Alann Bique

Alann Bique nace no ano 1999 e reestructurase no 2004. Os seus componentes residen en Madrid e Santa Uxia de Ribeira (A Coruña).

A inquedanza principal é fusionar e levar a gaita a todos os estados musicais. Salientaron na variedade e diferenza dos seus traballos novedosos no mundo do folk.

Dario, Luis, Pili e Michel traballan dende Madrid, Carol e Fran dende Coruña. Moitos ensaios e quilómetros dan os seus froitos en poucos anos, percorrendo ducias de festivais por todos os pobos desta peninsula.

Compoñentes

  • Carol: Guitarra acústica
  • Luis: Batería
  • Pili: Piano e Flautas
  • Fran: Panderetas e Saxo
  • Dario: Gaitas e Flauta de pico
  • Michel: Contrabaixo

alann_bique_2En Alann Bique hai influenzas das raices ibero-celtas

Alann Bique vai ofrecernos non só o seu Folk tamén todo un espectáculo de teatro: Noite Meiga, Noche de Bruxas. Cunha musica moi intensa e o colofón final do Conxuro da Queimada, non só imos desconxurar o noso ambiente de todo mal, imos ser convidados á queimada coma remate dun festival que desexamos que dure mil veráns máis, por iso ese brinde entre todos os participantes da XXVI edición, actuando de mestre de cerimonias o grupo Alann Bique.

 

 

Dixebra

DIXEBRA fundouse en Avilés no 1987 e dende enton veñen traballando polo mesmo: acadar un verdadeiro rock asturiano. Dende o principio os seus compoñentes teñen coma obxectivo facer unha música comprometida con Asturies e a súa realidade social, así o demostran nas letras das súas cancións Nos seus textos reflicten coma ninguén a variada e complexa realidade da sociedade asturiana, inspirándose en sucesos ou feitos da historia recente daquel país, polo que non é de extrañar que neles haxa constantes referencias á vida política, cultural ou laboral de Asturies, pero ó mesmo tempo sen esquecer o compromiso internacionalista e solidario. Outro dos principais sinais de identidade de DIXEBRA é o emprego exclusivo da lingua asturiana, sendo éste un dos factores que lles imprime máis carácter; contando ademáis coma colaboradores nas letras con importantes escritores da literatura asturiana coma Boni Pérez, Pablo A. Marín Estrada e sobre maneira Xandru Fernández. No seu último traballo incorporase un novo letrista: Quique Faes.

dixebra_1A terceira premisa que define esta banda é a incorporación na súa instrumentación da gaita e a inclusión de melodías tradicionais na súa música, todo envolto nun rock potente con múltiples influenzas: ska, punk, folk, reggae, rap... Resumindo podemos describir o estilo de DIXEBRA coma un son forte, cunha ampla mestizaxe musical, influenciado pola música tradicional e con textos comprometidos en lingua asturiana.

Nestes anos DIXEBRA dou infinidade de concertos por toda Asturias e tamén noutros países (Galiza, Euskal Herría, Cantabria, Castilla, Aragón, Paisos Catalans, Bretaña...). Paga a pena salientar que no ano 97 actuaron coma representantes asturianos no Festival Intercéltico de Lorient en Bretaña, onde colleitaron moi boas críticas por parte dos medios especializados, sendo a primeira vez cun grupo de rock asturiano participaba en tan importante encontro musical celta.

Ese mesmo ano celebraron os seus 10 anos de vida cun espectáculo no que a tradición e a modernidade dabanse a man. Contaron coa participación da Banda de Gaitas Tabladar, diversos colaboradores musicais, a compañía de animación teatral Tres Ruedas, o colectivo de creación videográfica Bebés Furiosos e os persoaxes tradicionais do Concejo de Siero Los Sidros. Este espectáculo tivo unha repercusión importante no mundo musical asturiano.

dixebra_2A maioría dos afeccionados e críticos cadran en que DIXEBRA é un grupo de directo, nese contacto co público é onde mellor se desenvolven.

A súas actuacións caracterizanse pola participación espontánea de todos, buscando a maior comunicación posible entre músicos e espectadores..

En canto ás grabacións, aparte de aparecer en varias casetes e discos compartidos, o seu primeiro lp chegou en 1990 e levaba o título de "Grie-ska" (FonoAstur), a continuación viñeron "¿Asturies o trabayes?" (L'Aguanaz 1993), "Apúntate a la llista" (L' Aguanaz 1995), "Dieron en duru" (L'Aguanaz 1997) , "Glaya un país" (L'Aguañaz 2000) e o seu último traballo: "Sube la marea" (L'Aguañaz 2002) No ano 2004 editan un recopilatorio con versións e remesturas dunha colleita do seu repertorio acompañado dun libro que resume os seus 17 anos de vida

Compoñentes

Con algúns cambios na súa historia, actualmente a formación de DIXEBRA está composta por:

Israel Sánchez - Batería
Primi Abella - Guitarra
Fernando Rubio - Gaita
Xune Elipe - Voz
Javi Rodríguez - Baixo
Eladio Díaz - Saxo
Agustín Lara - Trompeta
Sergio Rodríguez - Programacións e son directo

dixebra_3dixebra_4Discografía (Albumes):

Grieska - 1990
Asturies o trabayes - 1993
Apúntate a la llista - 1995
Dieron en duru - 1997
Glaya un país - 2000
Sube la marea - 2002
Cróniques d'un pueblu - 2003

DIXEBRA é un rock con tintes folk e letras reivindicativas cantadas en asturiano. Un dos primeiros grupos rock de todo o estado en incluir a gaita entre a instrumentación habitual do xénero. A ironía, o aire festivo e o seu son contundente fixeron deles un grupo de referencia no panorama do rock.

