Tiruleque

Tiruleque
 

 

 
·Na primavera do 2002 nace como proxecto, consecuencia das inquedanzas musicais de cinco rapaces, todos eles chegados do mundo da música tradicional.
Bebendo nas fontes desa tradición musical galega -tanto a través de recollidas como recurrindo aos cancioneiros- pero tendo tamén presentes outras moitas influencias, o grupo tenta fuxir de “etiquetas” que limiten a súa capacidade creativa, sentándose simplemente identificado co termo “música galega” nun intento de clasificar o seu estilo.
 
 
  

·Manecas costa·


Manecas Costa

·Manecas Costa (Cacheu, 1967), vive en Lisboa dende 1990. "Saín de Guinea-Bissau quince días antes da guerra civil. Tiven sorte, porque morreu moita xente inocente. Cando un país é pobre, si o danas, non tés despois cóma construir". Aínda que vive en Portugal, coma o angoleño Waldemar Bastos ou a caboverdiana Cesaria Evora, non adoita ter alí moitas actuacións. A súa música mostra a riqueza cultural do seu pobo, Guinea-Bissau, a antiga e pequena colonia portuguesa, entre Senegal e Guinea, dous países de influencia francesa.

·

 

 

·Sherpah

sherpah

 
 
 
Sherpah nace no corazón da Catalunya central, cunha proposta de ritmos mestizos que levaron á banda, a fusionar, reggae, salsa, rumba entre outros estilos.

Esta é a verdadeira fonte de creatividade da banda, o cruce de culturas, onde os sons se entremesturan, onde as fronteiras acurtanse para facer disto unha proposta atrevida, diferente e explosiva nos seus directos.

·O ambiente festivo que transmiten nas súas actuacións os seus 10 compoñentes, é sen dúbida un dos puntos fortes da actual proxección da banda. 5 voces: 3 principais e 2 coros achegan ao grupo a forza dun xogo de timbres espectacular, transmitindo a paixón das letras que fan vibrar ao público.·

A base rítmica, apóiase na batería electrónica, “caixón” e percusións dotando á banda da base imprescindibel e o toque latino que a caracteriza. A líña de ventos, dálle a potencia e a musicalidade, que destacan en forma de trompeta e trombón, facendo dos directos pura explosión e contundencia.

A guitarra e o baixo fan voar ao púbico con sons requintados: a guitarra flamenca tocada con talento e paixón, e os debuxos sorprendentes e orixinais do baixo fan camiñar cada un dos temas do repertorio do grupo.

Teclado, Scrach e samplers: Mil “Tumbaos”, mil “Vinilos”. SHERPAH é o paraíso dos sons sen limites, que entrelazan as cancións transmitindo ao público un ritmo frenético, a técnica plasmada en forma de música.

23 temas propios, neste Pardiñas, e 2 horas de concerto avalan a profesionalidade sobre o esceario.

 

Clan Maragato·

Clan maragato
 

  
 
 
Nace no seo do Grupo Mistura de Lieiro (San Cibrao-Lugo), ó que cinco dos seus compoñentes pertenceron.
Despois de viaxar por toda Europa dende o ano 1995 ate o ano 2003 con un espectáculo de baile tradicional e pezas tradicionais con arranxos para oboe, acordeón, frautas e percusións varias; deciden dar un paso máis creando un grupo folk independente con novos músicos e novas influencias.
E así os "misturos" Rodrigo (gaiteiro e acordeonista), Xulián (oboista, gaiteiro e acordeonista), Ricardo (gaiteiro e percusionista), Alicia (teclista e pandereteira) e Jacobo (gaiteiro en Mistura e baixista do grupo de rock Scrotex). E a inclusión de David (gaiteiro e percusionista) Sebas (percusionista) e Carlos (guitarrista), formarían na primavera do 2003 (coa curiosidade de ser todos de San Cibrao) o plantel definitivo do Clan Maragato.
O repertorio da "xira 2008" do Clan Maragato inclúe doce pezas compostas e arranxadas por Clan Maragato, e nove arranxos de pezas tradicionais e de autor; coa idea de ofrecer un directo enérxico que non deixará indiferente a ninguén.
 


