Basidou

De Marrocos é un proxecto musical recente, nace coa inquedanza de expresar as máis profundas raíces do folklore do norte de África. Percura crear unha mestizaxe étnica-tradicional cun toque actual, principalmente co atractivo dos seus ritmos e tons de percusión.

basidouOs compoñentes:

  • AHMED AHNIN VOZ SOLISTA, TECLADO
  • AZIZ SAMSAOUI GUEMBRI, LAUD
  • FATHI BEN YAKOUB VIOLÍN
  • MOUHSEN KOURAICHI CHERACHAK, DARBOUGA
  • ABDEL KARIM FLAUTAS, NAY, MIZMAR
  • KHALID AHABOUNE PERCUSION
  • MOSTAFA BACHOU BAIXO, CORDAS
  • JALAL SAMSAOUI CHERACHAK
  • MALIK MAKRAN BATERIA

Basidou en árabe significa avó e con este nome este grupo quere rendir homenaxe a M´Kadem Ali o Khamlichi, un dos grandes músicos que introduciron o folklore Gnaua no norte de Marrocos. Nos seus concertos interpretan música Gnaua, baseada nos cánticos sagrados árabes aos que se incorporan ritmos africanos principalmente de Senegal, Mali e Guinea, e chaabi, a música arábigo-andalusí dos séculos XIII e XIV, que a diario escoitanse en festas, mercados e cafés marroquinos, iso sí, con novos ritmos electrónicos e de batería. O chaabi é hoxe un dos estilos máis escoitados no territorio marroquí, especialmente no norte.

Este estilo representa a tradición que cada un leva dentro como raíz da súa identidade. O gnauas utiliza, sobre todo, a percusión chamada tbal e un instrumento denominado querqbat , que é unha especie de castañuelas metálicas. Cada un dos seus integrantes conta cunha ampla traxectoria musical e unha experiencia consolidada. Están a demostrar como se poden modernizar os ritmos máis antigos. Ata chegar á fusión rock-gnawa.

Os críticos musicais remarcan que “os Gnaouas poden dar hoxe ao mundo moderno unha mostra de unidade e beleza, de tolerancia e ortodoxia, de intelixencia e sensibilidade. Grazas á difusión masiva que hoxe acadaron os Gnaouas e outros músicos tradicionais do mundo, poden escoitarse e apreciar expresións espirituais descoñecidas en calquera fogar do mundo, pode tratarse de entendelas ou sinxelamente amalas, só por sentir a beleza que a través delas se manifesta; a música non necesita máis ca disposición de corazón para chegar á alma”.

Ialma

Afincadas en Bruxelas, Ialma é un grupo de cinco cantareiras que recollen dende fai anos os cantares tradicionais dos seus antepasados galegos.

Fillas de emigrantes, dúas son irmás dunha familia procedente de Guitiriz, que conservaron no país de acollida as tradicións musicais galegas. As cantareiras de Ialma, catro galegas e unha asturiana, aprenderon en Bélxica os cantares galegos e construíron o seu propio estilo, mesturando sutilmente as máis puras raíces galegas coas culturas flamenca, valona e europea.

Este grupo de orixe folk déixase influír por unha tendencia “worldmusic”. Os instrumentos galegos tradicionais, como a pandeireta ou a gaita, mestúranse co acordeón, guitarra, contrabaixo, violín, gaita francesa, frautas, piano e percusións.

Tras un primeiro album a capella, “Palabras darei”, presentado en xaneiro do 2000, levaron a cabo numerosos concertos en Bélxica, así coma en varios países do continente europeo, chegando incluso a actuar en Taiwán, onde o grupo participou en outubro do 2001 no Festival “World Music”.

ialma_1Ialma presenta o seu segundo traballo, “Marmuladas”, no 2002, producido e distribuido por ZOKU/EMI. “Marmuladas” nace dunha estreita colaboración entre vocalistas e os propios músicos do grupo, quenes compuxeron melodías e arranxos. O resultado é sorprendente, fresco, con arranxos sutís e cunha grande variedade temática. Un proxecto con músicos belgas. Neste segundo traballo xa observamos o seu estilo persoal que se asenta entre o tradicional e o moderno, o que produce un son moi variado e actual sen abandonar as raíces Folk que deron sentido ao nacemento do grupo.

Baixo a dirección de Ad Cominotto, Ialma innova agora no seu terceiro album, “Nova Era”, con composicións propias, algunha de Verónica Codesal, e presentando unha adaptación dun tema clásico do grupo “Red Hot Chili Peppers”, titulado “Lévame”. Tamén colaboran as “Damas de Laxoso”, grupo de pandeireteiras septuaxenarias de Pontecaldelas. Unha mestura sorprendente e innovadora para unha “Nova Era”, unha nova xeración que aposta pola tradición galega. O seu ultimo álbum incorpora música tradicional de todo o mundo.

O grupo segue a achegarse a un público máis amplo, pero non afastándose das súas orixes.

“Nova Era”, novo disco do Grupo Ialma

Este novo traballo preséntase coma un proxecto ambicioso, no que as raíces e a esencia do grupo Ialma seguen estando presentes. A tradición galega máis pura mesturada coas melodías máis actuais e diversas son a base desta nova era.

