Primeiro día da XII Mostra de Artesanos de Instrumentos imos poder asistir ó concerto de Xabier Blanco a través dos instrumentos cos que el fai a música máis singular: cunchas, pallas, pedras de afiar, etc. 

xavier_blancoEste intérprete destes instrumentos leva anos loitando polo seu recoñecemento, non só compoñendo con eles, tamén facendoos, pois harmoniza na súa traxectoria: investigación, interpretación, construcción… O seu labor foi recoñecido por moitos críticos musicais que loan a súa arte. A súa busca principiou na terra de Moaña, nas Rías Baixas, percurando utensilios que os nosos antepasados utilizaban para facer música, aí está esa achega fundamental ó universo da nosa música que foi o seu primeiro disco: "A gaita de cana de Moaña".

E ademáis dos seus traballos de divulgación, recuperou estes "Instrumentos pobres", o título do seu segundo disco, e interpretaos cunha grande mestría tal como podemos sentir nos seus concertos… Nesta liña de investigación é un dos máis importantes piares da nosa artesanía tradicional.

Primeiro escoitamos ó mesmo Xabier Blanco que ten escrito:

"Está moi extendida a idea de que para producir sons na música resulta imprescindible a utilización de instrumentos musicais convencionais. Nembargantes, ó longo da Historia aparecen diferentes utensilios cos que os nosos antepasados xa facían música. Estes eran coñecidos coma "Instrumentos Pobres". Unha das hipóteses de tal denominación pode que fose por ser normalmente útiles cotidiáns e tecnicamente moi limitados. Outra das hipóteses sería que antigamente foran utilizados polas clases sociais máis humildes e con poucos recursos económicos; feito que non facía doada a compra dun instrumento común. Nembargantes, achegaron moito ó desenvolvemento da nosa música tradicional".

Achegas á súa creación

O sonido dos obxectos cercanos (por J. Santos; Moaña; La Voz de Galicia, 10 de xullo de 2005)

"Unha lata de pimentón, unha cesta, unha peneira, a pedra de afiar, un fendedor, unha botella labrada, vasoiras, pallas ou cunchas son só uns poucos exemplos dun feixe de instrumentos que o gaiteiro e artesán moañés Xabier Blanco inclúe no grupo de "pobres". Son os que usa no seu segundo disco, editado por Several Records e que leva por título Instrumentos pobres , moi apropiado á vista do que utiliza ó músico na gravación, sin que elo desmereza a calidade do traballo.

Cabazos, leiteiras, tellas, pitos, piñas, un fouciño, unha culler. calquera cousa lle vale a Blanco para facer música. É unha música vinculada na súa orixe ós oficios e labores das clases sociais máis baixas, que ligan á cultura musical unha chea de utensilios propios dos seus traballos. De todos os aparellos que utiliza neste CD, só uns poucos son claramente melódicos: a gaita de cana, un instrumento que construiu o propio Blanco e co que grabou fai case tres anos o seu primeiro traballo discográfico; o pito pastoril, as pallas ou o flautín.

As posibilidades musicais de todos eles son moi limitadas e os da gran maioría, esencialmente rítmicas. O resultado é sorprendente. Moi sinxelo nalgunhas das pezas, especilamente aquelas nas que só se acompaña co viri-vara, e máis complexo noutras delas.

Xabier Blanco recupera cancións esquencidas a base dun intenso traballo de investigación no que o axuda o feito de ser herdeiro dos Soledás, unha familia de gaiteiros e, tamén, a súa longa traxectoria como mestre gaiteiro e mestre artesán do Concello de Moaña. Neste seu segundo CD hai trece pezas, algunhas recollidas nas parroquias moañesas, desde un corrido propio do lugar da Marrúa, Pasamarrúa , ata unha antiga historia de amor con desenlace tráxico que se escoitaba a principios do século pasado na xa desaparecida feira de Abelendo, Carmeliña .

Hai muiñeiras, alalás, xotas ou romances. Moitas das pezas son cantadas e só algunas instrumentais, basadas na gaita de cana, flautíns, pallas ou pitos. Xabier Blanco canta e toca ademáis todos os intrumentos. O seu primeiro disco levou por título A gaita de cana de Moaña . O mestre artesán moañés recuperou este instrumento, feito cun fol e dúa canas e, o mesmo tempo, varias cancións populares de Moaña.

La Voz de Galicia, 10 de xullo de 2005

Xabier Blanco: Gaitas de Penuria e Ingenio

"Desde Several Récords nos llega una grabación que bien pudiéramos considerar un auténtico trabajo de artesanía. Y comenzamos hablando de la compañía discográfica, madrileña, por la sorpresa y el agrado de que una compañía desde Madrid se haya dejado caer por las tierras de Morrazo para prestar su atención a la callada labor de Xabier Blanco, músico y constructor de instrumentos a partes iguales, y del que ahora nos ocupamos por su grabación titulada A Gaita de Cana de Moaña, recuperando uno de los modelos de gaita más antiguos de los que se tiene noticia escrita" (Interfolk, 1-V-02)