CLAN MARAGATO SON:

  • Alicia Rodríguez: Teclado, pandereta e voz
  • Carlos Pla: Guitarras
  • David Torrero: Gaita, frautas, percusións varias
  • Esteban Senande "Sebas": Percusións varias
  • Jacobo Pernas: Baixo Eléctrico
  • Ricardo García: Percusións tradicionais
  • Rodrigo Rodríguez "Figo": Acordeón, gaita, frautas
  • Xulián Rodríguez: Gaita, frautas, acordeón, whistle
 

·Marenostrum

Marenostrum
 

 
 
  
Coma en edicións anteriores, imos disfrutar da música portuguesa. É un grupo que investiga e interpreta a música popular do· “corridinho” e do baile “mandao”, para despois chegar a cruzarse coas influencias da tradición Klezmer, Árabe ou Cabo-Verdiana.
As letras dalgúns dos seus temas retratannos lembranzas dunha infancia vivida
por dentro das artes de pesca no mar, e constitúen unha evocación pola memoria dos rituais nas embarcacións atuneiras, que subsistiron no Algarbe dende tempos dos Fenicios, ata a década dos 60 do pasado século XX.
Este grupo portugués foi creado no 1994. A constanza no traballo musical, levounos a gañar dous dos premios de maior recoñecemento musical desta península, o “Arribas Folk “, na localidade de Sendim, nas Terras de Miranda. E por outra banda, o Certame Internacional de Folk de Navelgas (Asturias).
A revista fROOTS, seleccionou o disco Almadrava, entre os dez mellores discos de World Music na súa play list.

COMPOÑENTES DO GRUPO:
  • José Francisco Vieira - Guitarra / Bandolim / Voz
  • Paulo Machado - Baixo / Acordeão
  • João Francisco Vieira - Bateria / Percussão
  • João Frade - Acordeão
  • Lino Vidal - Sopros


Os MARENOSTRUM são uma banda fundada em 1994, oriunda do sotavento algarvio, da região de Tavira; em Novembro de 2001 editaram o seu primeiro álbum Estoy em Santa. Os seus instrumentistas apostam numa sonoridade que funde algumas características da música popular portuguesa e em particular do Algarve (corridinho e baile mandado), com influências bem diversas, que vão desde a música árabe do Magreb até às tradições celtas, Klezmer e de Cabo Verde. A originalidade do som deste grupo assenta nos instrumentos utilizados, numa formação que é pouco usual, onde convivem lado a lado, a guitarra acústica, o bandolim, a bateria, a percussão, o acordeão, o baixo eléctrico, o trombone e o saxofone.
Os espectáculos deste grupo são calorosos, comunicativos, e quase sempre acendem a chama da dança e da alegria entre a audiência, através de ritmos e melodias facilmente assimiláveis. Deste modo, os MARENOSTRUM, raramente terminam um espectáculo sem ter que repetir, alguns dos seus temas mais saltitantes, transportando, para os locais de actuação, algum do espírito original das festas populares que outrora tinham lugar quer no litoral, quer na Serra Algarvia.·

marenostrum2


Os MARENOSTRUM actuaram já um pouco por todo o país – destacam-se as actuações no I Concurso de Música Folk “Arribas Folk” de Sendim, Miranda do Douro (2003), em que foram vencedores, o IV Festival Intercéltico de Sendim (2004) e o Festival Med de Loulé (2006), onde partilharam palco com a Orquestre National des Barbes. No estrangeiro, os MARENOSTRUM actuaram no Festival de Jazz de Linchopin, na Suécia, na Índia, um pouco por toda a Espanha – Punta Umbria, Mercat de Musica Viva de Vic, Murcia, Catalunha, várias salas em Madrid, venceram o VI Concurso de Música Folk Cuatro de Los Vales, Navelgas, Astúrias, México (Ollin Kan Fest), entre outros. O segundo trabalho dos MARENOSTRUM, Almadrava, foi eleito pela conceituada revista Folk Roots (Inglaterra) para a sua play list da edição de Março de 2006; para além disso, publicaram também, uma crítica bastante positiva acerca do cd. Na edição de Agosto / Setembro, a Folk Roots editou uma compilação de novos talentos da World Music, em que incluíram o tema Fado da Ilha, do álbum Almadrava. A revista sueca Lira também editou uma crítica ao álbum Almadrava que em tudo prestigia o grupo.