Unha nova etapa de traballo firme para Ialma ó longo destes últimos anos, que dan coma resultado un proxecto que sen dúbida reafirma e fai evolucionar a traxectoria do grupo. O día 30 de maio foi presentado ao público este novo traballo de Ialma, o que foi un recoñecemento a Manuel Lugrís Freire, loitador pola cultura galega dende a emigración.

O marco escollido para esta presentación foi o Centro das Culturas do Mundo en Bruxelas, a asociación Muziekpublique, rexente do teatro Molière, que alberga o maior número de eventos de músicas do mundo da capital da Unión Europea.

Para o grupo Ialma este acontecemento supón algo máis que unha presentación: é sen dúbida a oportunidade dunha grandísima expresión cultural, onde a cultura e a tradición galega son amosadas e expresadas non soamente a través da música, senón tamén a través dos seus protagonistas.

A tradición galega máis enxebre xúntase coa cultura galega máis nova, a da emigración e coas máis diversas culturas de diferentes etnias do mundo, unha experiencia que supón unha viaxe nas culturas. E todo isto nun marco tan propio da historia do pobo galego como é o da emigración.

Artistas de Galicia participaron no novo proxecto de Ialma: Mercedes Peón, Guadi Galego, As Damas de Laxoso e Radio Cos (Xurxo e Quique Peón).Tamén foron partícipes desta nova expresión da música galega, músicos das máis diversas índoles: N´Faly Kouyaté (Guinea), que tamén participa neste Festival de Pardiñas, Ad Cominotto (Italia-Bélxica), Sophie Cavez (Bélxica), etc.

Ialma está formada por: Nuria Aldao, Natalia Codesal, Verónica Codesal, Magali Menéndez e  Marisol Palomo, que dende hai 10 anos forman parte do grupo de baile do Centro Galego de Bruxelas. No 2000 foron descubertas polo productor da EMI que lles propón grabar o primeiro disco: “Palabras Darei.

Dúas delas están ligadas a Guitiriz, Verónica, e a súa irmá, Natalia, fillas de Ovidio Codesal e Magdalena, o primeiro é da Casa de Codesal da aldea de Romariz, en Pedrafita, e os seus avós maternos tamén foron desta parroquia, aínda que despois se trasladaron a Lugo. Hoxe viven entre nós, varios curmáns e o seu tío Eliseo, actualmente residente cunha filla e familia, no Cando de San Salvador, onde estivo o verán pasado Verónica e a súa familia.

Verónica participa nunha intensa actividade. O seu nome saltou aos medios cando participa de vocalista no grupo Urban Trad, que por dous puntos non quedou campiona do certame de Eurovisión do 2003, 165 televotos, fronte aos 167 de Turquía. Interpretaba unha canción folqui.

Verónica Codesal

ialma_2Naquel momento representaba a Galiza e foi seguida con entusiasmo por moita xente galega, sobre todo de Guitiriz e a súa comarca. E foron moitos entre nós, os que votaron polo grupo belga. Era a primeira vez que unha paisana nosa de Galiza estaba presente en Eurovisión. Ela ten carta de residencia pero non nacionalidade belga. Nunca antes, baixo ningunha bandeira, cantou un galego ou unha galega nos escenarios da UER. E neste 2003 chega Verónica, unha galega nacida en Bélxica e que compite pola radiotelevisión belga coa forza da nosa gaita, pero que garda moitísima relación co país: para algo é pandereteira e apoia con enerxía a Plataforma Nunca Máis de Bruxelas, mesmo valorou a posibilidade de aparecer no eurofestival con símbolos de Nunca Máis. Pero a organización do Festival, sempre tan estricta, se opuxo.

Esta formación roqueira belga caracterízase por unha peculiar forma de tocar "ao celta", e así se explica que o seu líder, Yves Barbieux, toque a gaita galega, amais das frautas, por exemplo. Verónica non puido fallar a esta aposta por un folk con raíces galegas. Xa facía dous anos que colaboraba con Urban Trad, banda caracterizada polo seu peculiar xeito de tocar, achegándose a ritmos celtas, e contan con 3 discos na rúa.

Pero Verónica toca tamén noutra formación, IALMA, ata o de agora máis coñecida en Galiza ca Urban Trad.

“A música e a cultura galega teñen boa acollida en Bélxica”, indica Verónica Codesal “coñécese e admírase, ata o punto de que dou clases de pandeireta e baile galego nos colexios e non paro”.

O seu compromiso con Galiza está máis que probado, sobre todo pola súa identificación coa loita de Nunca Máis, en contra da aldraxe que estaba a sufrir o noso pobo, participando nas movilizacións nunha primeira liña.

Pero o traballo de Verónica multiplicase en mil frontes. Conta cun terceiro proxecto de creación: o grupo “Camaxe”, nome dunha praia da Illa de Arousa. Son unha banda de 7 compoñentes, dous galegos, Verónica e o líder e gaiteiro Miguel Allo, e os outros belgas e franceses. Outra mostra da colaboración e integración de músicos valóns e flamencos con outros de países proximos coma Bretaña, Galiza, etc. Gravaron un primeiro disco: “Imaxes”, unha fusión de música tradicional galega con violíns, acordeóns, guitarras… Alalás e jazz. Entre os 17 temas, hai tres cantados, e algúns cunha forte carga emocional como: “O home e a vaca” e “Nas rúas de Compostela”. Hai que salientar a boa acollida deste grupo en Bélxica onde sona con forza a gaita flamenca, a doedelzak. 