As letras de Dixebra son variadas aínda que, fundamentalmente, predomina nelas a temática social. Dun estilo máis directo, co tempo, foron evolucionando cara unha maior elaboración do texto sen esquecer a mensaxe. As letras -escritas en asturiano- nacen das composicións dos membros da banda, das colaboracións de escritores asturianos coma Xandru Fernández (o sexto Dixebra), Toli Morilla, Pablo Marín Estrada… ou das adaptacións de vellos textos ou temas populares.

 

Felpeyu

A reelaboración da música tradicional de Asturies nunha liña paralela ás tendencias que están a darse hoxe no folc europeo é o obxectivo do traballo do grupo FELPEYU. Para o que están a servirse dunha instrumentación, unhas técnicas interpretativas e uns arranxos cos que acadar tal fin; "asi, facemos o noso son mesturando unha instrumentación que vén da tradición popular asturiana coa que nace do ámbito europeo, atlántico..., máis xeneral e de agora, sen perder o son acústico".

As fontes que lles proporcionan o material co que traballan son: cancioneiros de música popular, partituras e manuscritos de música coral harmonizado de cantares populares, arquivos sonoros de grupos de investigación etnográfica, a música popular e, á fin, os arranxos propios nun contexto de estructuras e ritmos tradicionais.

En FELPEYU consideran coma espazo primeiro de divulgación da súa música o de toda a sociedade asturiana, á que vai dirixido o seu traballo e do que é a súa depositaria. Considéranse un elemento máis do proceso de recuperación e dignificación da cultura de Asturies.

Son os grandes 'cracks' do folk asturiano. Mesturan a música tradicional da súa terra coas tendencias celtas máis actuais. A banda formouse no 1992 e lanzaron o seu primeiro elepé ('Felpeyu') dous anos despois.

Actuaron en Australia, en dúas xiras, Asia, en todos os paises europeos: Suecia, Polonia, no Festival de Loirent (Bretaña, Francia), o evento en directo máis importante do mundo celta, e por todo o planeta.

felpeyu_1Felpeyu é un grupo que xunto con Llan de Cubel, que xa actuou no Festival de Pardiñas no 1997, loitan para acadar que a música folk asturiana sexa coñecida.

Felpeyu está formado por:

  • Xuan Nel Expósito Prado: Acordeón diatónico, Gaita asturiana.
  • Ruma Barbero: Percusión.
  • Toño Gomez: Violín.
  • Elías García: Violín, bouzouki, Voz.
  • Ígor Medio: Bouzouki, Guitarra, Baixo pedal, Voz.
  • Carlos Redondo: Baixo eléctrico, Guitarra, Voz)

Felpeyu diferenciase de Llan de Cubel en duas cousas moi importantes, en primeiro lugar, non teñen reparo en introducir instrumentos eléctricos nas súas actuacións, si ben non abusan deles, e en segundo lugar, a presenza maioritaria de temas cantados nos seus discos.

A súa Discografía:

felpeyu_4

 Felpeyu. (1.996) 

 felpeyu_2

 Tierra. (1.997)

felpeyu_3

Ya! (2003)  

Actuaron en todos os continentes:

felpeyu_5Deron concertos en todo o mundo, só no 2005 hai que salientar as súas actuacións en xuño, primeiro por Suecia e Dinamarca e despois por varias cidades do Libano, actuando en Beirut, no Día Mundial da Música… Pero hai que remarcar a súa participación nos festivais de música celta de todo o planeta, coma o de Dowspuda en Polonia (xullo do 2004) dentro dunha viaxe creativa por Varsovia e outras cidades, principiaran o ano actuando no festival máis importante do inverno o "Celtic Connectionns" de Glasgow, cruzando despois o Canal da Mancha para actuar tamén en xaneiro en Bruselas. Sen esquecer as ducias de concertos en todos os pobos desta peninsula. Cando estrenaron o seu disco YA! Tamén fixeron a súa segunda xira por Australia, un disco no que interviron decisivamente os "outros" felpeyu: Elias, Boni, Fernando…

 

 

 

 

Lamatumbá

Hai oito anos, unha pequena adega de San Pedro de Moreiras (Ourense) acolleu un pequeno concerto dunha formación con batería, gaita, guitarra, baixo e acordeón. Un grupo entusiasta que, tal e como lembra Ico "tiña moitas ganas de dicir cousas pero sen ter unha maneira clara de facelo". Foron as orixes de Lamatumbá, que foi facendo estilo pouco a pouco pero cun obxectivo claro: mover os pés ao mesmo tempo cas ideas, é dicir, que cando a xente se movese coa súa música pensara que era posíbel conseguir un mundo mellor.

lamatumba_1Ico resume a filosofía Lamatumbá do seguinte xeito "Lamatumbá botou o seu primeiro latexo cando naceu "A charanga do Cuco de Velle". Lamatumbá movíase dentro de nós en cada verbena a que asistiamos, bailando, rindo, berrando: "eu quero cantar". Lamatumbá tiña gañas de nacer en cada ocasión na que recibiamos unha patada ou un abrazo: guerras, amores e desamores, bicos, loitas... Lamatumbá naceu, de feito, cando estivemos traballando na "Feira das mentiras", no seu circo quixemos estender todo aquilo ó que nos coñeciamos". De feito, a feira á que se refire Ico garda moita relación coa propia historia da banda. Foi o evento organizado por Manu Chao, con quen gardan unha estreita relación e unha das primeiras aparicións públicas da formación como tal. Lamatumbá foi teloneiro do músico, con quen teñen compartido escenario ao igual que con "Mau-Mau", "Hechos Contra el Decoro" ou, entre outros, "Nilo Mc" .

