Imprimir

Organizado pola Asociación Cultural Xermolos de Guitiriz
 
1. As modalidades de participación serán: a) debuxos e pinturas, b) contos, c) poesías.

2. Os debuxos e pinturas faranse sobre cartulina.

3. Os contos e poesías non ocuparán máis de dous folios.

4. Haberá dous grupos de premios, ca mesma calidade e cantidade, un grupo para os traballos procedentes da Terra Chá, e outro grupo de premios para os traballos dos outros Colexios, Escolas e Institutos Galegos.

5. Os premios corresponderán á Educación Infantil, ós tres ciclos de Educación Primaria e ós dous Ciclos de Educación Secundaria, e nas tres modalidades: debuxo, contos e poesía. Haberá dous premios para cada nivel e modalidade, (30 euros para o primeiro e 25 euros para o segundo, invertidos en libros, discos...).

6. Os traballos entregaranse nun sobre pechado cun lema, e dentro, noutro sobre co mesmo lema: o nome, o enderezo e o curso do concursante.

Tema Libre: Festa das Nosas Letras

7. Os traballos entregaranse antes do 31 de maio, nas Direccións dos Colexios, Escolas e Institutos da Terra Chá, ou enviándoos a este enderezo:

Asociación Cultural Xermolos
Apartado 4, 27300 Guitiriz (Lugo)
Tlf. 982 37 20 40

8. Os premios faranse públicos a comezos do mes de xuño, e entregaranse na Feira e Festa da Música e da Arte, a celebrar no Balneario de Pardiñas o primeiro fin de semana de agosto.