EXPOSICION DE FOTOGRAFIA de Beatriz Souto Díaz

beaNa liña do Festival de Pardiñas de dar a coñecer os creadores da nosa comarca, sobre todo ós máis novos. Beatriz naceu en San Salvador de Parga, pero hai anos que vive en Vilalba. Dende os 12 anos traballa neste mundo da fotografía, coa cámara ó lombo foi facendo reportaxes, pero sobre todo captando esas instantáneas que concentran a forza emocional do seu traballo.

Fixo estudios específicos coma "Iluminación e Imaxe" na Escola de Imaxe e Son de A Coruña e "Fotografía Artistica" no Centro Ramén Falcón de Lugo e ela mesma impartiu algún curso de Iniciación á Fotografía, hai unhas semanas no Colexio Insua Bermudez de Vilalba.

Participa en Certames e agora mesmo foron niminadas 3 fotografías nun Festival de fotografía colectiva sobre as persoas.

Traballa a fotografía en conexión con outras artes como a música e a literatura, por iso en Pardiñas imos disfrutar dun verdadeiro espectáculo audiovisual, vai facernos unhas

Presentacións Multimedia

Son 5 montaxes do máis variado, como é a creación desta artista, porque sempre apunta que é moi nova e que non pode pecharse a ningún campo nin horizonte.

Estas presentacións multimedia expresan a asociación que hai en Beatriz entre música e imaxes: "cando penso nunha foto, descubro e sinto ó momento unha música concreta", comenta.

Imos poder disfruta de varias fotografías, pero ó mesmo tempo nunha pantalla visualizaremos ata 5 montaxes:

1.- "OS MEUS AVOS" é unha viaxe sentimental. Un día na súa vida, onde nos introduce na súa intimidade e podemos coñecer o seu contorno máis inmediato e familiar.

2.- "A CASA GRANDE DE NADELA" é un percorrido virtual por un espazo cunha forte carga estética, recén restaurado: a bodega, comedores, habitacións, etc.

3.-"DESNUDOS" , xogando co branco e o negro máis favorable a transmitir a expresión da pel. No seu percorrido descubrimos a sinxeleza da natureza, a sinxeleza da vida, tal como somos…

4.- "CANSADOS" é unha producción a partires dunha canción do mesmo nome de Silvia Penide, cantautora de A Coruña, unha rapaza que ó erguerse non vai ó mundo real, refuxiase nun bosque polo medo a enfrentarse coa vida, identificandose totalmente co bosque.

5.-"MODA" é o reflexo do mundo no que mellor se sinte Beatriz, coa moda e cos desnudos… Coma un estilo de vida, pero ela manifesta o antiglamur. Unha visión persoal, nun sentido obexctivo no que endexamais forza as persoas, son retratos de carácter. Reficte as persoas a través das fotos de moda, as persoas tal como son.

Neste achegamento á obra de Beatriz podemos contemplar varias obras, mesmo montaxes dixitais. Pero imos deternon nunha delas

O Autorretrato

É unha emulsión fotográfica a través de productos quimicos en tablillas e lenzos. É unha mostra máis da súa idea e arte sobre os desnudo, insinuar máis que ensinar. O método é un proceso moi antigo: facer sensible á luz calquera superficie.

Beatriz disfruta no seu taller de revelado, gusta de revelar e traballar no positivado… Entre as súas preferencias está o blanco e negro e tamén se introduciu no mundo dixital, unha esixencia, despois de todo, das novas tecnoloxías de hoxe.

Un dos recantos máis prodixioso para coñecer a arte desta creadora é o seu obradoiro profesional, a tenda da familia en Vilalba: FOTO AMADOR (Rúa Plácido Peña, nº 16-18) de Vilalba

 

arauxo2.-A PINTURA de Marcos Otero Araujo
   
Nesta edición do Festival de Pardiñas queremos descubrir a obra pictórica de Marcos Otero, veciño de Matodoso, e moi coñecido coma profesional da fotografía.

Os seus cuadros levan a sinatura de "Arauxo", o segundo apelido… Imos poder disfrutar de bodegóns, paisaxes retratos.

Aínda que na fotografía poden facerse montaxes e traballar coas cores, é na pintura onde Marcos domina e manexa moito máis as cores, descubrindo as súas entrañas e riqueza.

 

3.- A APORTACIÓN Ó FESTIVAL de Xan Amil  
   
Xa hai anos que puidemos disfrutar do xenio artistico de Xan Amil Castro (Guitiriz 1962), as pezas de cerámica nas exposicións de Pardiñas e os debuxos e ilustracións que Xan Amil achegou a varias publicacións da Asociación Xermolos.

Mesmo foi o autor dos carteis das V e X edicións do Festival de Pardiñas. Naqueles primeiros anos de Xermolos no que todo era máis feito a man e agora tamén, Xan era o autor de moitos dos carteis que anunciaban as nosas celebracións: Entroido, Nadal, Letras Galegas.

A creación deste artista multiplicase en moitos soportes, algúns tamén cun sentido publicitario, pero sen perder endexamais esa estética peculiar que definen a súa obra. Un día temos que facer un estudio sobre as ilustracións das ducias de camisetas que foi xenerando Pardiñas nestes 26 anos, moitas delas saidas do seu maxin.

xan_amilMesmo na Casa das Palabras e na Casa das Artes, dous dos espazos de creación que fan abrollar a nosa traxectoria cada día, disfrutamos de obras de Xan, cerámica e pintura que xa forman parte do patrimonio de Guitiriz, pois agasallounos con 3 pezas de cerámica e o cuadro que abre nesta revista o capitulo adicado a "25 anos de Pardiñas" (2004). Os asistentes ós festivais xa disfrutaron de mostras da súa cerámica hai anos, mesmo o primeiro achegamento de Xan Amil á cerámica foi nun curso convocado por Xermolos..