Nestes oito anos Lamatumbá foi buscando o seu estilo propio e facéndose un oco no panorama musical. No 2001, da man do selo Xingra sacaron "Pachangüilanuí", o seu primeiro disco. Dous anos despois, Pedro Feijoo e o propio grupo entraron nos estudos Muu! De Vigo para producir cinco novos temas. No 2004 fixeron co grupo arxentino Bersuit, unha xira por todo o estado facendo recalada en dúas salas emblemáticas: a Razzmatazz I de Barcelona e Arena de Madrid. Agora, en plena xira de promoción dun traballo producido e gravado nos estudos Kaki Arkarazo de Andoain (Guipúscoa): LUME (PARA QUE SAIA O SOL), escriben unha etapa máis dun grupo que promete moito máis. Lamatumbá chegan ó seu terceiro álbum concretando mellor ca nunca a súa mestiza proposta. O primeiro disco, Pachangüilanuí, apareceu no 2001. Dous anos máis tarde rexistrarían o seu segundo artefacto sonoro. Ahora, no 2005, editan Lume (para que saia o sol)- con Falcatruada.

Pedro Feijoo, o baixo de Lamatumbá, é o autor de Viva o furremol, un libro onde se desmiuza desde dentro o mundo da música popular en Galiza: "conclúo que se o sistema literario galego é complexo e difícil, dedicarse aquí á música é unha proeza para xente afouta. A de Lamatumbá tenche un talento especial con folgos arreo e coa alma do Cuco de Velle no peito; éche ben difícil mesturar con soltura rock, samba, reggae, ska cos ritmos de verbena como fan adoito. Unha marabilla. Estes ourensáns son o mellor antidepresivo que coñezo (se tivese que escoller cal é o tema que máis me aleda do disco novo, non sabería qué dicir, todos me prestan). Este verán van dar moito que falar (o seu directo é prodixioso). Lume e festa...!!! (que boa falta fai tal como che está o panorama).

lamatumba_2Lamatumbá son:

Ico, voz;

Samuel á trompeta, trombón;

Angelo, clarinete e saxo;

Cristina, acordeón e teclado;

Pedro ó baixo;

Toño, guitarra eléctrica;

Abraham, guitarra clásica;

Txitxas, batería

Puntxa, percusión".

Os significados do Lume

Lamatumbá é unha banda que naceu hai oito anos co afán de combinar os sons da batería, coa gaita, o baixo e acordeón para mover os pés e actualizar a verbena popular, facéndoa máis funcional e moderna. Logo dun primeiro disco máis experimental, acaban de atopar a súa esencia con "Lume", un traballo que sona a Lamatumbá en esencia pura. ¿Queredes Lume?

Santiago. Consello da Cultura Galega. 30/3/2005

"Lume" non é só un disco, son moitas cousas. Para Ico, vocalista do grupo e autor da maior parte dos temas, "Lume é unha declaración de intencións dun grupo de persoas que comparten unha idea clara: non sabemos por onde pero o sol ha de saír". Abraham "El Niño", guitarra clásica da formación, explica que "o disco é unha boa recompilación de músicas de todo o mundo, e estas son achegadas ata aquí, ata Galicia... que é a maneira de imprimir o noso carácter propio".

Pero Lume é moito máis que iso, é un disco para ver e para escoitar. A segunda parte é obvia, porque é un traballo discográfico, que recompila influencias que van desde a música latina, a xamaicana a cubana mesturada coa tradición galega, que dá lugar a un combinado moi efectista que contou coa colaboración do vocalista Guadi Galego, de Manolo Maseda (acordeón e voz) e de Lola de Ribeira (voz), do saxo de Iván Varela, a meroroloxía de Bea Hervella. Con respecto á primeira parte (un disco para ler), o debuxante David Rubín ilustrou o libreto coas letras das cancións, nunha combinación bastante efectista. O guitarrista destaca que "se hai algo particular no disco é a frescura coa que soan as músicas do mundo vistas dende esta perspectiva galega". O vocalista ve no proxecto algo máis persoal xa que "Para nós o lume é o que che quenta por dentro, o que fai que levantes cada mañá para afrontar un novo día, unha conversa cos amigos, dicirlle a alguén o moito que @ queres, un abrazo, un berro, o recordo dos que xa non están e seguir a ruta por eles. Ese é o sentimento que nos lle quixemos dar a este disco; un disco que quente, pero cunha calor gratificante, non destructiva".

 

Les Batinses

Les Batinses é o grupo máis importante do universo folk de Quebec. Empregan instrumentos como a guitarra acústica e o saxofón soprano, o bouzouki... e unhas "voces anxelicais", o grupo componse de seis membros que se especializan no que se chama unha música do mundo "made en Québec", revitalizando asi para o século XXI, a música tradicional deste país.

Fan a súa música a golpe de audacia e de contrastes, Les Batinses proban que a música do mundo "made in Québec" ten dereito a ocupar unha primeira liña. Procedente doutra latitude, eles habitan un país onde a música convertese nunha linguaxe universal.

Conquistadores musicais e ardentes defensores da tradición moderna, o grupo de Québec mestura os estilos con enerxía e calor. Les Batinses abordan e adoran a música tradicional de todas as orixes e a canción de Quebec, sen esquecer a súa predilección polo jazz, o funk e o punk. O seu mundo musical é o dun bizoso terreo de experimentación sonora que contribue a crear novos horizontes.

