Grallers de Sa

Este grupo vai ter unha grande complicidade neste festival pois vai vir acompañadado de máis de 100 persoas, veciños de Santa María de Camí, e van actuar o sabado pola noite e antes do pregón do domingo.

1. Orixe do Espectáculo.

Factoria de so é a asociación de xoves e non tanto de Santa Maria del Cami, ós que lles gusta a música, a arte e a natureza. Para entender o que é Factoria de So temos que ir ó ano 1997, no que á falla de espacios para varios grupos musicais, propuxoselle ó concello poder utilizar as Cases de Son Llaüt para locais de ensaio.

Acadado o permiso, o mal estado no que se atopaban obrigabanos a centrarnos na obtención de cartos para principiar a rehabilitalas. Naqueles momentos xa éramos unha ducia de persoas que nos xuntabamos para buscar ideas coas que axiña atopar os cartos. Así xurdiu a idea de facer un CD e invertir os cartos recaudados na rehabilitación das casas. Ainda que podia parecer unha idea utópica, o convencemento fixo que este CD fora unha realidade, os grupos de música van a rexistrar o CD co titulo CRAK. A partir daqui, asinamos un convenio de xestión das casas de Son Llaüt e o concello, asi naceu Factoria De So.

As casas convertironse nun espacio no que os xoves e non tan xoves podemos desenvolver as inquedanzas, aprender a dirixir e xestionar as nosas iniciativas, convivir, contrastar as opinións e expresar as ideas xa sexan radicais ou descabelladas que aparezan.

Xa dispoñemos dun local de ensaio, un escenario ó aire libre e unha sá de concertos cuberta e unha escola de música que acabamos de inaugurar con métodos de ensino modernos e divertidoss, onde teña entrada calquera estilo músical. Ademais, e como que a música vai da man do resto de expresións artisticas, esta escola poderiase convertir, tamen, nun centro onde as artes plásticas, o teatro, o baile, etc… tiveran un lugar importante.

Nestes momentos as actividades que estamos levando a cabo son:

factoria- REHABILITACION DAS CASAS DE SON LLAÜT: Seguimos traballando para ter un espacio completamente acondicionado
- GRUPO DE DEMOS, TAMBORILEIROS E GROLLERS. Estes tres colectivos están ensaiando para perfeccionar a coreografia e posta en escea do espectáculo conxunto que temos e que xa demostramos por moitos sitios dentro e fóra de Mallorca. O obxectivo é ter un espectáculo que se poida montar tanto de forma conxunta coma por separado e asi animar as festas con lume, ritmo e grolles.
- FACTORIA DE MÚSICOS. Unha iniciativa aberta a todas as persoas interesadas polo mundo da música. Isto, fixo que tiveramos experiencias coma 2 cursos da escola (guitarra, baixo, bateria, percusión e piano) e dous anos de talleres (zambomba, break-dance, xeremies, flabiol, percusión, música para ordenadores, etc.). O método que nos propuxemos consistia en que os xoves empezaran dende o primeiro día a estudiar co instrumento e aprendendo teoría a medida que foran descubrindo a necesidade para facelo.

O xeito de desenvolver esta metodoloxia seria mediante:

1)Talleres de captación: Estes talleres han ser a parte máis visible e coñecida da escola. Talleres moi amplos e moi básicos coa función fundamental dr captar a atención dos mozos e mozas; por iso creemos que se han basar en instrumentos e estilos coñecidos e aceptados entre a mocidade. Nestes casos aproveitan a moda de cada momento (hip-hop, rap, ska…). Nestes talleres os xoves ainda non se meten dentro da dinámica da escola, pero si que se achegan ó mundo do ensino musical.
2)Talleres para grupos: teñen a mesma función co anterior pero o xeito de traballar é diferente.
a)Pártese dun grupo, máis consolidado, que está tocando e se lles propón un profesor coa finalidade de optimizar o grupo, abordando todas as cuestións que coma grupo, consideran que lles pode axudar. É a partir daqui co mestre comenza a ensinar música basandose no que eles xa estaban facendo, e ó mesmo tempo meteos na necesidade de aprender para ir mellorando.
b)Clases de profundización. O alumno desta clase provén das e dos xoves que se apuntan directamente e sobre todo dos que pasaron inicialmente polos talleres de captación.
c)A oferta é moi ampla para poder cubrir todas as necesidades coas que os xoves poden atoparse. Irán dende a inmersión do alumno dentro dun programa da escola que cubre todas as facianas da aprendizaxe musical ( lectura, escritura, armonia…) ata cubrir necesidades moi concretas (perfeccionamento do instrumento, profundizar dentro dun estilo onde só se adquiren coñecementos de armonia, teoria musical ou improvisación musical).
d)A oferta tamen vai ser ampla noutros sentidos: poder optar a clases individuais ou colectivas, que segundo o número de alumnos serán máis ou menos asequibles.
e)Clinicas: pensamos que é importante que a escola poña en marcha talleres intensivos maxistrais con músicos coñecidos, sobre todo instrumentos, estilos…
f)Combos: a escola ten que potenciar a formación de combos improvisados entre os alumnos, esta axuda á interrelación entre eles e ás súas músicas e a vez axuda a rachar o hermetismo tipico dos xoves co predominio dun só estilo, do que fan filosofia da vida e relixion.
g)Concertos: é moi importante que a escola conte con espacios onde se podan realizar concertos e todo tipo de actos, nos que os xoves poidan dar a coñecer o que están facendo nos seus respectivos grupos e tamén facer grupos improvisados, ou combos, que nacen da mesma escola.
h)Tamén é moi importante realizar concertos con músicos recoñecidos fóra da escola que estimulen e á vez animen ós xoves.
iEstes concertos tamen se aproveitan para que os xoves da escola, cada un dentro do seu estilo, fagan de teloneiros a músicos xa coñecidos e de renome.
k)Intercambios: a experiencia de Perpinyá ensinounos que é moi interesante e rico ter relacións con escolas e músicos doutras bandas do mundo.
Factoria de músicos ofrece:
1) un espacio de formación (guitarra, percusión, teclado, informatica musical, baixo, xeremias, flauta e tamboril, grolles, etc.).
2) un espacio activo con locais de ensaio, diferentes actividades, un espacio de encontros e intercambios.
3) un espacio de información.