ITH

Esta é unha pequena reseña do grupo.

ITH era un fillo de Breogán, un príncipe que soñaba con cruzar mares e que da nome a esta banda que chegan dende Boimorto.

ITH empezaron no 98 en Ordes como unha banda de Rock e salpicaron de actuacións todo o mapa de Galicia. Tras sufrir numerosos cambios na formación que os levaron a estar dous anos sen sair; volven agora cun novo estilo e novos temas.

Na actualidade ITH está formado por Pablo Boga (guitarra e voz), Miguel Iglesias (guitarra solista), J.L. Toxo (baixo) e Miguel Folgueira (batería).

Korrontzy

Contan os nosos pais, que fai xa moito tempo, houbo un trikitilari (intérprete de acordeón diatónico) chamado “KORRONTZI”, que adoitaba achegarse todos os domingos ata a praza do pobo de Munguia (Vizcaya), montado nun pequeno burro, para tocar a trikitixa (acordeón diatónico), e así alegrar cos seus sons, á moitedume que se agolpaba nas portas da igrexa, cando a misa das once chegaba á súa fin.

korrontzi_1Adoitaba tocar durante horas, para xuntar unhas poucas moedas que a moitedume xentilmente tiraba ao seu regazo; así cando consideraba abondo o tesouro acadado, montábase de novo no seu burro e dicía adeus ata o domingo seguinte ao público alí reunido. “KORRONTZI” é hoxe en día, un grupo xove que quere homenaxear no seu primeiro traballo, por medio de música e imaxes, as vidas daqueles vellos trikitilaris, que mantiveron sen sabelo unha parte da cultura popular vasca viva, lembrando aqueles tempos que algúns coñeceron e ensinando aos máis mozos, o vivir daquela xente.

Para compoñer este primeiro traballo, 4 mans foron as encargadas de crear as melodías e os acordes, 4 mans cheas de referencias tradicionais e abertas a influenzas de todo o mundo. Agustín Barandiaran e Mikel Romero foron os encargados de guiar estas mans, que xa fai algún tempo cadraron noutros grupos e proxectos, e que agora conforman esta nova aventura.

O primeiro traballo discográfico insire melodías e ritmos, ambientes e aromas, países e pobos..., todo ten cabida cando a música é a razón e a causa, cando a trikitixa e a mandolina son os soldados dunha guerra a 4 mans.

Dous son os instrumentos que guían estas novas cancións, creando unha particular visión do pasado sen esquecer o futuro, xuntando diferentes culturas e lembrando vellos sons; pero non están soios, instrumentos coma guitarra, alboka, whistles, caixón, baixo, batería, txistu, caramillo... axudan no combate de cinco músicos que sen dúbida fan que o gañador sexa, á fin, o ouvinte.

Agus e Mikel formaron o grupo a comezos do 2004, e axiña se xuntaron con Ander, Iker e Pedro, ofrecendo dende entón numerosos concertos que unen música e imaxes; así o grupo estivo presente en festivais folk coma o de Getxo e Galdames, e en moitos teatros e pobos da xeografía vasca.

Tras un par de anos de andadura musical, o grupo descubre que quere levar este proxecto un paso máis cara diante, e para o que cre que ten que exportar a súa música fóra del Euskadi. É entón cando entra en contacto coa discográfica madrileña Nubenegra e é editado o primeiro traballo de Korrontzi, un disco que achega dentro os temas e imaxes que foi utilizando o grupo en directo e que quere exportar ao mundo..

Temas orixinais do grupo que están baseados en antigos ritmos daqueles trikitilaris. E a través das imaxes dunha curtametraxe, na que o grupo participou, realizado polo tándem Inaz Fernandez-Carlos Juárez, que recrean o xeito de vida daqueles vellos músicos, levando ás pantallas un modo de vida, que xa quedou atrás fai moito tempo na maioría dos casos, pero que aínda, hoxe en día, lembran e queren plasmar por medio de KORRONTZI.

Os membros de Korrontzy:

  • Agus Barandiaran (acordeón diatónico, voz).
  • Mikel Romero (mandolina, guitarra acústica, coros).
  • Ander Garcia (baixo eléctrico, coros).
  • Iker Lope de Bergara (alboka, caramillo, xirula, txistua, whistles, boha, coros).
  • Pedro Martinez (batería. caixón, percusións).

KORRONTZI loita pola difusión internacional da súa música, dentro das “músicas do mundo”, e quere facer valer os trazos distintivos da música de Euskadi, fronte a atroz comercialización do pop: "Interesanos que a nosa música poida escoitarse noutros países ", asegura ol trikitilari Agustín Barandiarán.

korrontzi_2"Moitos grupos fan un traballo de laboratorio en estudio e logo, en directo, non saben moi ben qué facer, pero o directo de Korrontzi ten un ritmo perfecto que pode chegar a cualquiera sitio", ratifica Manuel Domínguez, responsábel da discográfica.

