), promotora da Mostra, falan dun momento excepcional na lutheria tradicional de Galicia. O programa do 30ª aniversario da Mostra foi presentado o venres 21 no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, nunha rolda de prensa na que interviron os artesáns Xaneco Tubío, Oli Xiráldez e Xosé Tunhas -presidente, vicepresidente e vogal da AGG- e, tamén, Alfonso Blanco Torrado, coordinador da Asociación Xermolos, organizadora do Festival de Pardiñas. Máis de trinta artesáns reservaron o seu stand para a 30ª Mostra de Instrumentos de Música Tradicional.

Na presentación do 30 aniversario da Mostra de Instrumentos de Música Tradicional de Pardiñas, no Museo do Pobo, presentouse o trailer do documental “Labrando músicas”. Este é un traballo producido polos cineastas Olaia Tubío e Alejandro Gándara que, ademais, é o director artístico do mesmo; un filme documental que se suma á conmemoración de AGG, que narra a historia e intrahistoria da Mostra apoiándose en gravacións de arquivo pero, ademais, configura unha panorámica do traballo dos artesáns da música tradicional aquí e agora.

 

PROGRAMACIÓN 30ª MOSTRA DE INSTRUMENTOS DE MÚSICA TRADICIONAL

Sábado 5 agosto

11.30 Apertura da mostra

13.00 Sesión vermú: Concerto Xirolarrua, as gaitas de fol na costa vasca - Juan Mari Beltrán Argiñena, Fernando Jalón Jadraque.

14.00 Xantar

17.00 Pregón: Xaneco Tubío

18.00 Obradoiro de txalaparta: Juan Mari Beltrán Argiñena.

19.30 Concerto: Pandereteiras de Brincadeira

21:30. Peche da Mostra

Domingo 6 agosto

11.30 Apertura da mostra

12.00 Obradoiro de xogos bailados: Luis Prego

13.00 Sesión vermú: Concerto Cançons de Festa Major - Xavi Macaya i Jordi Aixalà

14.00 Xantar

17.00 Obradoiro de baile: Montse Rivera

18.00 Concerto: Os Carunchos

20.00 Sorteo

21.30 Peche da mostra.

*Durante a mostra haberá demostracións de construción de palletas e pallóns a cargo de Jaime Pena.

 

ARTESÁNS E ARTESÁS NA 30ª MOSTRA DE INSTRUMENTOS DE MÚSICA TRADICIONAL

  • AGG / Asociación do baile e a música de tradición galega
  • Adrián Pereiro / Luthier de corda frotada violín, viola e violonchelo / Cambre
  • Alberto Pires / Gaitas / Pontesampaio
  • Alfonso García-Oliva / Instrumentos musicais históricos e tradicionais / Navajeda - Cantabria
  • Aragón y Parrado / Gaita irlandesa - Uilleann pipe / Guadarrama – Madrid
  • Artesanía JMR / Instrumentos de percusión e accesorios musicais / O Pino
  • Che Vázquez / Birimbaos, Trompas, Frautas e Instrumentos tradicionais / Brión
  • DJB e Filla / Instrumentos de corda / Soutomaior
  • Earan / Luthier / Pontevedra
  • Fernando Meireles /Corda portuguesa e zanfonas /Coimbra
  • Ferreiros de Mazonovo / Birimbaos e instrumentos de metal tradicionais / Santa Eulalia de Oscos
  • Iago Salgado / Instrumentos tradicionais / Teo
  • Jaime Pena / Artesán Palleteiro / As Pontes
  • Jordi Aixalà Basora / Artesà d'instruments de música tradicional de catalunya / Tarragona
  • José Catoira / Luthier / A Coruña
  • Kepa Rubio / Luthier / Álava
  • Lorena Reinaldo /Instrumentos de corda / Soutomaior
  • Luís Martíns / Arpas / Soutomaior
  • Manels Percusión / Percusión tradicional / Ordes
  • Nebra / Gaitas e zanfonas / Porto do Son
  • O Reberete / Vento e percusión tradicional / San Cristovo de Cea - Ourense
  • Obradoiro Barciela /Gaitas/Carballal - Vigo
  • Ocarinas Paparolo / Fabricación artesanal de ocarinas e asubios / Santiago de Compostela
  • Oli Xiráldez / Gaitas e requintas / Calo - Teo
  • Pablo Sánchez Otero / Construtor de Guitarras e outros Instrumentos de Corda pulsada / A Coruña
  • Queima / Instrumentos tradicionais de vento e percusión / Redondela
  • Serán Luthier / Luthier de zanfonas / Ferrol
  • Suso Gestal / Instrumentos de vento / Abellá
  • Tunhas / Percusión / Ames
  • Txun-Txun / Instrumentos na música tradicional vasca / Euskal Herria
  • V. Martín González / Luthier - Construción e restauración de instrumentos de corda / Vilaboa
  • Xaneco / Percusión e zanfonas / Outeiro de Rei
  • Xermán Arias / Luthería e zanfonas / Sarria