Imprimir

exposicions_mostrasOutra das nosas actividades culturais programadas é a creación de exposicións. Permanentemente, na biblioteca e os locais de Xermolos, pódense observar algunhas das esculturas e pinturas que a nosa asociación foi amosando ó longo da súa traxectoria.

Mestres pintores e escultores expuñeron as súas obras nos nosos locais, á vista de todos os que queiran disfrutar da arte. Pero se unha profesión nos chama verdadeiramente a atención, esa é a dos canteiros. Ademáis, este tema tócanos de preto ós desta comarca. É tradicional das terras de Parga e Guitiriz a profesión dos canteiros, e en xeral na comarca da Terra Chá é unha profesión con moita historia.

Quizais, a mostra máis importante de Xermolos sexa "A Mostra de Artesanía de Instrumentos" que se celebra o primeiro fin de semana de agosto, coincidindo cos dous días que dura o Festival de Pardiñas. Ademais desto noutro espacio próximo móntase unha "Mostra de Artesanía".