 

Dende os 70 xurdiron en Portugal grupos renovadores da tradición musical, máis alá do fado, o xénero portugués-lisboeta por excelencia. Entre eles está Marenostrum, un colectivo de músicos procedentes do sur de Portugal, que toman elementos musicais folk propios, e fundenos con outras influenzas alleas. Unha das características do grupo, é a de ter unha formación particular: trombón, baixo eléctrico, acordeón, percusión, batería e guitarra. O disco, producido pola propia banda, inclue un repertorio no que percorren con solvencia diferentes estilos que van do klezmer ao Magreb.
 
 
 

Zenzar

Zenzar

 
 
"Da terra das sombras e da escuridade…" Así foi como empezou todo, aló, polo principio do outono, na Meirama do 1987. Ben é certo, que os "artistas" agora coñecidos como ZENZAR, non tiñan o mesmo nome como grupo. MÖRDOR foi o primeiro nome elexido. Coma curiosidade, a primeira canción que todos se puxeron de acordo en tocar, foi unha versión do "Jumpin Jack Flash", que cantaba Tabe (J. Antonio), en castelán. As primeiras composicións propias foron "Fuera de Lugar", "Cosa Blanca", todo un clásico, daquela aínda en evolución, e hoxe en día regrabado no que é o último disco da banda.
 

