sarandon_1

Naceu despois dunha longa investigación sobre a requinta no seo da Asociación Xuvenil Os Raiceiros de San Miguel de Sarandón en Vedra, na comarca do Ulla. O seu labor é fundamental na recuperación da requinta dentro do mundo dos nosos instrumentos. Están a facer un amplo labor cultural, non só na música, senón como animadores de moitas iniciativas en Galiza, pero sobre todo na súa comarca, principiando pola Feira do Viño do Ulla.