Xosé Vicente Ferreirós

Xosé Vicente FerreirósXosé Vicente Ferreirós é un dos compoñentes e membro fundador do grupo MILLADOIRO que tamén están a cumprir os 25 anos. Xa contaba cunha intenxa experiencia na música tradicional xa que viña interpretandoa en "Faíscas do Xiabre". Milladoiro constitue un fito na nosa música, é o grupo máis coñecido no mundo, pois dende os comezos participou en moitos concertos, sobre todo por Europa e América. Actuou en Pardiñas en dous festivais, o terceiro e o oitavo como podemos observar nestas fotos retrospectivas.

En todo este labor inxente ten unha parte principal Xosé V. Ferreirós. Son 25 anos de creación dende aquel Milladoiro ata hoxe. No 1979 edita In Memoriam con Faiscas e A Galicia de Maeloc con Milladoiro. Ó ano seguinte O Berro seco, No 82: Milladoiro 3, Solfafria (1984), Galicia no País das maravillas (1986), Castellum Honesti (1989), Galicia no tempo (1991), A Via Láctea e Xeometría da alma (1993), Jacobus Magnus (1994), Galicia Fulget (1995), As fadas de Extraño Nome (1996), Auga de Maio (1999), etc.

Participaron tamén en bandas sonoras de filmes como El rey del rio, Divinas palabras, La mitad del cielo…

Como integrante de Milladoiro foi agasallado con ducias de premios dende o Pedrón de Ouro, o Premio Goya á mellor banda sonora por La Mitad del Cielo, Galego Egrexio, Premio Casa dos Poetas de Curros Enríquez ata o Castelao deste ano.

Xosé V. Ferreirós é un musico consumado e así podemos disfrutar da interpretación que fai de: Gaitas - Pipes, Oboe, Mandolina - Mandolin, Uillean Pipe, Tin Whistle, Pandeireta - Tambourine, Bouzouki, Voz - Vocals.