No nadal do 1988, Mördor debuta no pub NON SEI de A Silva en formación de sexteto, ca cal chegarían ata xuño do 1991, momento no que pasan a cuarteto, ao abandoar o grupo Manuel Jesús (teclados) e Luis (guitarra), por distintos motivos. Isto pasou despois de tocar en sitios como o Picolinos (Cerceda), Discoteca Plató (Calle de Cristal), no 1º Festival Rock de Meirama, semente para o Festival de Cerceda. De todo, o máis destacado foi unha grabación que se fixo dunha actuación en Meirama en marzo do 1990, non tanto pola calidade da mesma, xa que foi feita nun casete portátil, senon como documento histórico, posto que é a única en forma de sexteto, e porque nela se poden escoitar as primeiras cancións do grupo, tanto propias coma as versións empregadas para completar repertorio (Tiempos Nuevos de Ilegales, La chica de ayer de Nacha Pop, Lucille, Flor de luna de Santana, etc.), nada que ver co camiño tomado máis tarde polo grupo, pero así son os principios…
No verán do 1993 prodúcese o troco de nome, por motivos legais, pasando a chamarse, xa para sempre, ZENZAR. Esto ocorre pouco despois de grabar a finais do 1992, ainda como Mördor, a sua 1ª maketa, baixo o título de "Contos e Lendas de Terra Adentro", incluindo cinco temas, xa verdadeiros clásicos no seu repertorio, tamén dou que falar a portada onde a policia local de Cerceda persegue a uns ladróns no seu famoso Mercedes. No 93 aparecen dous temas no vinilo "Rock Na Costa Da Morte", recopilatorio, onde participan seis bandas coruñesas da zoa, ningunha das cales segue en activo na actualidade, excepto ZENZAR. Nesta época, o grupo xa dá multitude de concertos... Por daquela, o grupo xa empeza a ser valorado fóra do seu entorno habitual, sobre todo na zoa da Costa da Morte, onde fan bastantes actuacións.
E así chegamos ao 1995, ano no que editan a súa 2ª maketa: "Fascinados polo Prohibido", composto de oito temas. Nela xa se ve claramente por onde vai ZENZAR, Rock contundente e letras en galego. Algún tema dela, converteuse en obligado no repertorio coma "O Blues da gorxa seca" ou "Bourando". Aquí compre destacar os dous concertos con Extremoduro e outros con Platero y Tu, Boikot, Manolo Kabezabolo, Barón Rojo, etc. Saindo a tocar por toda a xeografía galega.
No 1997 prodúcese a saída á rúa do seu primeiro L.P. "Disparados o Futuro", composto de doce temas, grabados nos Estudios Fussión de Vigo, con Xavier Abreu de técnico. ZENZAR reafírmase no seu Rock potente e difícil de catalogar, onde predominan as letras combativas, de denuncia social, ecoloxía e manexos políticos. Este é un disco no que a pesares da variedade estilística, apreciase unha linea homoxenea e persoal que fai del, unha colección de cancións que encaixan perfectamente unha tras outra.
O grupo fai unha extensa xira de presentación que se prolonga nos dous anos seguintes, onde destaca a participación no primeiro “Alen Galicia” na Illa de Arousa, e no 1º Santi Rock en Compostela. Neste mesmo ano 97, colaboran en dous recopilatorios: Bamban Vol. II e 8 anos de Sequestros cun tema en cada un.zenzar1
Unha vez rematada esa xira, o grupo entra nunha pequena fase de letargo, onde se actúa menos, e se buscan novas ideas para novas composicións, agora xa ca axuda do novo guitarrista Mario Grela, incorporado xa a xira "Bourando" do disco "Disparados ó Futuro", aportación que se fará notar tanto no directo, coma no estudio de grabación, contribuindo firmemente a compactar a música da banda nas súas aparicións en directo.
Deste xeito, na primaveira do 2001, sae a lus o segundo longa duración da banda, unha autoprodución do grupo, tamén grabada nos estudios de X. Abreu, que baixo o título de: "Todo Vai Ben", agrupa trece cancións ben tocadas e cantadas, todas elas en galego. Unhas cheas de forza e enerxía (Chove, Johnny, Nin un día máis, Ratos no horreo), outras que combinan tempos medios con outros momentos de gran contundencia (Chegando a casa, Camilo, Cheira mal…). As curiosidades son a inclusión en dous temas de instrumentos tradicionais, como a gaita de Xan "Papaqueixos" en “Todos me queren”, e o acordeón de R. Sanjurjo "Diplomáticos do Monte Alto" en “A banda do coche encarnado”. Letras irónicas e críticas, contra o caciquismo, a destrucción do medio, contra o poder e a hipocresía. Unha ironía xa presente na portada, presidida polo lume e a morte, na que asasinos e torturadores sorrin á cámara. E na contraportada, onde as vacas revolucionarias ameazan con tomar a propia catedral de Santiago, mentras a cidade arde.
Todo elo fai deste, un disco que abrangue todas as tendencias do rock, pero sempre co selo persoal de ZENZAR.
O disco recibe moi boa acollida, por parte do público e da crítica. Aínda, que non alcance vendas moi importantes, posto que como se dixo non conta con distribución oficial, e só coa promoción que fai o grupo nos concertos e outros poucos medios ó seu alcance.
