Ruta V MARATÓN DE PARDIÑAS (7 de Agosto de 2004, Saída as 19:00h)

Chégase a XXV edición do Maratón de Pardiñas, unha carreira que transcurre entre Guitiriz e Pardiñas, constando de 4 km para as categorías menores e de 7 km para os adultos. Contamos coa túa participación.

III MARCHA CICLOTURISTA GUITIRIZ-TERRA CHÁ (21 de Agosto de 2004, Horario 15:30-20:00h)

Fieis a esta cita xa tradicional convidámosvos a facer camiño pola Terra Chá, a deixarnos envolver pola súa paisaxe coma os seus ríos vagarosos e acolledores que sen rachar coa beleza deste contorno van regando e dando enerxía ás terras que bican. Outro ano, a III Marcha Cicloturista Guitiriz-Terra Chá vai discurrir con arte, amizade e deporte por vilas e aldeas, "unha aldea aquí e outra acolá", de Begonte, Guitiriz, Vilalba e Xermade, surcando os seus horizontes coma un caudal de compañeirismo, saúde e vitalidade, gracias á vosa colaboración e participación.

No 2003 participaron ciclistas de Galicia, Asturias, León, etc. estreitando a nosa unión entre clubs e deportistas, neste ano imos dar máis pulo ó noso compañeirismo reforzando esa unión entre deporte, turismo e relacións humanas.

Gracias por volver e benvidas tamén as vosas familias.

Ó remate do xantar poderemos degustar un dos froitos destas terras, a apetitosa "torta de maiz", típica da vila de Guitiriz.

 ciclismo_2  ciclismo_1