Coma ilustrador non só descubrimos a súa arte na Revista Xermolos e nas nosos libros: Doce anos na busca da nosa identidade, Volta a Espña a pé, etc.Tamén ten feito obra de ilustración para revistas coma "O Xistral", voceiro do Centro Galego de Barakaldo, a que publica Comisións Obreiras da Renfe de A Coruña, etc..

Coma cultivador do debuxo no 2005 vén de gañar o 1º Premio nun certame sobre "O Quixote" convocado polo Concello de Guitiriz e o Café O Correo organizoulle unha Exposición: "Debuxos con colesterol".

Pero, sobre todo, Xan é o creador dos colectivos de base desta comarca de Guitiriz, só neste ano deseñou as camisetas de festas de Roca, Pascua dos Vilares, Pardiñas (Peña do Curro Vello) e os carteis San Xoán 2006.

 

4.- A PINTURA de Celia Teijeiro Murias

celiaA pintora Celia Teijeiro Murías naceu en Bexán-Cospeito e aínda que chegou a esta arte hai 8 anos, a súa relación coa pintura xa medrou con ela. A súa nai ten unha especial mestría para o debuxo e ela coma ensinante unha ampla formación nas artes. Fixo varias exposicións en Ferrolterra, comarca na que traballa coma mestra: Casino de Ares, Certame Bello Piñeiro de Mugardos, etc. Aínda que prefire o estilo figurativo, a súa obra de técnica abstracta ten unha forza comunicativa moi sutil: xogos coas cores e a xeometría…, e segue aberta a todos os estilos…

O seu universo figurativo é moi amplo: paisaxes, mariñas, pero sobre todo da Terra Chá, da Galiza interior, patrimonio etnográfico: muiños, ríos e pontes…, a súa obra plástica reproduce unha querencia especial cara os animais: cans, gatos, etc.

A súa arte non é só un xeito de disfrutar no tempo libre, é unha mostra dunha sensibilidade prodixiosa. Esta plenitude acadada no seu proceso de creación vén alimentada polas moitas viaxes e visitas a Museos, e hai unha anécdota que é moito máis ca isto: estivo 4 días visitando o Museo do Prado, sen saír nin a comer.

 

5.- A FOTOGRAFÍA de Xosé Marra

marraO creador Xosé Marra xa coñecido en Pardiñas por varias mostras anteriores comunicanos o obxectivo da súa participación neste ano:

"É unha série fotográfica baseada no audiovisual "Bolero triste", no que estou traballando.

As fotos son do entorno do rio Celeiro (Sárria). A música, baseada no bolero de Carmelo Larrea "Camino verde".

O rio Celeiro é un rio pequeno, que discurre polo tempo. No inverno, énchese e anega as terras; e no verao, remansa nas presas, e cala no silenzo da erva.

Na miña infáncia, eu ía aló de pesca co meu pai, e despois seguín indo sempre. Até onte mesmo, só se escoitaban a auga, o vento nos ameneiros, os paxaros, algún tractor e, ás veces, o tren. E ultimamente, tamén as voces dos peregrinos, pois ten un traxecto paralelo ao camiño de Santiago e ao camiño de ferro.

Nestes dias, comezan as obras dun proxecto necesario: a circunvalación da estrada Monforte-Nadela, que inclue un viaducto que sobrevoará o rio e máis os dous camiños. E que matará a paisaxe e o silenzo. ¿O prezo do progreso?.

Hoy he vuelto a pasar por aquel camino verde.La fuente se ha secado, las azucenas ya están marchitas en el camino verde que va a la ermita".

 

6.- “A MURALLA DE LUGO” dos e das alumnas do CEIP de Muimenta.

As nenas e nenos de Muimenta, fieis ó significado que dá nome á vila fixeron uns debuxos e unhas poesías sobre a Muralla de Lugo que mereceron un premio especial dentro do Certame Terra Chá de Literatura e Debuxo Infantil.

 Homenaxe de Pedras e Letras

Hai unha Muralla e un Río,
Patrimonio do Mundo ¡que calafrío!
Nenos e nenas, homes e mulleres
De tódalas razas e condicións
Forman muralla con nós
¡¡Somos uns campións!!
O noso Río, a Muralla, cheos de vida
Cheos de amor, cheos de sabor.
¡Recheos de calor!
O mundo é unha bola…
A Muralla patrimonio da Paz…
¡¡Eso sí que mola!!
Puzzle de Amizade
Peza a peza é a nosa alegría…

CEIP DE MUIMENTA - 2º CICLO DE EP
Melodía Francos - Luis A. Díaz - Gema Lamas - Zaida Moro
Alejandro Rojo - Celia Basanta - Cristina Seijo.(1º Nivel)
Iago Montero - Kevin Rodríguez - Alejandro Paz
Luis Iglesias - Jairo Gegunde - Tamara Rivas. (2º Nivel)

Pedras Namoradas

É nosa a Muralla
É de todos Nós.
É dos homes, é das mulleres
É un círculo de PAZ.
Son pedras namoradas,
Pedriñas de tenrura…
Que chegan ata as estrelas.

CEIP de MUIMENTA – 3º Ciclo de EP
Óscar Chavarría – Andrea Sinde (1º Nivel)
Gaizka Alonso – Sheila Sández – Daniel Francos - Andrea Maseda – Lorena Paredes (2º Nivel)


muimenta