Ska, hip-hop forestier, funk celta, stoner-rock e techno, entre outros rexistros, caracteriza a musica de Les Batinses. Este néo-folk sostense por unhas guitarras atmosféricas, unha mandolina e uns violons que cohabitan cunhas percusións hiperactivas.

À vez son imprevisibles, irreverentes, e carismáticos, na súa mellor posta en escéa. Son ben coñecidos polas súas prestacións tan frenéticas coma festivas, estes discípulos de Epicuro someten ós espectadores a unha emocionante descarga musical. Unha gran festa para bailar!

Les Batinses son:

  • les_batinses_1Mathieu Girard: guitarra acústica, baixo, charango, voz
  • Alain Baril: sasofón tenor e soprano, clarinete, flûtes e voz
  • Andrée Bilodeau: violín, alto, voz
  • François Morrissette: bouzouki, guitarra acústica, mandolina, harmonica, dulcimer, charango, pieds, guimbarde, voz
  • Frédéric Lebrasseur: batería, percusións diversas, didgeridoo, mestre incontestable do San Ku Kaï Studio
  • Todd Picard: baixo, mandolina, louferignisme, voz
  • Andy Stewart: bateria, percusions

O grupo Les Batinses saca a súa forza das baladas tradicionais e a súa énerxía de reels e de polkas, e pode emerxer con aires de salsa e de rumba, e mesmo incorporan à súa trama musical ritmos balcánicos. A súa música é decididamente variada e concebida para facer bailar…

En 1998, editan o seu primeiro album, Charivari, despois lanzaron Tripotages no 2000 e L'autre monde à fin de 2002.

"Tripottages", tal é o título do segundo álbum da formación, é nha música que propon melodías estalladas do Gran Norte ás beiras do Mediterráneo, a súa música oscila xovialmente entre o tango, o swing, a polka e o vello "reel" quebequés. Estes músicos son espontáneos, fogosos, imprevisibles e o humor abrolla sempre nas súas actuacións. "Les Batinses" son uns investigadores de sons que se divirten en tocar os instrumentos máis inusitados para a súa cultura como a gaita, o bouzouki, a bombardea bretona etc. Voan sobre as fronteiras e as épocas para crear unha música da xente Made in Quebec.

Os seis multi-instrumentistas do grupo Les Batinses modernizan o folklore quebecano. Eles xuntan ós aires tradicionais os sons funk e rock, asi como as influenzas latinas, bulgaras e bretonas. Verdadeiros arqueólogos da canción, Les Batinses follean regularmente os arquivos da Universidade Laval para enriquecer o seu repertorio.

les_batinses_2Discografía

2003 2Tongue4 : Compilation ska franco de par icitte
2002 L'autre monde
2001 2Tongue3 : Le Québec en montre une!
2000 Tripotages
1997 Charivari

Do Gran Norte ás beiras do Mediterráneo a música de Batinses navega entre a música tradicional, o jazz, o funk e o rock. ¡Estes cosacos da escea quebequesa someten ós seus partidarios a erupcións inesquecibles e balcánicas e ofrecen un son novo que nos fai descubrir o folklore! Espontáneos e enérxicos, irreverentes e imprevisibles Batinses están sobre escena a cachón. ¡No momento dos espectáculos, sacan o terruño do caixón para actualizalo e devolvelo cun xeito sorprendente! Explorando os arquivos do folklore da Universidade Laval, descubren alí pezas singulares e cancións surrealistas para facer saber mellor o patrimonio que viven en Quebec. Ó faltar o eslabón entre a tradición e a modernidade, Batinses mostran de seguro que a música non ten fronteiras

Compre vivilo para creelo

Alguén escribiu: "A primeira vez que tiven a felicidade de asistir a unha presentación de Batinses, foi no festival "Memoria e Raíces", un festival GRANDIOSO... Todd Picard, mandolinista, paseabase facéndonos xurar que iría a axitarse nos dous pes...

Batinses é unha mestura de virtuosidade e de locura. Composto de xente que provén de diversa influenza, dende o metal da música actual souberon actualizar a música tradicional quebequesa que endexamáis se viu. Isto axita. Pero ademáis de ser músicos excepcionais (facer a enumeración de todos os instrumentos que tocan sería un exercicio un pouco laborioso), dominan a harmonía vocal coma poucos grupos antes deles... O traballo efectuado de busca permitiunos descubrir un lote de cancións picarescas moi pouco explotado…".

 

Mistura

O Grupo Folklórico Mistura nace en 1982 en Lieiro - San Ciprian (Lugo). Consta nestes momentos de doce músicos predominando a gaita de fol e as percusións tradicionais. É un dos grupos folklóricos máis importante de Galiza polo que son convidados nestes anos a concertos con grupos de todo o mundo. O repertorio abarca desde as pezas mais tradicionais ata as composicións dos novos mestres gaiteiros e composicións propias, nas que se incorporan tamén instrumentos como o acordeón, o oboe, frautas e percusións varias.

Participaron nos festivais máis importantes de Europa e eles mesmos son os organizadores do Festival Internacional de San Ciprián.

1991 actuación en Tours Francia, en 1992 xira por Arxentina, entre 1993 - 2003 diversas actuacións internacionais en países como Andorra, Portugal, Hungría, República Checa, Rumanía, Italia, Inglaterra, País de Gales, Grecia, Polonia e Bulgaria. En todos estes paises participaron en programas das televisións dando a coñecer o noso folklore por todas partes. Actuacións en festivais como o de Denia (Valencia), Murcia, Málaga, Santa Cruz de Tenerife, Portugalete, Almería e Asturias. E múltiples actuacións en Galiza.