Compuxeron fandangos, arin arin e biribilketas orixinais (só recorren a coplas populares no tema Sitzes), e conceden o protagonismo ao acordeón diatónico. Todo un tributo sonoro e visual, cunha curtametraxe dirixida por Inaz Fernández que destaca o compoñente familiar da tradición trikitilari.

A banda, creada no 2004 por Agustín Barandiarán e Mikel Romero, preséntase en Pardiñas con temas propios, a meirande parte instrumentais, cos que pretenden abrir fronteiras pero que están baseados en vellas coplas e contan con arranxos tradicionais. Aposta pola renovación dos sons tradicionais e conta cunha posta en escena que engancha. Este grupo demostra como a tradición pode viaxar ao presente cun dinámico e actual espectáculo.

Pardiñas xa escoitou en varios festivais a trila, así a través de Kepa Junquera, en dúas edicións, este grupo explicouse así: “ Houbo un boom de grupos que sí moveron a triki en novos estilos, fusionándoa con bandas de rock e mesmo de jazz, como sucedía nos primeiros discos de [Kepa] Junkera. E logo outro boom, o da triki pachanga, con grupos como Alaitz eta Maider ou Gozategi, que foi un pouco a triki bailable, a dos corridos e os valses. Aínda que non todo o que se fixo foi bon, ambos viñeron ben. Á fin a triki saíu fortalecida”.

“A conxunción do acordeón diatónico -trikitixa- coa mandolina e o doble clarinete vasco -alboka-, arroupados polo baixo eléctrico e percusións, permite elaborar unha música dinámica, alegre e moi bailable, moi ben armonizada que, de vez en cuando, deixase arrastrar pola añoranza con melodías doces, un punto nostálxicas”. 

Leilia

Volve este grupo a Pardiñas 14 anos despois. Como aprendimos daquela, o seu nome de Leilía procede dunhas antigas coplas populares. Este grupo de pandeireteiras dá os seus primeiros pasos alá polo ano 1989, a partires da Agrupación Cantigas e Agarimo. No 1990 publican “Leilía”, o seu primeiro disco, no que interpretan diversos cantos tradicionais. Co paso do tempo produciuse un xiro na súa traxectoria coa introducción de polifonías e instrumentos, desta evolución xurde o disco "I é verdade i é mentira" (Virgin records), onde se fusionan o tradicional e a innovación. Este segundo disco chegaría no ano 1998. En "I é verdade i é mentira" incorporan instrumentos non tradicionais, se ben non abandonan o seu xeito fundamental, as voces e as pandeiretas. O mesmo adoitan no seu terceiro disco, "Madama", presentado no 2003, no que ademais contan con colaboracións de músicos coma Kepa Junquera, Gaiteiros de Lisboa..., e incorporan letras sobre temas actuais. Ao longo da súa carreira acadaron diversos premios, salientando o de “Mellor Grupo Folk-Tradicional”, na II Mostra Cidade Vella de Santiago de Compostela (1991), e o Premio Agapi á mellor banda sonora por A Rosa de Pedra (1999). Ademais das súas actuacións por toda a península. No seu haber atópanse xiras internacionais por países como Alemania e Bélxica, sempre apostando pola recuperación das vellas raíces co fin de achegalas aos nosos días.

Hoxe en día pretenden crear letras con temas de hoxe, adaptadas a melodías tradicionais, para esta tarefa contan coa colaboración de diversos artistas e creadores como Suso de Toro, Xesús Carballido, Vari Caramés, Xoán Porto e Eric Liorzou.

lelilia_1Leilia son:

  • Mercedes Rodríguez Vázquez - Cantante e pandeireta
  • Ana María Rodríguez Gómez - Cantante e pandeireta
  • Felisa Segade Otero - Cantante e pandeireta
  • Patricia Segade Otero - Cantante e pandeireta
  • Montserrat Rivera Crespo - Cantante e pandeireta

Madame, ten dito Montserrat Rivera, “É un tipo de canto que xeralmente se facía no Entroido. Nel descríbese á muller, ás veces alabándoa, ás veces satirizándoa, desde a punta do pelo ata os pés, pasando por tódalas partes do corpo. Nós tiñamos unha melodía dunha madama neste traballo (a peza “Hei de estar alí”) e puxémola como título porque fixemos o paralelismo de que nós o que facemos é coller melodías tradicionais e engalanalas”. “Este disco recolle as esencias de Leilía, acadar que as persoas de hoxe en día rían, canten e se emocionen co legado que os nosos maiores tiveron a ben amosarnos. Nunha proposta nova e atrevida dáselle un tratamento propio á pandeireta e incorporan letras (Suso de Toro e outros) que falan dos nosos tempos, das nosas vidas, co fin de que a tradición oral galega teña unha proxección de futuro. "Madama" é, pois, un paso máis das leilías no camiño de facer cantigas tradicionais para hoxe, de ter conta da raíz fonda e que a planta se erga elegante, que floreza e se estenda en todas as direccións do noso tempo. “Madama” son cantigas para a boca, o paso, a memoria e o corazón”. O instrumental: Xoán Porto, Alejandro Teijeiro, J. Carlos Durán, Guillerme Fernández, Matilde Balseiro.

