XXX Festival de Pardiñas  

  Neste ano o Festival de Pardiñas acada a 30 edición. E un festival creado e organizado por unha asociación xuvenil e cultural, Xermolos de Guitiriz, con moitos atrancos políticos, económicos, etc. Mantivose grazas ao labor de moitas xeracións de mocidade que querían un xeito máis libre de divertirse. Porque neste certame non se concibe a cultura illada da vida de cada día.
Un mergullarse na musica, as artes, para cargar as pilas, e seguir na primeira liña de loita alternativa por un xeito distinto de concibir a festa e a cultura. Por iso, os apelidos son FEIRA E FESTA DA MUSICA E DA ARTE.


É o festival folk con máis edicións de Galiza.



25_anos_festival






















  Este festival multiplicase en moitos espazos e tempos: Exposicines de Artes Plásticas, artesanía, libros, discos, pero sobre todo, a Mostra de Instrumentos de Musica Tradicional, que organiza a Asociación de Gaiteiros Galegos: un encontro de artesáns, investigadores e intérpretes de los instrumentos tradicionais de Galicia e doutros pobos. Esta mostra ten o seu propio ritmo: palco, concertos, talleres de xogos sonoros, danza, etc.

xeracion_actual_1historia_3


 

 

 

 

 

 

exposicions_mostras