Esperanza Lema Bouzas

autora_cartel_1Nacín o 13 de maio de 1943, na parroquia de Reis no Concello de Teo (A Coruña). Realicei estudios de bacherelato no colexio das Trinitarias de Noia, en donde asistin a clases privadas de debuxo e pintura. Mais adiante cursei estudios no Colexio San Pelaio de Santiago de Compostela e no Instituto de Rosalia de Castro da misma cidade, en donde tiven como profesor de debuxo a Rodríguez Carballo. Moi xoven deixei toda a actividade artistica ata que fun a vivir a Vigo coa miña familia, alí matriculeime na Universidade Popular,( antiga Escola de Artes e Oficios Artisticos) na disciplina de talla en madeira, mentras tanto volvin a pintar pola miña conta e a traballar o óleo, cos consellos impagables do pintor Xavier Pousa Carrera.Dende o ano 1982 vivo no rual galego, no Val do Ulla, na parroquia de san Miguel de sarandón no Concello de Vedra (A Coruña).

No ano 1975, tres cadros meus foron presentados na VII Exposición de Pintura para Artistas non Profesionais, organizada na Coruña polo Centro de Iniciativas e Turismo, en donde acadei a 3ª medalla co cadro tituado ALDEA. En 1978 fun seleccionada con dous cadros para participar no I Concurso de Arte xoven Galego, que organizaba en Vigo o Corte Ingles, o mesmo ocurreu no ano seguinte 1979. Tamén neste ano un cadro meu foi admitido para participar na V Bienal Nacional de Arte de Pontevedra. Neste mismo ano entre os meses denovembro e decembro fixen a miña primeira exposición individual na sala do Real Club Nautico de Vigo. En 1980 levei a miña obra o Centro Galego de Ponferrada (León). En 1981 participei no noveno ciclo de Plastica Galega, organizada pola Caixa de Aforros de Vigo nesta cidade.e fixen unha exposición individual na Aula de Cultura da Caixa de Aforros de Galicia en Santiago de Compostela. Despois unha moi grave enfermedade tívome apartada da pintura por uns anos ata que en 1988 espuxen en Pontevedra na Sala de Arte da Caixa de Aforros de Pontevedra. En 1990 volvín a Santiago de Compostela coa miña obra, a Sala de Exposicións da Caixa Posta, e tamén expuxen as miñas obras na Sala do Museo Valle Inclán da Poboa do Caramiñal formei parte da I Bienal de Pintura JOSE LUIS FERNANDEZ de Boiro.

autora_cartel_2En 1991 foi Salamanca no seu Centro Galego, a cidade na que expuxen a miña obra. En 1992, fun invitada pola Montserrat Galleta de New York, para participar nunca exposición colectiva de oito artistas europeos, dos que eu era a única galega. 1993: exposición colectiva organizada pola Fundación Feiras e Congresos da Estrada, co nome de I MOSTRA DE ARTES PLASTICAS. Tamén nese ano volvín a Vigo coa miña obra a Sala de Arte de Caixa Vigo, tamén neste ano expuxen la Sala de Arte Maë de Auga en Braga (Portugal).

Desde setembro de 1994, ata maio de 1995 participei na exposición itinerante organizada pola Asociación de Gaiteiros Galegos. En 1995, exposición na Sala de Arte AENA de Barajas en Madrid. 1996: Exposición homenaxe o meu sogro, no seu lugar de nacemento en Ferreira de Pantón (Lugo). 1997 Exposición no Centro Social de Padron. 1998: Sala de Arte de Expo Salnés en Cambados e na Sala do Hotel Araguaney de Santiago de Compostela.

Dende esa data, unha doenza nos ollos me impideu seguir traballando na pintura, pero si recuperei a talla no soio en madeira senón tamén en pedra, sen olvidar o modelado en barro. Neste momento despois de ter operado un ollo, recupeir un pouco de visión, e estou de novo pintando. E por último, nunca utilizo meu nome na firma dos meus traballos, soio poño Lema Bouzas, a veces na pedra, na madeira asino como Esperanza, e nos traballos de barrro como MEL (Mª. Esperanza Lema).