Nada máis sair á rúa, o grupo emprendeu a xira máis longa dende que ZENZAR existe, non sin moitos esforzos, pois foi totalmente autoxestionada, así ó final do ano, foron perto de corenta os concertos feitos. Compre destacar un por riba de todos: o día da patria galega, o 25 de xullo, en Compostela, diante de miles de persoas entusiasmadas, con gañas de festa, que disfrutaron como nunca da música do grupo.
Outros a destacar foron o Grelo Folc en Monfero, o I festival Ordes-rock, o 1º festival música en tempos en Pontevedra e o festival ponte louco en Castro Caldelas-Ourense.
A historia segue e o tempo non se detén, xa estamos no 2002. Unha vez rematada a xira de presentación, un remate non exento de incidencias, que fixo que quedara algún concerto pendente. Primeiro pola enfermidade do baixista, ó que sustituiu Anxo de "Sensacha", grupo veciño de Cerceda, e posteriormente pola do cantante.
Pois ben, unha vez todos repostos, o grupo decidese a plasmar en disco oito temas preparados ó longo dos primeiros meses do ano. A grabación ten lugar na última semán de marzo nos estudios Bonhan de A Coruña. Unha vez gravado, o CD sae a rúa en xuño de 2002. Os resultados foron os esperados, a estas alturas van entre ventas e promoción uns 700 exemplares distribuídos, tendo en conta que era un disco máis para fans, onde se facía un percorrido por temas inéditos, rescatados dende os principios do grupo.
Unha vez feito este traballo, o grupo reláxase un pouco, non se fai ningunha xira específica para presentar o disco, debido á natureza do mesmo, como xa quedou dito. De todos xeitos hai bastante actividade ó longo do ano cun total de once concertos, destacando a primeira incursión en Madrid na Sala Siroco, xunto con outros grupos como Salida Nula, Hirurko e Kambotes. Este ano veu marcado polo afundimento do Prestige, e Zenzar participou a finais do ano en dous concertos solidarios, que resultaron todo un éxito (pub A Roda de Malpica e Disco-Pub Non Sei de Cerceda).
O 2003 e 2004 son anos de transición, non hai moita actividade en canto a concertos e no grupo empeza a plantexarse a necesidade de poñerse a traballar seriamente nun novo disco para darlle continuidade a esta historia, traballo que comeza no inverno de 2004. Inverno que se presentou máis accidentado do esperado: primeiro suspéndese o concerto previsto na Mardi-Gras de A Coruña, por enfermidade repentina de dous compoñente do grupo (este concerto por fin se levou a cabo en outubro deste ano 2005, e por certo con grande éxito de público). Despois, e para sorpresa dalgúns, M. Silveira, guitarrista, decide deixar o grupo, e para rematar o ano pecha o Badulake, emblemático local de Ordes centro de reunión dos rockeiros da zona ó longo de cinco anos.ZenzarDiante deste panorama, os restantes membros do grupo deciden tirar para adiante, e así, entramos no 2005, ano que resultou ser bastante frutífero, xa que se consegue rematar case nun cen por cen, o traballo de composición dos novos temas, agora xa con Mario como único guitarrista. Este novo formato tamén é posto a proba en directo, con dous concertos na primavera e o mencionado da Mardi Gras en outubro, resultando todos, un auténtico éxito que sorprende ó propio grupo, temeroso de que se notara en demasía a falta dunha guitarra. Rematado o 2005 agora o grupo dedícase a engraxar a maquinaria para entrar en estudio a dar o máximo para o novo disco.
En canto ó 2006, o máis destacable é a gravación do novo traballo de grupo: "Sigue...E Dalle", por suposto con Xabier Abreu no seu novo estudio de Nigrán. É o máis destacable, porque isto provocou unha revitalización do grupo, e a volta de forma regular aos escenarios, dende a presentación do disco na Sala Nunca Mais de Ordes, o 30 de xuño, pasando a continuación por bastantes festivais, a pesar da tardanza na saída do novo traballo da banda, xa ás portas do verán.Tamén hai que destacar como factor revitalizador a incorporación definitiva ó grupo de Paco Cerdeira á guitarra, despois de ter colaborado no disco. Todo isto trouxo unha evolución no son de directo de Zenzar, e vai ir provocando unha paulatina transformación do seu repertorio (cuestión de supervivencia). En canto ó disco, non para de recibir boas críticas en canto á producción (teñamos en conta que levaba incorporado un DVD bastante completo e traballado por Videa Films), e tamén hai uns cantos temas que xa figuran como obrigatorios no repertorio da banda (Tiven un bar, Doutor, Dalle, Tempos Novos, ...). Polo tanto, foi un ano moi positivo, para Zenzar e para a música galega, en xeral. Nunca tantos discos se editaran e tantos en galego. Pero, hai que loar estes decenios de resistencia e vida, porque non é doado, manter tanta creatividade en grupo.
