Homenaxe os "da lexia" e o seu mentor Alfonso Blanco Torrado   
 
A Irmandade Manuel María a e Asoc C. Xermolos organizan este acto na honra do seu presidente Alfonso. Hai xa uns anos que quedara en facer unha homenaxe agradecida aos "da Lexía". Quedara en facelo por mor dun encontro cunha muller na memoria de recuperar aqueles que loitaron pola dignidade e a lei. Tamén contaba facelo a partir dunha aportación económica que, por distintas razóns que ignoramos, non se producíu. O certo é que Alfonso Blanco Torrado, igual que outros máis, quedou con aquela espiña cravada. Estaba latente o desexo de facer honra aos tres irmáns "da Lexía" -traballaban nunha fábrica de lexivia na Coruña, de aí o nome- que foran preixados no Concello De Guitiriz e despois fusilados no Concello da Coruña. 
A isto sumouse o desexo de concilialo todo agradecendo a Alfonso que fose o mentor dos feitos e a cabeza pensante na recuperación da súa honra. De aí veu esta escultura, esta celebración. Asociacións culturais e entidades, concellos, sumáronse á iniciativa aportando ilusión e cartos. Ao final aí estará a obra de Xosé Val Díaz, dando ecos do noso orgullo por lembrar, e inaugúrase o día 8 de xullo, ás 12 da mañá. Nas mesmas festas da Santa Mariña, alá na Santa Mariña de Guitiriz. Será un acto breve e sinxelo. Se queredes participar, estades en tempo.


Pepín de la Lejía (Letra y música de Gustavo Fuentes)

Dedicado a todas las víctimas del franquismo.

 

 

A memoria             26 de xuño de 2018

A certa altura da vida, xa aprendimos que a inconsciencia é simplista e reduce as persoas á minima figura, para ninguneala ou para utilizala no seu proveito: interese económico, ideolóxico, ou simple prepotencia.

Pouco a pouco, fun recibindo información dun episodio que acontecera en Corvite, na parroquia de Santa Mariña de Guitiriz, ó abeiro da Serra de Montouto, nos primeiros días do golpe de estado do 36. Eran fogonazos de datos, moi entrecortados, envoltos en medo e misterio…, pero foron capaces de transmitirme que aqueles mozos que detiveran naquela mañanciña de xullo, tiñan as ideas claras, sabían o que querían, e os seus ideais eran rexos… A súa voz sorprendeu ós vecinos pola coraxe coa que falaban, sen tremer polo que defendían, Aquela firmeza, mesmo chegou a mín a través deles. Adiviñei que as ideas que os levaron ata alí, nacián dun manancial de augas limpas, sen saber onde abrollaba a súa catación… Polo menos tiñan a forza dun torrente e a atracción dunha fervenza… Dixeronme que eran coraxudos, deportistas, teimudos, non se arrugaron ó verse descubertos pola garda civil.

Por primeira vez, sentín na miña carne e no meu espírito, o impacto dunha experiencia acaida facía máis de 50 anos, non materializada nunha escrita ou doctrina, sen nome nin apelidos, só vivenciada no silencio tenso dos vecinos dunha aldea afastada, A pesares da espesa neboa do desconcerto que cubríu aquel amencer, algún deles non perdera aínda a frescura do vivido.

Pero canto máis baixaba a costa, foronse desdibuxando os trazos e voces reais do alí acontecido, manipulados pola prepotencia dos que ergueran os seus observatorios de odio e envexa para todo o que fose diferente e plural, na espesura da maleza que inzaba naquela canícula, andaban á caza do que non se axeitaba á súa ollada retorta e unidirecional: rematar e asfixiar todo xermolo de liberdade.

Aqueles salaios de emocións afondaron no meu corazón, e xa foron sempre conmigo, bulían en min, e urxíanme a darlle corpo, ó que daquela era só un salouco de vida, un presaxio dun leito de soños. Xa tivera sensacións semellantes, golpes de emoción, rebordando vida, que paseniñamente tiven que ir formatizando, acopiando datos e información. Durante varios anos non fun capaz de pór nome a aqueles mozos. Estrañabame que a ningún veciño lle preocupase a súa afiliación, pero aínda hoxe o medo é forte.

Pero aquela gallardía que mostraron no momento da súa detención, aquel dar a cara polos seus ideais, foron marcando en mín o perfil, o talante duns líderes. Eran os Irmáns da Lexía que lembramos o día 8. Alfonso Blanco 

homenaxe alfonso 1

homenaxe alfonso 2