Esta é a decimoprimeira edición da "Mostra de Instrumentos de Música Tradicional" que a comisión de artesáns da Asociación de Gaiteiros Galegos (AGG) organiza dentro do marco do festival de Pardiñas organizado polo A C. Xermolos de Guitiriz, que este ano terá lugar os dias 7 e 8 de agosto.

Non é preciso mencionar a importancia que esta mostra ten despois de tantas edicións como levamos feito non sen moitos traballos e atrancos, pois temos que dicir que todo esto estámolo sacando adiante co esforzo de catro artesáns, que organizamos a mostra, que está a cumprir o obxectivo que nos levou hai máis de dez anos a creala, é unha cita anual de artesáns e músicos de todo o Pais, no que cada ano os artesáns traen novas melloras nos seus instrumentos que os músicos veñen a contrastar cos propios artesáns.

Tamen e cita de moitas xentes que simplemente veñen a pasar unha fin de semán onde a música tradicional é a protagonista, fanse bailes populares, tócase de xeito espontáneo, en definitiva situamos a nosa música tradicional, non plano de dignidade e normalidade que por desgracia no nosa Pais non é moi habitual ver.

Iste ano contamos coa presenza de XOSÉ V. FERREIROS (gaiteiro de Milladoiro, persoa moi respetada e admirada por nos pola súa contribución á dignificación da gaita e o gaiteiro no noso País, que será o encargado de dar o pregón. A continuación terá lugar a actuación do grupo de música tradicional catalana TRUNFOS SÓN-OROS. O domingo teremos a actuación do grupo de música tradicional galega LINHO DO CUCO,

As actividades previstas para enriquecer a exposición, están enfocadas para que sexan totalmente participativas, así pois haberá un escenario dipoñibel durante todo o día para todos aqueles músicos que desexen tocar, e aqueles artesáns que queiran falar ou facer algunha demonstración da sonoridade dos seus instrumentos.