O que ten Pardiñas

  Foi coma unha marea que nos foi levando e mecendo, coma quen non quere a cousa, ata volvernos, transformados, ó terrón de sempre… Sentín aquelas palabras do poeta Manuel María, sobre esta comarca: “é un mar en calma”. Nestes días no festival de Pardiñas mergulleime nun océano de cores, formas, músicas…, descubrín, nunha marea máis, mundos insospeitados, descoñecidos ata agora, e volvín á vida de cada día, transformado, liberado de tanto peso e inercia, que fora acumulando meses atrás. A fervenza de amizade e arte que me arrastrou no festival, non me descolocou, pola contra, devolveume ás miñas orixes, ó leito da harmonía con todas as criaturas, sobre todo coas máis febles, coma tantas nenas e nenos que atopan en Pardiñas, a súa ollada do mundo, a que mide todo con cores, calor e luz.


Un devoto de Pardiñas.