Leilia non só é interpretación da nosa música, hai un traballo de investigación que é fundamental. Felisa Segade e Montse Rivera, dúas das compoñentes, levan vinte anos recollendo música tradicional, «conscientes de que as cousas están como están xa que por unha banda quedan moi poucos informantes e por outra está todo moi mesturado». Un exemplo disto último é que nalgunha ocasión «chegaron a cantarnos unha canción das nosas, coma si fora unha peza tradicional», conta Montse. Tamén explica que os anos oitenta eran o mellor momento para facer a recolla pero agora «é tan doloroso pensar nos anos que se perderon, en tanta xente que traballou e non se sabe que pasará con todo o material que teñen recollido».

lelilia_2Tras 15 anos de concertos, tres discos, noutras tantas casas discográficas e moitísimas colaboracións, apareceu no 2005 este Son de Leilia, cuarto traballo. Neste caso, tratase dunha autoproducción (opción que cada vez toman máis músicos).

Disco recopilatorio un tanto diferente aos recopilatorios ao uso. Recollen 15 cancións, dende as primeiras maquetas do ano 92, ata os temas da banda sonora de Finisterre, película de Javier Villaverde, pasando pola súa aportación ao disco colectivo Hent Sant Jakez (con Bleizi Ruz, La Musgaña, Desi Wilkinson e Laurent Jouin).

Colaboracións con Budiño e Milladoiro, e temas inéditos completan esta sobranceira edición que complementa os traballos anteriores destas veteranas pandereteiras compostelanas.

Nestes anos de creación participaron en moitos proxectos, así na Galaecia Fulget ou con Milladoiro que as presentou como verdadeiras estrelas…

"Son de Leilía" é un recopilatorio onde aparecen pezas do súa primeira maqueta, colaboracions con outros artistas: Milladoiro, Budiño, Bleizi Ruz, La Musgaña…, e temas inéditos, que non se atopaban en ningun dos seus tres traballos anteriores.

Son moitas anécdotas e historias vividas, moitos acontecementos, vivencias que afectaron ao grupo e pensaron: "por que non amosarlle ó público estas realidades, por que non establecer aínda unha maior complicidade cos nosos seguidores, por que non ensinarlle unha cara máis íntima de cada unha de nós…, e así foi como xurdíu "Son de Leilía". Unha música que vai da man do teatro e do humor. 

N'Faly Kouyate e Dunyakan

N'Faly Kouyate naceu no seo dunha das familias máis famosas dos griots (músicos tradicionais) de mandingue, na vasta rexión de África occidental: Guinea Conakry, Mali, Gambia, Senegal e Burkina Faso. Ao ser un dos máis carismáticos artistas da súa xeración, a situación de N'Faly é idónea para actuar coma portador do legado do seu pai e tamén para axudar a promover o coñecemento, a diversión e o respecto pola súa cultura por todo o mundo. Despois de actuar de xeito brillante por toda Guinea nos seus días de universitario, viaxou a Bruxelas e dende entón traballa sen acougo para acadar o seu obxectivo de unir culturas e achegar a súa propia cultura ás demais, a través da súa música e as súas actuacións, de xeito que todos poidan admirar a súa beleza.

nfaly_1O seu pai foi o famoso Kabinet Kouyate de Siguiri, un Konkoba da República de Guinea. Konkoba é un grado de griot superior aos demais. Este raro grado de griot (ata os nosos días non existiron máis de tres persoas que o ostentaron en todo o mundo), acadouno Kabinet mediante a consecución de difíciles probas e o logro dun perfecto control dos segredos da vida, formados por fondos segredos ocultos e pola maxia do mundo mandingue. N'faly é feliz seguindo os pasos do seu pai, vendo o seu papel de griot coma unha responsabilidade, e coma un medio polo que explicar a marabillosa cultura mandingue ao resto do mundo. Nas súas actuacións utiliza música e conta historias que tenden pontes entre persoas diferentes, cumprindo así o seu obxectivo de paz e unidade entre todas as persoas e culturas.

Formado nas máis rigorosas tradicións dos artistas da África occidental, N'Faly abriu a súa mente dende moi novo a formas universais de música, incluíndo o jazz, a música do mundo, os blues e o techno. Ademais de ser un músico inmellorábel, N'Faly amosa tamén as súas habilidades cantando, tocando o kora, contando historias, como balafonista e coma voceiro dos estudios realizados sobre este tipo de música e polifonía, sobre os que a miudo ofrece conferencias nas universidades belgas. No 1997, os Realworld Studios de Peter Gabriel propuxéronlle integralo no seu conxunto máis exitoso, o Afro Celt Sound System. Aceptou esa invitación, tendo así a oportunidade de actuar en moitos dos máis prestixiosos festivais de Europa e América do Norte coma Glastonbury, Dranouter, o Festival Internacional de Jazz de Montreal, o Festival de verán de Quebec, Werchter, Summerstage de Nueva York, o Couleur Café, os festivais WOMAD de Reading e Seattle ou o Festival WOMAD de Australia, entre outros.