Actuacións

Internacionais
- V e VI Festival Folklórico Internacional de Andorra a Vella (Andorra)
- IV Festival Folklórico Internacional de Tours (Francia).
- VII Festival Internacional de Vilar do Paraíso (Portugal).
- V Festival Internacional Samdim – Vila Nova da Gaia (Portugal).
- XX Festival de Vila Praia de Ancora (Portugal).
- Xira por Arxentina, en 1992, Bos Aires, Mar de Plata e Donselar.
- XXV Festival Folklórico de Aviano (Italia), en 1994.
- Xira por Inglaterra, Gales, Suansse e Londres, en 1995.
- XXV Festival de Assemine – Cerdeña (Italia), en 1996.
- XX Festival de Saryar (Hungría), en 1997.
- Festival de Cerveny Kostelec (República Checa), en 1997.
- Festival de Carpati en Pitesti e Topoloveni (Rumania), en 1998.
- Festival de Benevento, Nápoles (Italia), en el 2000.
- Festival de Ionnina (Grecia), no 2000.
- Festival de Lublin y Olsztyn (Polonia), no 2001

Outros
- III Mostra Folklórica de Pontedeume (A Coruña).
- II Mostra Folklórica Ría de Ares (A Coruña).
- Desfile de Pascua en Avilés (Asturias), 2 anos consecutivos.
- III Festival Folklórico de Banugues – Luanco (Asturias).
- Festas de Puerto de Vega (Asturias), 2 anos consecutivos.
- V Feria de Previas (Asturias).
- XX Romería dos Remedios en Porcia (Asturias).
- III Festival do Cantábrico de Avilés (Asturias).
- Festa do Allo en Veguellina del Orbigo (León).
- I Festival Folklórico Nacional de Mijas (Málaga).
- I, II, IV, VII, IX e XII Festival Folklórico Nacional de Tíjola (Almería).
- I Festival Mare Nostrum de Ibiza.
- Festival del Atlántico de Tenerife (Islas Canarias).
- XII Festival Nacional de Portugalete (Bilbao).
- VI Festival Internacional Aires de Murcia (Murcia).
- VIII Festival Nacional de Ciudad Barbastro (Huesca).
- Festival de Denia (Valencia), en 1998.
- Festival de Culleredo (A Coruña), en 1999.
- XVII Festival de Molina del Segura (Murcia), en 1999.

- XV e XVIII Edicións do Festival de Cehegin (Murcia).
- X Festival de Origuela (Alacante), en 1999.
- 3º Clasificado, no concurso Nacional de Danza de Madrid, en 1999.
- XV Aniversario do Grupo Folklórico Celme de Pontevedra, en 1999.
- Xornadas Folklóricas do Grupo Andarela (Vigo), en 1999.
- 5º Clasificado, nas III Xornadas de Danza (Vigo), no 2001.
- XIV Festival Folklórico Internacional Ciudad de Málaga, no 2002.
- VIII Festival Folklórico de Arboleas – Almería, no 2002.
- I Mostra Folklórica de Monterroso (Lugo).
- XIII Feria de la Gaita de Ribadeo (Lugo).
- Colaboración no VI Campeonato Nacional de Piraguismo de Cervo.
- 50º Aniversario do Grupo “Cantigas e Frores” (Lugo), en 1998.
- Xornadas do Folklore de Foz (Concello de Foz), 1997 e 1998.
- VII Mostra Folklórica Internacional de Ribadeo, no 2000.
Locais
- Organizador de 13 Festivais Folklóricos Internacionais (San Ciprián).
- Organizador de 12 Festivais Folklóricos Infantís (San Ciprián)..
- Organizador de 3 Festivais da Mariña Lucense (San Ciprián).

Televisivas
- Televisión Española, en 1994.
- Televisións de País de Gales e Londres, en 1995.
- Televisión Italiana, “Rai”, en 1995.
- Invitados de honor no programa “Aturuxo” da TVG
.
- Programa “Luar” da Televisión Galega, en 1993 e 1995.
- Televisión Portuguesa, en 1996.
- Televisión Húngara, en 1996.
- Televisión da República Checa, en 1997.
- Programa “Supernova” da Televisión de Lugo, en 1999.

 

Nus

O Festival de Pardiñas sempre buscou dar a coñecer ós grupos de música que están a principiar, compartindo escenario con outros xa máis consagrados, por iso hoxe damos a benvida a Nus.

Nus é un grupo de música folk que reune a músicos de diversas tendencias fusionando os diversos estilos e xeitos de tocar de cada un deles. "Os nosos intereses musicais, anuncian, céntranse sobre todo na exploración do universo musical do folk pero adaptando a este apuntes doutros estilos... Ante todo somos amantes da música, en xeral. Dentro do noso grupo entran tendencias tan variadas como o folk, o funki, o jazz, o rock, a música coral... O noso fin último é atopar e explorar ese sonido que nos chamamos sonido Nus.

O grupo nace en Febreiro do 2003 en Escairón (Lugo) cando Toni Fernández (batería), Andrés Montes (baixo) e Iván Pérez (acordeón), xuntamonos para tocar algún tempo no noso local (A Molinera); a partir de aí empezamos este camiño evolucionando no sonido inicial ata onde hoxe estamos. A continuación uniuse ó grupo Angel Amaro (Guitarra), Javi Castro(Teclado) e Sara Somoza (Voz). O 2 de Xaneiro de 2004, Nus presentamos o noso directo en Ferreira de Pantón. Tras diversos concertos pola xeografía galega ó longo do verán de 2004 incorpórase ó grupo o gaiteiro e frautista Fran Veleiro.