O novo disco acadou boas críticas, coma esta:·
“Veinte años no son nada”, cantaba o relambido e xenial Carlos Gardel. E os de Cerceda parece que o levan ao pé da letra.. Cumpren o seu viséximo aniversario, sen renunciar nen un pelo, ao seu estilo de toda a vida, coa mesma coherencia lingüística de sempre, e facendo un despregamento de medios coa edición do seu novo traballo, coma poucas veces se vira na música galega: un digipack doble cun CD de 13 temas e un DVD con videoclips, entrevistas, imaxes de estudo e outros extras. Luxo ibérico que diría La Mala. Sigue...e dalle é un título ben acaído, en verdade. Bocixa e os seus siguen, coma sempre, fieis a un estilo, do que xa quedan poucos representantes en activo, cando menos compañeiros xeracionais da vella garda (Soak e Reincidentes, por citar un da terra e outro de fóra). E siguen dándolle ben ao invento, cun disco cheo de detalles e colaboracións de amigos, coma Victor de Ruxe-Ruxe ou os Presencia Zero. Por non falar da produción do disco, inmaculada, cunhas guitarras afiadas e contundentes que recordan aos mellores M.C.D. e unha voz, a de Bocixa, máis perfilada ca nunca, moi na liña de Enrique Villareal El Drogas, no xa clásico No se que hacer contigo de Barricada. Entre os 13 temas do disco, hai xoias coma Tempos Novos ou O padriño, mais destaca, sobre todo, o excepcional Arrastrado, futuro clásico da nosa música, cun retrouso que se che crava na neurona á primeira, e que pode ser un bon gancho para as lexións de adolescentes kalimotxeiros, fans de Marea, que -cousas do centralismo pailán-, nunca escoitaron falar de Zënzar. Xa se sabe que a herba sempre é máis verde... no centro da meseta”.zenzar4Tiveran que pasar case catro anos dende “ROCKANROL”, o seu anterior traballo, e a saída do grupo de M. Silveira (guitarra). Pero a pesar de todo, estamos diante do traballo máis elaborado da súa carreira. Deste xeito, ZENZAR, sen abandonar as súas señas de identidade (rock en galego), presenta con “Sigue...e dalle”, un traballo máis variado, sacándolle o máximo partido ós seus sons guitarreiros, combinando pasaxes acústicos e tempo, medios con ramalazos de contundencia sonora. E por qué “SIGUE…E DALLE”, pois por que iso é o que está a facer ZENZAR: seguir para· adiante e darlle, por algo é un dos grupos en activo mais veterano, que fai rock en galego. Máis rokeiros e irreverentes que nunca, con este traballo, ZENZAR dá un paso adiante, confirmándose coma referencia para moitos outros grupos galegos, dentro da escea independente e autoxestionada. Musicalmente destacar a colaboración á guitarra de Mario Candal no tema “dúrmete xa”. E a de Paco Cerdeira, tamén á guitarra, nos temas “Arrastrado”, “Toma ve”, “Doutor” e “Tiven un bar”, onde demostra o seu virtuosismo instrumental, dándolle un salto de calidade ó disco, e incorporándose definitivamente á banda, para as presentacións en directo. Así, como as voces de Víctor de “Ruxe Ruxe” e as de Presencia Zero, alí onde foron requiridas.
O disco foi gravado e mesturado no Oceano Estudio de Nigrán por Javier Abreu, entre febreiro e maio 2006. Sendo masterizado por Saul Patiño en A Coruña. Está autoeditado a través de Falcatruada, e distribuído por Discmedi para todo o Estado, Español e Portugal.·
Seguiu, a gravación do recopilatorio "La Banda del Carro Color”. Unha vez finalizada, foi enviada a Colombia e está pendente de publicación. Aquí non se vai a publicar, pero podemos escoitar os temas no directo de Zenzar. Para mostra, podemos descargar La Ingrata, tema cantado na súa maioría por Paco Cerdeira. Non descartan publicar algunha versión en galego nun futuro traballo discográfico de Zenzar. Editan pezas en Venezuela e Colombia, a través do selo Alma Records, que se interesou por Zënzar, logo da edición do último traballo no que se inclúe “O padriño”, unha letra do compositor mexicano José A. Sepúlveda musicada polos Zënzar.
No ano 2007, participan noutro Recopilatoria: “120 Capadores - Homenaxe aos Diplomáticos”. E foron seleccionados, xunto con outros 74 grupos, para participar no primeiro circuíto de música ao vivo, de entre unhas 350 propostas presentadas. Este circuíto esta patrocinado polo IGAEM (Instituto Galego de Artes Escénicas) e CLUBTURA (asociación de salas de concertos de Galiza). Así, cada grupo ten a posibilidade de facer un mínimo de 8 e un máximo de 15 concertos patrocinados por esta iniciativa. Por outra banda, o IGAEM e a Consellería de Cultura participa, por primeira vez, no MIDEM en Francia, en representación de Galiza, para elo vai elaborar un "Pen Drive", coma mostra da música de varios artistas galegos, entre os cales foi seleccionado Zenzar, xunto con: Berrogüeto, M. Peón, Luar Na Lubre, Ruxe Ruxe, etc.
 
