FAGAMOS PARDIÑAS MÁIS FERMOSO COAS NOSAS CORES, FORMAS, RECENDOS, OLLADAS

Certame de pintura, escultura e fotografía rápidas, vídeo, tiras de cómic, grafitti…, para a mocidade, nos 30 anos de Pardiñas


Na liña do Festival de Pardiñas, “Feira e Festa da Música e da Arte”, a Asociación Xermolos, quere arrequentar a creatividade e participación neste acontecemento cultural, fronte á masificación. Queremos que todas e todos os que imos de troula ao Festival, deixemos a nosa pegada nestes días de festa, co noso xeito de ver a vida. Así, podemos compartir o maxín, as mañas e arte de todas e todos. Os temas e motivacións, son todo o relacionado co universo do Festival de Pardiñas. En cada unha das artes, hai unhas bases que potencian cada especialidade.
 
Un certame recoñecido polo requisito esixido aos participantes de mostrar as súas habelencias en público, coa realización dunha obra creativa e orixinal.
 O certame vai ter lugar, dende o sábado, día 1 de agosto, ás 18 horas, ata o domingo 2 de agosto, ás 23 horas. As 24 horas do domingo remata o prazo de entrega das obras, no stand do certame, situado no Festival de Pardiñas. Excepto para o certame do audiovisual, que o prazo alongase ata o 15 de agosto, para dar tempo á montaxe da produción, e poden presentalas nos locais de Xermolos (Rúa do Concello, 9 baixo. Guitiriz. Lugo. Teléfonos: 646413890 e 982372040).
Na entrada do Festival vai haber un stand, para informar sobre todo este certame, para inscribirse e para recoller a obra que se presente, con este horario: o sábado e domingo de 15 a 22 horas, e o domingo de 11 a 13 horas. É necesaria a inscrición e o selado dos soportes das obras participantes: teas, madeiras, cartulinas, tarxetas de memoria do equipo fotográfico… Na inscrición farase constar o enderezo para comunicar e entregar o premio respectivo a@s gañadores. Tamén se incluirán o nome, enderezo, correo electrónico, teléfono e idade, xunto cunha fotocopia do DNI.
 
Só se admite unha obra por artista. O artista pode escoller a modalidade e estilo que desexe, dentro do seu apartado de participación. O TEMA é calquera faciana do Festival de Pardiñas. Só vai poder presentarse ao concurso a obra orixinal, inédita e de creación propia, quedando excluída calquera tipo de copia. Todas as obras deberán levar un título. Os grafittis non son competitivos, nesta edición. Haberá unha mostra e exhibición, así coma un obradoiro con prazas limitadas, por orde de inscrición. O xurado estará composto por persoas relacionadas co mundo das artes e representantes da Asociación Xermolos. A súa decisión será inapelable. O fallo darase a coñecer 15 días despois do certame, tras a proxección dos audiovisuais seleccionados, a través dos medios de información e coa comunicación expresa por parte da asociación Xermolos, a todas e todos os participantes.
 
Si na opinión do xurado os traballos non reunisen a calidade esixida, os premios poderán ser declarados desertos As obras premiadas quedarán en propiedade do Festival de Pardiñas, e serán expostas dun xeito permanente na Casa das Artes de Pardiñas. (Sen que isto supoña a súa propiedade intelectual xa que o autor seguirá a mantela), e Xermolos reservase o dereito a publicar e/ou editar as mesmas, e pode facer uso delas, segundo o seu interese e sen ánimo de lucro. As obras non premiadas deberán ser retiradas antes do 31 de agosto, nos locais da asociación Xermolos (Rúa do Concello, nº 9 baixo. Guitiriz). De non cumprir este requisito, quedarán a disposición do Festival de Pardiñas.
 
Dende o 15 ao 30 de agosto, van expoñerse as obras presentadas a este certame na Casa das Palabras de Guitiriz, e as daquel@s artistas que o desexen. A organización non se responsabiliza das perdas ou danos que puideran sufrir as obras, pero comprometese a conservalas no seu estado orixinal.
 A organización reservase o dereito de alterar ou decidir en calquera caso, todo aquel aspecto non previsto nestas bases, sempre que sexa convinte para o bo funcionamento do certame. A participación neste concurso implica a aceptación total das presentes bases. Os participantes responsabilízanse de que non haxa dereitos de terceiros.
As TIRAS de CÓMIC: deberán presentarse en formato horizontal, de tamaño de 19 x 8 centímetros ou proporcional, con 2 ou máis viñetas. A modalidade vai ser branco e negro, aceptándose tamén toda a gama de grises. As obras premiadas van publicarse na Revista Xermolos do vindeiro ano. Reservándose o dereito de pubricar o resto dos traballos presentados a concurso.
 En PINTURA as obras terán unhas dimensións mínimas de 12 F.( 50x50cm) e máximas de 50 F.(150 x 150 cm). En ESCULTURA son aptos todos os materiais e técnicas.
 En CREACION AUDIOVISUAL hai 3 modalidades:
1) creación audiovisual. Produción de vídeo, ópera prima, corto, animación, ficción ou vídeo performance cunha líña argumental baseada nalgunha faciana do festival, non superior a 15 minutos.
 2) documental audiovisual, informativo ou divulgativo sobre o festival, cunha duración non superior aos 20 minutos.
3) impacto audiovisual. Produción audiovisual de breve duración destinada á promoción: vídeo clip, vídeo publicitario, animación web, cunha duración non superior a 3 minutos. Cada participante só pode presentar unha obra por categoría, e cada obra só pode presentarse a unha única categoría. No apartado audiovisual poden participar realizadores de xeito individual ou colectivo. Na presentación das obras audiovisuais poden utilizarse os seguintes formatos:-
• Formato VHS (sistema PAL) ou DVD para a súa visualización e selección, independentemente do soporte orixinal.
 • En CD para PC en formato autoexecutable. Para calquera formato non estándar (Flash, Quicktime , etc.), deberanse axuntar os pluggins e/ou visualizadores correspondentes.
• Cada obra acompañarase cun sobre pechado e no exterior figurará o mesmo título que leva a obra e no seu interior se detallaranse os datos persoais do autor (nome, enderezo, correo electrónico, teléfono e idade), xunto cunha fotocopia do DNI. As obras gañadoras no audiovisual proxectaranse do 1 ao 8 de setembro na Casa das Palabras, na Semana do Vídeo. As obras gañadoras van ser publicadas na nosa páxina web.
 No apartado de FOTOGRAFIA, cada participante ten que levar o seu propio equipo dixital, incluído o cable para descargar as fotos ao ordenador.
 Cada participante traerá a súa tarxeta borrada e a organización establecerá os controis necesarios. Admitiranse tres fotografías dixitais por participante.: As fotografías premiadas e o dereito das imaxes quedan en poder da organización e poden ser usadas por esta, nomeando sempre as e os autores das mesmas.
 OS PREMIOS :
1º Premio: 300,00 € e 2º Premio: 200,00 € Cantidade á que se lle aplicará a retención que estipule o Regulamento do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas vixente no momento do otorgamento do premio.

COLABORA  DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ORGANIZA ASOCIACIÓN XUVENIL XERMOLOS