No 1999, o segundo CD do Afro Celt Sound System, "Release", foi lanzado e aclamado pola crítica, acadando unha nominación aos Grammys de música do mundo e un disco de ouro en Irlanda. N'Faly logrou así un extensivo recoñecemento pola súa brillante participación, polas súas contribucións e polos súas electrizantes actuacións nos concertos. Ven de lanzarse o terceiro volume, "Further in Time", e N'Faly xa está acadando o recoñecemento da crítica, non so polo seu xeito exquisito de tocar o kora, senon tamén polos seus amaños, as súas contribucións na composición e a súa colaboración vocal. No Volume Three tamén foi nominado aos Grammys de música do mundo. Na súa carreira coma solista, traballa principalmente en Bélxica e en toda Europa para transmitir a historia do mandingue a persoas de todas as idades, dende os 7 anos ata os 77. A través destas actuacións, non só amosa ao público a súa cultura, senon tamén o seu soño de comprensión e tolerancia entre todas as culturas do mundo. Para acadar este fin traballa coa súa muller, Muriel Finet Kouyate, na súa organización Namunkanda (a defensa da cultura), que se expandiu en gran medida por Estados Unidos no ano 2002. A través de Namunkanda espera obter o seu obxectivo: que as contribucións de todas as culturas, xa sexan musicais ou culturais, sexan recoñecidas e respectadas, ademais de que os instrumentos antigos, coma o kora, sigan constituíndo un rico legado cultural ao mundo musical actual.

nfaly_2Dende 1997 tamén actuou con Chris Joris Experience, desenvolvendo así o seu amor polo jazz. O seu CD "Live at Middleheim" gañou o premio Django D'or de 1998.

Está a continuar a súa carreira e procura os seus obxectivos, traballando co seu propio grupo, Dunyakan (a voz do mundo), onde se mesturan os blues coa música do mundo, o jazz e a música tradicional de Guinea. Dunyakan é quizais a súa verdadeira debilidade. A súa música integra instrumentos tradicionais coma o kora, o djembe, o balafon e mesmo instrumentos máis tradicionalmente occidentais coma o contrabaixo ou a batería. As súas polifonías están amplamente inspiradas na música de Guinea, o que achega unha grande suavidade aos ritmos, dando a Dunyakan un son único dentro do marco da "música do mundo". A gran capacidade compositiva de N'Faly aporta a Dunyakan a súa propia personalidade, intensamente orixinal, formada polos grandes ideais e soños de N'Faly.

Dunyakan actuou en moitos concertos por todo o mundo: en Bélxica, Francia, Inglaterra e Irlanda, Gran Bretaña, España, Africa e Estados Unidos, Sudamerica e Asia. O ano 2001 foi testemuña do seu CD "N'Na Kandje", que foi distribuido internacionalmente e acaparou moi boas críticas, sendo nominado aos premios GRAMMY ao mellor album de World Music.. O seu último traballo foi “Kora Groves“ 2004, iso si, deixando tres discos en 2005 con Afro Celtic Sound Sistems. 

Ruxe-Ruxe

Pardiñas vai vibrar con este grupo dos chamados bravús. Esta banda de Compostela, formada por 9 compoñentes. RUXE-RUXE, formouse en 1996 na aldea de Arins en Compostela. A súa música é unha mestura de rock&roll, e música tradicional galega, combinada cunha actitude punk. Unha chamativa proposta de instrumentos eléctricos e elementos rockeiros con outros moito máis puramente galegos e tradicionais coma a gaita, entrando de cheo dentro do chamado folk-rock. Sempre adoptaron unha actitude reivindicativa e de compromiso social e político con Galiza, non só nas letras das súas cancións, tamén na súa ética coma creadores

O quinteto daquela, e Piti Sanz gravou a maqueta que levaba o nome do grupo e contiña temas como "O calexón", "Estamos en gherra", "O Astro do balón" ou "Eres un folghazán". Tres anos despois saiu Ruxe Ruxe.

E no 2000, cun sanandresiño sobre unha caveira na portada (cousa máis punki...). Non temos medo, e Lenda folk o seu primeiro disco con toda unha declaración como título "Non temos medo" (Clave Records, 2000).

ruxe_ruxeDos catorce temas que compoñen o traballo, todos agás un son composicións asinadas polo cantante, Victor Neira. O grupo apoia as súas pezas na forza das guitarras eléctricas, no pulo dun acordeón incansabel manexado por Sebas Méndez "O neno", e na aportación doutros instrumentos como o violín, a gaita, a pandereta e a frauta todo elo sen forzar a adaptación duns sons con outros.

Na súa aparición algúns escribiron: “Este "Non temos medo" pode lembrarnos sons doutros grupos xa consolidados como Herdeiros da Crus ou os Diplomáticos, pero non cabe dúbida de que Ruxe Ruxe conseguen unha persoalidade propia máis taberneira, alegre e despreocupada que estes grupos. Por enriba de todo os Ruxe poñen a diversión”.

Na mesma liña editan Folkódromo un ano despois, e participan en Caldo de folk no 2002, con Luar na Lubre, Fuxan os Ventos, Chouteira...

En xaneiro do 2003 apareceu o seu terceiro disco: “A terra dos comentos”, na liña dun folk-rock. Nese ano participan en Tronantes.

Ademais de ducias de concertos en moitos países, aportaron cancións a series de televisión e a películas de cine, teñen incluidas pezas en numerosos recopilatorios de música galega e celta, etc. Como curiosidade dicir que o tema “As escuras” do seu traballo “Fervendo”, tivo unha importante repercusión por ser a cuarta canción mais votada do 2004 polos ointes da radio estatal polaca, Polskie Radio.