 

Les Trompettes de Mozanbique

 

lestormpettes01

 
 
Veñen da Bretaña, e compoñen unha formación orixinal e moi particular. Sete bombardeas, cinco cobres, dous teclados, dúas guitarras e batería baixa fan o efecto dunha verdadera Big Band. Moi festeira na escea, que é o que máis aprecia este conxunto creado fai máis de dez anos. Apoiar a imaxe visual e facer disfrutar ao xeito das fanfarras. Pero, apreciando a música, todos os estilos pasan por eles. Navegando con gozo, do funk ao bretón tradicional, Les Trompettes de Mozambique, apoianse no eclecticismo do seu repertorio e da súa formación, para comunicarlle o seu entusiasmo a un público sempre encantado, coma adoitaron transmitir nos seus concertos de Francia, Suiza ou Holanda.
 
Ofrecen unhas prodixiosas coreografías, traxes especiais, unha música que fai vibrar aos máis escépticos…
Noutra edición volvemos a escoitar a música de Bretaña. Neste Festival, un grupo con este nome tan sorprendente. Non estamos a falar de música dese país lusófono, nin sequera de interpretacións de trompetas. O corazón do grupo está na cuarta pista do disco con este nome, no título “Ska”. Son un grupo de 18 membros, que fan ska a cachón, pero ska mesturado cos sons bretóns, tradicionais ou ao xeito tradicional, e, tamén, por momentos, cunha base rítmica de funk moi interesante. O son é poderoso, unha tremenda banda dun inmenso grupo de vento metal, con outros compases de vento madeira, case todo bombardas e binius, e tamén se escoita, algunha vez, flauta, ritmica eléctrica, percusión…, coa base rítmica dun grupo de rock. Un grupo interesante, sobre todo para grandes festas.

Inspiranse no seu repertorio tribal orixinal e mesturan influencias contemporaneas para crear unha musica de bardos furiosos! Pegada afro-beat, aman o gusto dos bretóns da Terra, o reggae, o funk, o rock e o jazz...

lestormpettes52

·

 

·“Detrás deste lado festivo e iconoclasta, comenta algún crítico, agóchase unha máquina de guerra, perfectamente axeitada. A saída en escea é preparada coma un show á americana, para facer subir a salsa e despois, inflamalo, grazas ás coreografías". O que non impide, que estes mozos creativos teñan unha formación sólida e musical, detrás deles!

Espazo para a loucura escénica, a liberdade, e sobre todo, un repertorio que recicla a música tradicional Bretona, o funk, o reggae, o rock, e o jazz, conservando esta forza festiva que os caracteriza. Cos seus sete bombardeas e os seus cobres, esta big band desenvolve un son inédito, cunha gran formación, apoiada nunha sección rítmica, que propulsa todo un mundo inagotable. Son, ante todo, ese instante festivo ao que se refiren, con esta vontade de comunicar a enerxía e o entusiasmo á· moitedume, cun sentido de autoparodia, en homenaxe ao ciclista paisano Bernard Hinault, "un home que fixo vibrar Bretaña, e ata toda a Francia". Pardiñas vai desfrutar da súa tocata festiva e desenfrenada, unha paixón tola,·
Un grupo que percorre o mundo, de festivais a concertos, buscando un directo poderoso, con moitos afeccionados. Apostan máis polo contacto co público que coas gravacións. Os álbums, piden moito tempo; hai que poder ocuparse doutras cousas.

·

OS SEUS COMPOÑENTES:·

  • Benoît Le Lamer
  • Christophe Morvan
  • jean-Luc le Guennec
  • Laurent Lebot
  • Pierre David (bombardes)
  • Jean-Louis Amisse (Bombardino, flauta traveseira)
  • Ronan le Gourierec (Bombarde, saxo barítono)
  • Yann Bonnec (bombarde, clarinette)
  • Yoann Huon (bombarde, biniou)
  • Youenne Guillard (bombarde, canto, sasofón)
  • Alexandre Leloup (saxo ténor)
  • Gildwen Hellec (saxo alto), Patrick Pereira (trompeta, mégaphone)
  • Pierric Vinet (trombone)
  • Yannick Grimault (sax baryton)
  • Alain Le Faucheur (teclado, harmonium)
  • Gaël Bonnec (guitarra, tambour)
  • Hervé Leroux (baixo)
  • Jacques Lecoq (batería)
  • Olivier Guénégo (teclado, percusións)