En Outubro dese ano decidimos dar un novo paso e grabamos con Arturo Vaquero a nosa primeira maqueta "Perdona mi debú" que inclúe 4 temas propios e dúas adaptacións de temas tradicionais da nosa zona. A presentación da maqueta tivo lugar na cervecería Mulligans de Monforte de Lemos en novembro de 2004.

A principios do 2005, Nus completa a súa formación actual coa incorporación do violinista José Varela.

Ó longo do ano 2004 e 2005 Nus adicou o seu tempo a traballar un sonido propio e nestes meses actuamos en diversos lugares como Ferreira de Pantón onde compartimos cartel con Luar na lubre, Samos no I Festival de música folk de Cadeiras(Sober), Antroido de Laza, Festival de música folk de Bembribre.. e actuacións diversas ó longo de toda a nosa terra probando ese noso sonido.

De cara ó verán do 2005 Nus ten previsto actuar en diversos lugares espallados pola nosa xeografía como Manzaneda, na final de bandas de Gaitas, Nas festas patronais de Escairón, En Monforte de Lemos no Festival Monxove, Betanzos, Laxe, Ferreira...etc... Como continuación dese traballo que supón a continua evolución dun grupo.

nusFinalmente, Nus somos:

  • Angel Amaro, que foi guitarrista dos grupos de Rock Carpe Diem e Naide.
  • Toni Fernández, Batería e percusionista, anteriormente en grupos como Noite Pecha de música rock e membro durante longo tempo da Orquesta Bohemia.
  • Andrés Montes, que foi baixista do grupo Noite Pecha e da orquesta Bohemia. Agora baixista de Nus.
  • José Varela, que foi violinista de Xarín e actualmente é instrumentista pluriempleado e pertence a diversas formacións como son Ghaita de Pedra, Cantati... Nus.
  • Fran Veleiro: anteriormente gaiteiro e frautista de Verdegaia. Agora entregado á nosa causa.
  • Iván Pérez, acordeonista nos grupos Ghaita de Pedra e, por suposto, Nus.
  • Sara Somoza, voz e directora de diversas corais ó longo da súa vida musical como a Coral de RENFE de Monforte, a coral de Samos...etc...

E todos somos Nus.

Dispostos sempre a encher de alegría aquel lugar no que nos atopemos con aquelo que máis nos gusta facer. Música.

 

Os Diplomáticos de Monte Alto

Grazas ós Diplomáticos de Monte Alto por tanta festa e compromiso nestes 15 anos
Pardiñas acolleu en tres edicións a este grupo (1991, 1994 e 2003), pero tamén a través dun dos seus fundadores, Xurxo Souto, seguimos tendo unha relación que acada outros niveis da nosa cultura e compromiso. Adicaronnos un dos primeiros discos xunto a outros colectivos de Galiza, e no segundo gravan unha cantiga adicada a Guitiriz con letra dun dos máis arroutados de Xermolos, Paco dos Bloques: "Fun a Parga e Guitiriz".

Agora vén a despedida: "Esta última travesía do noso barco pretende celebrar o 15 aniversario co maior expoñente da festa.... vostedes mesmos". Así veñen de anunciar a súa despedida os Diplomáticos. O grupo de Monte Alto iniciará en breve a súa última xira polos escenarios musicais galegos, con despedida final o próximo mes de setembro

"Gustaríanos agradecer aos compañeiros de ruta: seguidores, técnicos, promotores, comisións de festas, medios de comunicación e compañeiros de profesión, o apoio a este humilde proxecto durante todos estes anos". Os coruñeses comunican así a súa disolución logo de quince anos facendo historia na música galega e con seis discos editados: Arroutada Pangalaica (1991), Parrús (1993), Avante Toda (1995), Fumareu (1998), Capetón (1999) e Komunikando (2003).

"Isto non é un adeus, senón un ata agora, posto que seguiremos komunikando nos camiños do vento!!!". Nesta última xira pacticiparán "todos os compañeiros de ruta que, durante estes anos, fixeron posible este proxecto".

diplomaticos_1Biografía

1.989: Rómulo Sanjurjo e Xurxo Souto, até entón compoñentes do grupo folk BELIDA, son chamados para compoñer a sintonia da radionovela "OS FRIGORISTAS", emitida por RADIO GALEGA. Os dous músicos contan para a gravación con GUNI (guitarras), AFONSO MORÁM (baixo) e BERTO MORÁM (bateria) e o resultado é unha maqueta con 3 cancións, baixo o nome de "ROMULO PERMUI e OS DIPLOMÁTICOS DE MONTE ALTO".

1.990: Durante este ano, a banda consolida a sua primeira formación estábel, formada por ROMULO SANJURJO, XURXO SOUTO, GUNI, BERTO MORÁM e TONI SIMOES. O 1 de Xuño, realizan o seu primeiro concerto no PORRIÑO (Ponte-Vedra), nun festival organizado por UXIA SENLLE e a partir de aí son solicitados pola TVG para realizar distintos programas de televisión. Gravan unha segunda maqueta con 3 temas e continuan realizando concertos por Galiza. Toni Simoes e Berto Morám abandonan o grupo e incorporan-se MANGÜI MARTÍN e VIASCON.

1991: Edita-se o primeiro LP "ARROUTADA PANGALAICA" (DRO), baixo o nome de OS DIPLOMÁTICOS DE MONTE ALTO, producido pola FUNDACIÓN RESENTIDOS (Antón Reixa, Alberto Torrado e Xavier Devesa) e dá comezo a xira "CAJO NA GRIPE, CAJO NA TOS", con máis de 40 concertos por toda la península, durante este ano.

