cantos_de_taberna
1º Concurso de Canto de Tabernas
para o sábado 3 de agosto, coincidindo co XXXIV Festival de Pardiñas, e organizado pola Asociación Sociocultural Xermolos coa colaboración dos Hosteleiros de Guitiriz. O prazo de inscripción de grupos xa está aberto, e poderedes apuntarvos no teléfono 608589012 ou no correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

 A inscripción é totalmente de balde, e entre os participantes sortearanse premios económicos para o 1º e 2º clasificado e outro 3º premio.

 Non dubides en participar e aproveita a ocasión do Festival para pasar un rato agradable polos bares da vila de Guitiriz!

 Ademais os locais hosteleiros participantes servirán durante a xornada do sábado un suculento pincho a prezo económico para que todos os que vos acerquedes ata o concurso poidades xantar a un prezo económico. Trátase do "Bolo Pardiñeiro", xamón cocido á feira en boliño de pan da casa. Mmmmm, por tan só 1,50€.

Como podedes ver seguimos innovando e tentando que o noso pobo gañe atractivos ano tras ano, apostando por esta iniciativa que, se sae ben, repetiremos durante o ano mais veces, convertíndoa nun acontecemento atractivo.

 As bases definitivas publicaranse no muro deste evento para aclarar calqueira dúbida, así como a lista definitiva de bares participantes.

 E veña festa!

                                                    Ánimo e participa cantando, tocando e bebendo!