Convocado o XXXIII Certame  "Terra Chá" de Literatura e Debuxo infantil

  

estilografica

Bases:

Os debuxos faranse en cartulina.

Os contos e poesías faranse en páxinas diferentes.

Os traballos entregaranse nas Direccións dos Centros de Ensino, enviándoos a este enderezo:

Asociación XERMOLOS, Apartado nº 4, c.p. 27300, Guitiriz (Lugo).

Ou ó correo electrónico: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Telfono:646413890

 

 

Hai dous grupos de premios, da mesma calidade e cantidade:

Un grupo para os traballos pertencentes á Terra Chá, e outro grupo de premios para os traballos dos outros colexios,escolas ou institutos de Galiza. 

Os premios corresponden á Educación Infantil, aos tres ciclos de Educación Primaria, aos dous ciclos de Educación Secundaria e a Bacharelato, e nas tres especialidades de Contos, Debuxo e Poesía. Con tres premios para cada nivel e especialidade (60 euros para o primeiro, 50 euros para o segundo e 30 euros para o terceiro, en libros e CD`s)

Os traballos poden entregarse ata o 31 de maio de 2012.

Os premios van ser entregados no Festival de Pardiñas, o 5 de agosto de 2012, sobre as 7 da tarde, no Balneario de Pardiñas, de Guitiriz.

Cada traballo ten que ir acompañado cos datos do autor:

Nome e apelidos, nivel de ensino.

Tema libre.

 

                                                                                           Festa das nosas Letras