Imprimir

Manuel Maríafundacion manuel maria

 

 

 

 Naceu coa teima de dar a coñecer a obra do poeta Manuel María, "o poeta da Terra Chá", e servir de canle para a difusión da creación e cultura da nosa comarca. As primeiras publicacións foron obras para estudiar e desbrozar o camiño ós que queiran coñecer mellor ó noso autor.

Ademáis do amplo libro Manuel María publicado por Xermolos no que colaboran máis de 100 escritores, críticos literarios, artistas plásticos, fotógrafos, a Fundación publicou dous libros de investigación do mellor coñecedor da escrita de Manuel María, Camilo Gómez Torres, a Bibliografía de Manuel María e A Terra Chá na poesía de Manuel María.

Dous libros imprescindibles para introducirnos no universo deste poeta: edicións, traducións, poemas recitados ou musicados, etc.

A Fundación celebra mensualmente na súa sede, o MUIÑO DO RAÑEGO de Vilalba, cedido polo Concello de Vilalba, as 
súas actividades, alí está a organizar a Biblioteca da Terra Chá, unha escolla dos libros de autoras e autores chairegos.

Neste espacio teñen lugar os ENCONTROS NA TERRA CHÁ no mes de xuño e o CONGRESO CULTURA DA TERRA CHÁ no outono.

Xa con máis frecuencia, cada mes, as MUIÑADAS DO RAÑEGO tertulias ou sesións didácticas sobre temas vivos referidos á Terra Chá.

No relacionado coas publicacións vén de saír o primeiro número da colleita: As foulas do Rañego, o libro Ás catro áugas de Xoán Neira, con prólogo de Manuel María. Segundo vai ser un poemario de María Xosé Lamas con prólogo de Marica Campo.