1992: Remata a xira "CAJO NA GRIPE, CAJO NA TOS" e a banda comeza, inmediatamente, a minixira "14 PEZAS BRAVAS" con un repertório totalmente novo. Nesta xira solicitaba-se do público letras para o seu próximo proxecto discográfico. Remata a xira con éxito e consolida-se o repertório que se grabará no seguinte disco.

1993: Edita-se o LP "PARRÚS" (FONOMUSIC), producido por José Puga e inicia-se a gira "KONTRA O MUNDO". O grupo colabora na Banda Sonora da película "LA MATANZA CANÍBAL DE LOS GÁRRULOS LISÉRGICOS", producida por Antonio Blanco e Ricardo Llovo e protagonizada por Manuel Manquiña.

1994: Continua a xira "KONTRA O MUNDO". A banda graba o documental musical "FILLOS DE PITA", dirixido por Fran Pego. Levan a cabo a producción executiva do disco "UNION BRAVÚ" (recopilatório de grupos de rock en galego), que serve de soporte ao que se coñecerá como ROCK BRAVÚ ou MOVEMENTO BRAVÚ. Neste mesmo ano, edita-se o CD "A CANTAR CO XABARIN", do programa infantil da TVG "XABARIN CLUB", onde o grupo colabora coa gravación de dous temas.

1995: Sacan o CD "AVANTE TODA" (FONOMUSIC), producido por Kaki Arkarazo. A banda leva a cabo a xira "AVANTE TODA", con grande éxito en Euskadi, onde será a que máis concertos realice durante esa temporada. Nese mesmo ano realizan un memorábel concerto, xunto aos desaparecidos MANO NEGRA, na Sala Revólver de Madrid. Será o comezo dunha intensa amizade con MANU CHAO, que os levará a realizar diversas gravacións, concertos e proxectos en común. Cabe destacar desta época o grupo paralelo LOS TRES DE MONFORTE, composto
por Manu Chao, Rómulo Sanjurjo e Josito Pereiro.

1996: Viascón abandona o grupo e incorpora-se Xabier Alonso. Continua a xira "AVANTE TODA". Destaca a realización dos concertos didácticos, baixo o nome de "DESCUBRIR LA MUSICA", xunto á ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA e nos que se interpretan temas da banda. Levan-se a cabo outros proxectos como A SEMANA BRAVÚ (manifestación artística que reúne música, teatro, xogos, cine e poesia).

1997: O grupo inícia a xira "FUMAREU", con concertos acústicos en recintos de pequeno aforo e que rematará coa edición do libro "FUMAREU" escrito por Xurxo Souto, acompañado polo CD "FUMAREU-SESIÓN DE CAMARA" (EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA). Neste mesmo ano, a banda realiza diversos proxectos, entre os que destacan a súa colaboración na revista BRAVÚ, A FEIRA DAS MENTIRAS (festival multicultural celebrado en Compostela) xunto ao músico MANU CHAO e o disco "L'ASTURIANU MUEVESE" (L´AGUAÑAZ) coas bandas de rock máis representativas do panorama español. Durante o verán realiza numerosos concertos, destacando a súa participación na CARAVANE DES QUARTIERS (Lyon-Francia) e CARAVANA DE CULTURES (Barcelona).

1998: O grupo centra-se na preparación e grabación do próximo disco. Realiza-se a gravación "PREGÓN DE MONTE ALTO", editado xunto ao libro de Manuel Rivas, "TOXOS E FRORES".

1999: Edita-se o CD "CAPETÓN", producido por Rómulo Sanjurjo e Guni. Comeza a intensiva xira "CAPETÓN". Incorpora-se ao grupo a vocalista e percusionista LOLA DE RIBEIRA. A banda colabora nas presentacións do libro de Manuel Rivas "ELA MALDITA ALMA".

2000: Continua a xira "CAPETÓN". Realizan-se proxectos paralelos como "TRANSPORTES HERNÁNDEZ E SANJURJO" (Rómulo Sanjurjo e Julián Hernández) e TERRA TERREMOTA (Xurxo Souto e Guni).

2001: Xurxo Souto e Mangüi Martín abandonan o grupo e incorporan-se MANOLO MASEDA e TONI SIMOES (primeiro baixista do grupo). Inmediatamente, a banda comeza a preparar o material para o próximo disco.

2002: A banda grava o seu último disco "KOMUNIKANDO" e inícia unha xira coa obra de teatro "MATANZA (PORCA VITA)" xunto a TEATRO MALTÉS, dirixido por Lino Braxe. Crean a sua própria productora GANAPÁN PRODUCCIÓNS e comeza unha nova etapa que dará saída ao seu último traballo a comezos do ano 2003, coa compañía discográfica BOA.

diplomaticos_2Discografia:

ARROUTADA PANGALAICA (DRO, 1991)
PARRÚS (FONOMUSIC, 1993)
AVANTE TODA (FONOMUSIC, 1995)
FUMAREU (EDICIONS XERAIS DE GALICIA, 1998)
CAPETÓN (FONOMUSIC, 1999)
Outras gravacións:
GAITAS, FLAUTAS Y OTRAS HIERBAS (DRO, 1992)
XABARIN CLUB (BOA, 1994)
UNION BRAVU (Edicións do Cumio, 1994)
PURO SKANOL 3 (1995) Editado exclusivamente en EEUU.
DONDE ESTABAS TU ¿? ROCK GALLEGO (DRO, 1996)
L, ASTURIANU MUEVESE (L´AGUAÑAZ, 1997)
RADICAL MESTIZO Vol.I e II (FONOMUSIC, 1999-2000)

Vários:

PREGON DE MONTE ALTO (EDICIONS XERAIS DE GALICIA). Cd que acompaña o libro de Manuel Rivas "Toxos e Frores".
Banda sonora da película "LA MATANZA CANÍBAL DE LOS GÁRRULOS LISERGICOS", dirixida por Antonio Blanco e Ricardo Llovo.
Documental musical "FILLOS DE PITA"
Música da obra de teatro "MATANZA (PORCA VITA), xunto a TEATRO MALTÉS, dirixida por Lino Braxe.