O seu traballo discográfico “Fervendo” (Pai Records 2004) xa esgotou a primeira edición. Nel, culminaron o traballo dos últimos anos obtendo ó seu mellor son. Contaron coa colaboración do Maestro Reverendo, Julian Hernández (Siniestro Total) e outros músicos do rock galego.

Participan activamente en Nunca Máis, así no cedé colectivo: “Con dignidade”, con "Neghra é a marea", na que Xurxo Souto e Liñaceira botaron unha man, Na gravación de Nunca máis, co tema "Na miña casa non manda ninghén", de novo coas voces e pandeiretas de Liñaceira botando alalás "para botar fóra o meighallo", e o libro cedé Sempre mar. O seu quinto trabalho discográfico é Comercial.

Trópico de Grelos

Trópico de Grelos é unha banda de percusión baseada en ritmos afrobrasileiros que procura integrar diferentes tendencias da percusión contemporánea.

Creada a partires da experimentación e a pesquisa, no seu repertorio constrúense pontes que permiten viaxar do brasileiro ó cubano, do latino ó africano, e de volta ó galego.

tropicoA danza e a voz incorpóranse lúdicamente, dun xeito natural, como as primeiras manifestacións artísticas da expresión humana. Entre os ritmos nos que nos mergullamos, pódense suliñar:

    - Samba batucada
    - Samba reagee
    - Baiâ o
    - Ijexá
    - Merengue
    - Rumba
    - Fonki
    - Rap

Trópico de Grelos nace a partires da práctica pedagóxica de Xurxo Troncoso na súa volta a Galiza. Despois de participar no Carnaval de Salvador da Bahía 2002, onde formou parte do bloco "TIMBALADA" de Carlinhos Brown, regresa tras 15 anos en Madrid.

Das aulas do Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín, das clases particulares e da experiencia de formar parte de grandes bandas de percusión xurde a necesidade de realiza-lo seu proxecto: "TRÓPICO DE GRELOS". Na súa filosofía está a idea da escola-obradoiro, unha agrupación aberta á incorporación das persoas que teñan o desexo de tocar cara o público.

Compoñentes e Condimentos

  • Xurxo Troncoso - Director, repenique, cuica...
  • Gus - Surdo virado, Caixa, tamborim
  • Jordan Duyos - Ago-gô, campás
  • Milocho - Surdo
  • Juan - Timba
  • Miguel Rumbao - Timba, Djembé
  • Mirari - Tamborim
  • Paula - Tamborim, timba
  • Luis - Tamborim, Timba
  • Xurxo Seara - Chocalho, Chequeré
  • Dario - Chocalho, Chequere

Uxu Kalhus

Na tarde do domingo o festival vai chegar ao tope da troula e festa, coa actuación de UXU KALHUS que mesmo vai traer un monitor de Danças Europeias, como preparación para o Baile con este grupo, tamén coñecido coma: Os Chocalhos.

Os UXU KALHUS son un grupo que utiliza a música tradicional EUROPEA e que fai vibrar a moita xente tamén co seu espírito humorístico.

É imposíbel ficar indiferente aos Uxu Kalhus. Este colectivo é unha fervenza de influencias musicais, que eles definen como unha banda de trad-rock-folk, con pegadas de afro-jazz-rock-ska, que funde décadas de música tradicional anglo-saxónica con ritmos africanos e orientais, nunha linguaxe bastante propia de hoxe. Imaxinemos unha versión ska do corridiño ou de jazz. Agora inxectémoslle unhas doses de adrenalina e loucura e temos unha idea aproximada do que son os Uxu Kalhus.

Este grupo é un sinal do afán por recuperar a música tradicional que está a vivirse en Portugal, cimentan os seus proxectos na busca da herencia cultural dos seus avós. Eles teñen dito: “Uxu Kalhus é um processo natural. Cada músico tem formações, experiências de vida e influências diferentes que tentamos misturar da melhor forma durante as nossas criações”.

A música dos Uxu Kalhus exprésase mellor ao vivo. Non só pola enerxía que empregan nas súas actuacións, mais especialmente pola relación intrínseca que o conxunto mantén coa danza. Utilizando esta vertente, a banda recupera e divulga as danzas tradicionais portuguesas e europeas, animando os concertos con bailes sofisticados, onde non se renden ante nada, nin unha polka nin un valse. Nos concertos dos Uxu Kalhus non existe limite entre o palco e a pista de baile, onde todo o mundo é convidado a participar nos bailes, ao son da música tradicional. A danza está totalmente unida a súa música.

Neste festival podemos captar esta enerxía do disco que están estreando os Uxu Kalhus: “A revolta dos badalos”. O álbum aposta por un repertorio de temas tradicionais portugueses, como é o caso de «Erva Cidreira», «Regadinho» e «Malhão», pero sobre todo por temas orixinais: «Xotica», etc. Eles falaron así desta creación: “o nosso disco é encarado como um objecto artístico, não só pelo conteúdo musical assim como pelo exterior. Quem adquirir o disco tem em seu poder um objecto de arte. Para além disto, os verdadeiros Uxu Kalhus só podem ser bem apreciados ao vivo”.

