Imprimir

O Concello de Guitiriz e a Asociación Cultural "Xermolos" convocan o Premio de Narrativa Curta "Terra Chá", co fin de fomenta la creación literaria e a participación cultural na comarca.

Participación

Poderán participar tódalas persoas que cumpriran os 16 anos antes do 25 de xuño do ano da convocatoria.

Modalidade

Os traballos deberán ser orixinais e inéditos, escritos en lengua galega e só se poderá entregar un por persoa. A temática será designada cada ano na convocatoria pública do certame. A extensión máxima de narración non poderá exceder dos 6 folios mecanografiados a dobre espacio, por unha soa cara e cun tamaño de letra de 12 puntos.

Presentación

Enviaranse cinco exemplares. Neles figurará o título e un pseudónimo ou lema, pero non o nome do autor. Nun sobre pechado introduciranse os datos persoais do autor (nome completo, idade, enderezo, teléfono así como o título definitivo da súa narración). No exterior do sobre figurarán unicamente o pseudónimo ou lema do autor da obra. Os traballos e o sobre pechado enviaranse conxuntamente a "Premio de Narrativa Curta Terra Chá". Casa Barxa. Praza Ecce Homo, s/n, 27300 Guitiriz, Lugo. Tfno: 982 370092

Premios

Concederanse tres premios, un primeiro de 300 euros, un segundo de 180 euros e un terceiro de 120 euros. Se na opinión do Xurado a calidade das obras así o requerise poderán outorgarse accésit. Os premios poderán declararse desertos se o Xurado así o estipula. Os relatos premiados así como as obras máis destacadas publicaranse na revista conmemorativa do Festival de Pardiñas da A.C. Xermolos.

Xurado

Estará composto por escritores, filólogos e xente relacionada co mundo das letras. Darase a coñecer con anticipación á emisión do fallo.

Prazo de Presentación

Remata o día 15 de xuño do ano da convocatoria.

Fallo

Farase público por diferentes medios un mes despois do remate do prazo de presentación.

Entrega

A entrega dos premios terá lugar o primeiro fin de semana de agosto durante o transcurso do Festival de Pardiñas.