O creador do cartel deste ano, Pablo Giráldez Río (Vigo 1971), ten unha intensa traxectoria artistica que xa sentimos e disfrutamos con emoción nos carteis das V, VI, VIII, IX Mostra de Instrumentos. Fixo varias exposicións: “O Pastor Gráfico”, Redondela (2004),- “O Pastor moito traballa”. O Porriño (1995)

Como artista gráfico foi autodidacta e ten unha ampla traxectoria creativa en moitos eidos, así o seu traballo é a historia dos grupos e representacións teatrais, a xeito de resume lembramos algúns campos deste autor de Redondela:

Escenografías teatrais: no 2004: “Os Narigudos” (Tanxarina Títeres). No 2003: “A Gran Ilusión” (Teatro do Morcego) e “A Comedia do Gurgullo” (Centro Dramático Galego). No 2002: “Momo” (Teatro do Morcego), “Os Xigantes” (Teatro do Morcego) e “Rapatú” (Tanxarina Títeres). No 2001: “Os vellos non deben de namorarse” (Teatro do Morcego). No 2000: “Os piratas. A Branca-Rosa” (Teatro do Morcego) e “Diariamente”( Berrobambam Teatro). No 1999: “Lugar Común” (Teatro de Ningures), “O Lazariño de Tormes” (Teatro do Morcego), “O vendedor de paxaros” (Compañía Miro Magariños). No 1998: “Contaloucos” (Tanxarina Títeres) No 1997: “Morte accidental dun anarquista” (Teatro do Morcego) e “A incríble vida de Héctor Loureiro”(Teatro do Morcego). No1996: “Sempre Ubú” (Producción Teatrais do Sur). No 1995: “Ah, ah, ah, estamos monstros de risa”. Tanxarina Títeres. No 1993: “Santiago, Santiago” (Tanxarina Títeres)

Carteis e programas: No 2005:“VI Festival Internacional de Títeres de Redondela”, “XII Mostra de Instrumentos de Música tradicional”. Pardiñas (Guitiríz). No 2004: “V Festival Internacional de Títeres de Redondela” e o Espectáculo “Os Narigudos”, de Tanxarina. No 2003: “IV Festival Internacional de Títeres de Redondela” e o Espectáculo “A Gran Ilusión” (Teatro do Morcego). No 2002: “IX Mostra de Instrumentos de Música tradicional. Pardiñas (Guitiríz), “XIII Campaña escolar Titerescola”. Pontevedra “III Festival Internacional de Títeres de Redondela”, Espectáculos “Momo” e “Os Xigantes” (Teatro do Morcego) e “Rapatú” (Tanxarina Títeres). No 2001: “II Festival Internacional de Títeres de Redondela”, “VIII Mostra de Instrumentos de Música tradicional”de Pardiñas (Guitiríz), Espectáculo “Os vellos non deben de namorarse”, de Teatro do Morcego. No 2000: “I Festival Internacional de Títeres de Redondela”, “VII Mostra de Instrumentos de Música tradicional”. Pardiñas (Guitiríz), VII Semana de cine de Redondela “Sedecine 2000”. Espectáculos “Os piratas. A Branca-Rosa” (Teatro do Morcego) e “Diariamente” (Berrobambam Teatro) No 1999: “VI Mostra de Instrumentos de Música tradicional”. Pardiñas (Guitiríz), IV Festa Folc de Limens “Herba e Son”. Cangas. E os espectáculos: “Lugar Común” (Teatro de Ningures), “O Lazariño de Tormes” (Teatro do Morcego) e “O vendedor de paxaros”, da Cía. Miro Magariños. No 1998: “V Mostra de Instrumentos de Música tradicional”. Pardiñas (Guitiríz), III Festa Folk de Limens “Herba e Son”. Cangas. Espectáculo “Contaloucos”, de Tanxarina Títeres No 1997: II Festa Folk de Limens “Herba e Son”. Cangas e os espectáculos “Morte accidental dun anarquista” e “A incríble vida de Héctor Loureiro” (Teatro do Morcego). No 1996: I Festa Folk de Limens “Herba e Son”. Cangas, III Semana de cine de Redondela “Sedecine´96” e o Espectáculo “Sempre Ubú”, de Produccións Teatrais do Sur. No 1995:“V Festival Internacional de Títeres de Vigo” e o espectáculo “Ah, ah, ah, estamos monstros de risa”, de Tanxarina Títeres. No 1994: “IV Festival Internacional de Títeres de Vigo”. No 1993: “III Festival Internacional de Títeres de Vigo e o espectáculo “Santiago, Santiago”, de Tanxarina Títeres.

Carautas de discos: No 2005: “Discópolis 5.000-Radio 3”, Radio 3 (RNE). No 2002: “Discópolis Radio 3-Un viaje cosmopolita y abierto al mundo musical”, Radio 3 (RNE). No 2000: “Circo Montecuruto”, do grupo Os Cempés e “Folla de Lata”, do grupo Chouteira. No 1998: “Cantigas de Nadal”, de varios grupos. Editado por Boa. No 1997: “Ghuaue”, do grupo Chouteira. No 1995:“En concerto”, da Banda Orquestra da Mancomunidade de Municipios de Vigo. “Chouteira”, do grupo Chouteira.