Ultimo disco: "Komunikando"

KOMUNIKANDO, o ultimo disco, escoitouse en Pardiñas, na 24 edición, no momento do estreo, pero este ano volve a sentirse cunha forte emoción porque nestes días tamén van estar entre nós, persoas que colaboraron na súa creación: Uxia Senlle, Metales Preciosos, Xurxo Souto e sobre todo, Manuel María, que imos volver a escoitar na súa voz, o poeta sempre presente en Pardiñas na súa primeira liña de creación e compromiso.

Este disco achegaba a frescura sonora das incorporacións de MANOLO MASEDA (voz, acordeón e saxo) e TONI SIMÔES (baixo). Ben-vidos sexan estes artistas que se unen aos "veteranos": RÓMULO SANJURJO (acordeón e guitarras), GUNI (guitarras e viola), LOLA DE RIBEIRA (voz, gaita e percusións) e XABIER ALONSO (bateria) .

O grupo retomaba o realismo máxico de Cunqueiro para o transgredir en punkismo máxico, asentando o respiro da sua própria república independente, un lugar en que ten cabida todo tipo de accións culturais e no cal por fin poden exercer o seu cargo como corpo diplomático. Nun paraíso chamado "MUENGA" a música é o nexo de unión para unha comunicación cada vez máis complicada.

Esta semente diplomática deu froito na Casa de Tolos de Segundo Grandío. Para isto contaron musicalmente coa colaboración, entre outros, de compañeiros republicanos (de Muenga, claro está) como UXÍA SENLLE, SUSANA SEIVANE, ROBERTO GRANDAL, JULIÁN HERNÁNDEZ, XURXO SOUTO e os METALES PRECIOSOS.

Neste ambicioso proxecto non podia faltar a literatura. Inmediatamente apareceron conselleiros que prestaron con entusiasmo o produto da sua sensibilidade. MANUEL MARÍA, LINO BRAXE e MANUEL RIVAS reforzaron esta chamada de atención sobre o (des)uso da comunicación que sufrimos neste mundo delirado que nos toca vivir.

O komunikado sonoro vén repleto de ritmos. A tradicional bateria diplomática está agora reforzada máis que nunca pola sentida percusión de Lola. Sorprenden-nos con ritmos novos como a "coladeira", interpretada conxuntamente coas impresionantes mulleres de BATUKO TABANKA. Un encontro intenso con estas pérolas negras de Cabo Verde que enche de dignidade e fai medrar o sentido da sua Muenga como república do mundo. Este traballo é tamén unha ofrenda ao futuro, ás nenas e nenos que están a encher de forza as suas vidas, que lle dan sentido ao noso cantar. Na procura dese futuro está a traballar o corpo diplomático.

ATENCIÓN… aquí van catorce mensaxes combativas en forma de bomba sonora de sódio e potásio que están a ser radiadas, estímulos neuronais solidários coa filosofia da NaKRa, que constrúen o seu manifesto republicano:

diplomaticos_3Os diplomáticos espertan do seu sono, queren ver-lle as caras aos manipuladores, esixen saber quen son os que están aí. Saben que o submundo en que vivimos ten que subir ao alto para ver máis alá do monte maior e loitar pola dignidade que nos rouban dia a dia.

Komunikando a sua desconformidade coa hipócrita globalización da interdepenmerda, arrastran de "ás" para matar o tres de trunfos que oprime os que son "diferentes", "sen papeis", exiptanos…

A todos eses que controlan o carto berran-lles sabi en crioulo na coladeira de Batuko Tabanka, invocando a danza da perigosa perikinha, e preguntando-se a todo isto... Sera(fín)???

Non, non será o fin. É o comezo da festa, o noso dereito a nos expresar e comunicar en liberdade. Evolucionando cos ollos da dignidade do quero ver dunha nena chamada COMUNICACIÓN.

Sempre nos quedará o bruar expectante da sua vaca aerofáxica para…

… VER QUE Á NOSA PORTA ESTÁN CHAMANDO AS MARAVILLAS DO MUNDO!!!

Nesta despedida de Os Diplomaticos van actuar en Pardiñas "Os Metales Preciosos" que son:

- David Rial, trompeta

- Jorge Beltrán, saxos

Os Metais Preciosos naceron 8 años atrás da man do grupo Dr. Cotomondongo y sus Metales Preciosos, curioso grupo de Ska que non conta no seu seno con ninguén a quen lle guste semellante xénero musical (¿?).

Na súa fundación, os Metais Preciosos contaban tamén coa colaboración do saxo barítono Rubén Losada (Os Resentidos) e o trombonista Ángel Montes (Camerata Cantorum Estupefacta); líos sentimentais e un acné facial moi agresivo determinaron a saída fulminante de ambos musicos dos M.P.

Os Metais Preciosos teñen colaborado en multitude de gravacións: Os Diplomáticos, Queno, Urbano, Siniestro Total, Luixi Toledo, Xabarín da Galega , Muthenroi, Heredeiros da Crus, Os Cempés, etc. etc.) e no menos directos, (Polifacético Antón Reixa, Siniestro Total, Heredeiros da Crus,...

Desta vez, o seu vento no escenario, porá unha nota máis de vitalidade na xira de despedida de OS DIPLOMÁTICOS.