A banda está formada por:

  • Celina da Piedade [voz e acordeão] e
  • Paulo Pereira [Flautas e Rauchspfeiffe], son a metade tradicional deste grupo, complementado pola linguaxe mais contemporânea de
  • Eddy Cabral [baixo eléctrico],
  • Vasco Casais [guitarra eléctrica e Bouzouki]
  • e Ricardo Reis [bateria e percussão].

Uxu Kalhus: Não há Cinderela que resista

Uxu KalhusÉ difícil um baile / concerto proporcionar tanto gozo à assistência de “pé de chumbo”. Quem está completamente fora do mundo das danças tradicionais, não está habituado a ver uma horda de gente a participar na dança, em roda, aos pares, a bater palmas no tempo exacto, sabendo exactamente o que fazer assim que escuta um passo doble, uma mazurca, um chote, ou um bourré. É bonito de se ver.

Há-que dar os parabéns à organização Pedexumbo pela forma como ao longo desta última meia-dúzia de anos tem efectuado sucessivos workshops de dança em todo o país, organiza o Andanças e, acima de tudo, consegue de ano para ano alargar a legião de dançarinos que são, por si só, público mais do que suficiente em qualquer actuação de um projecto à imagem de uns Uxu Kalhus, ou de uns At-Tambur.

Curiosamente, partindo de um repertório comum, os Uxu Kalhus encontram-se nos antípodas dos At-tambur. Enquanto estes últimos investem numa vertente de música popular a piscar o olho ao formato clássico de câmara, vestindo o fato e a gravata, os Uxu Kalhus incorporam toda uma série de estilos provenientes da Índia, de África e da Jamaica, num tom fulminantemente informal, de indumentária “freak”, suja com as diferentes camadas de terra em se rebolam.

Uma chotiça contaminada por dub, uma valsa em ritmo afro mandinga com mantras indianos pelo meio, um saraquité afunkalhado, o “I will survive” de Gloria Gaynor cantado entre um passo doble, o “Misirlou” de Dick Dale, o “D’artacão” em versão thrash, entre mais uma dança europeia. Os coelhos que os Uxu Kalhus tiram da cartola foram infindáveis numa noite, como sempre, em que o gozo de tocar, de transgredir é mais forte. Nem eles, nem nós, damos pelo avançar dos ponteiros do relógio. De repente reparamos que já passaram mais de três horas. Quase quatro. E acaba por saber a pouco. Nada de cansaço, somente sorrisos rasgados e a vontade de continuar. O capital de simpatia do colectivo é extremamente elevado: pela doce Celina que nos encanta, ora quando interpreta “Saraquité”, “Erva Cidreira” ou “Regadinho”, ora quando acelera com o seu acordeão numa valsa e quando faz do seu instrumento uma melódica em cima de um ritmo dub; pelo Paulo Pereira e o seu virtuosismo em ralchpfeifen, aerofone medieval de palheta dupla e de sonoridade aguda a fazer lembrar uma bombarda bretã; pela mortífera secção rítmica afro indígena de Nuno Patrício, Hugo Menezes e Miguel Casais; pelo groove e funk do baixo de Eddy Cabral; pela guitarra eléctrica, estridente e propositadamente foleirona, de recorte hard’n’heavy, de Vasco Casais, que funciona bem no ambiente inflamado de declarada desbunda, questionável, contudo, quando transposto para disco.

É notável como o duo CPPP (Celina / Paulo), a essência espiritual deste projecto que já vem de longe – dos próprios CPPP e de Bailia – funciona tão bem com aquele bando de prevaricadores que conspurcam com ska, thrash e ritmos afro as lineares danças europeias e lusitanas, incitando-os porém, a fazer ainda pior. Fica a sensação de que eles, assim como os Irmãos Catita, não querem ser levados muito a sério. Apenas divertirem-se em comunhão com a turba ágil e certeira nos passos de dança. Resta saber como será o álbum que se avizinha. Como conseguirão eles transpor toda esta folia? Este gozo para uma rodela de plástico, onde esta mágica interacção com os dançarinos não é captada? 

Os Campantes da Baña

Charanga de Música Tradicional

Nace no ano 1998 na Escola Municipal de Gaitas da Baña dirixido por Emilio Lois. Comenzou como un grupo de gaitas ó que logo se engadiron clarinete, saxofón, caixa e bombo con pratos. Dende ese momento comenzan a interpretar un repertorio recollido a vellos gaiteiros que tiveran tocado principalmente en charangas e bandas de música.

Tocan os mais variados ritmos, tales como muiñeiras, jotas, pasodobles, rumbas, fox-trot e músicas que noutro tempo estiveron de moda, como corridos ou pasodobles que ós gaiteiros de antes lles chegaban a través da radio ou das orquestras.

A súa formación actual é de duas gaitas, clarinete, clarinete requinto, saxofón, tambor e bombo con pratos.

os_campantesA música dos Campantes anima as máis variadas festas por toda Galicia e tamén ten participado en festivais en Braojos de la sierra (Madrid) e en Los Realejos (Tenerife) en colaboración co grupo Ultreia.

Cabe destacar a xuventude dos integrantes deste grupo cunha media de idade de 18 anos e ainda que son xente nova teñen unha gran experiencia no mundo da música tradicional galega.

Regueifas de Luis Caruncho e Benito Lavarinhas

regueifa_1

regueifa_2