- CONCERTOS E FESTAS. Seguimos traballando para levar a Son Llaüt toda clase de grupos, de todos os estilos de música, e realizar festas pa celebrar as diferentes festividades o largo do ano.
- PREPARACION DE ACTIVIDADES PERIODICAS. Actividades como os campos de traballo, festas do pobo, intercambios, concertos, etc. requiren un traballo continuo. Son moitas as actividades que fixemos o largo dos sete anos de existencia. Entre elas cabe destacar:

. Rehabilitación das casas de Son Llaüt. Xa dispoñemos dun local para grupos musicais, un escenario ó aire libre e unha sala de concertos cubertos. Todos os espacios estan dotados con recursos tecnicos. Este traballo levamolo a cabo os xoves, co soporte economico do concello.
. Escola alternativa de música. Durante dous anos vaise montar unha escola de guitarra, baixo, bateria, percusión e piano con metodos modernos e divertidos. Gracias ós talleres puntuais que facemos (zambomba, break-dance, xeremies, flauta, percusión, música por ordenador, etc.).
. Concertos e festas: fixemos uns 100 concertos e festas con actauacións en directo. Pero Son Llaüt xa pasaron: La Gran Orquesta Republicana, Dixebra ( asturianos con música "celta"), Guadaña, Raibel, Blues Devils, Pep Banyo, Vieja Usanza, Sa Roqueta Festival, etc…
. Animación das festas do pobo. Intentamos non faltar a nengunha.
. Campos de traballo. Xa levamos feitos tres. Repitense cada veran e ven xente de todo o estado español. Son experiencias moi positivas.
. Intercambios coa Casa Musical de Perpinyá. Viñeron xovenes a dar a facer un taller de hip-hop, e un taller de música por ordenador, e nos fomos ali pa coñecer toda a movida que eles teñen.
. Club de escalada. Este club esta feito por un grupo de xente afeccionada ó excursionismo e á acampada.
. Tiro con honda. Periodicamente nas festas do pobo, imos montando concursos.
. Publicación do disco " XEREMIERS DE SANTA MARIA". Factoria editou o disco a dous xeremiers maís veteranos do noso pobo e de casi toda a illa: Toni Marcé " Xisples" e "Andreu Comes "David".
. Factoria de Músicos. Coa colaboracioón do Consell de Mallorca e o axuntamento de Santa Maria logramos esta escola de Música .
. Local nde os socios e o alumnado da escola podense xuntar e pór en comun as iniciativas que se queren levar a termino.

2. Presentación.

O grupo de demos, grallers e tamborileiros naceu no 1999. O primeiro grupo era pequeno,(dous grallers, un saxo, unha caixa e un bombo) pero foi medrando e agora esta formado por Xeremiers, flautistas, grollers, tamboreiros e o grupo de demos e malabaristas formando asi un grupo de xente que se adica á animación de festas combinando a música e a participación da xente cos demos.

A idea é recuperar a imaxe mediterránea na animación das festas populares mediante un repertorio musical e vestuarios populares e tradicionais das nosas illas. As veces o espectaculo tamen se pode facer en forma de concerto electrico, o mismo repertorio de cancions de estilo mediterraneo, e en especial das illas e cataluña, se levamos instrumentos electricos como a guitarra, baixo, etc.

3. Curriculum.

As saidas que levamos feitas ata hoxe foron moitas, entre outras: o á Toulouges (Perpinyá). ó III Festival da Vila de Grácia, Barcelona, xunto con maís de cen grupos de todos os Paises Catalanes, pasaruas de Génova. O 22 de Febreiro do 2003, actuación dos Grollers no concerto Pro-Galicia no poligono de Son Llaüt. Pasaruas con lume por varias ruas de Palma, na fin de semana de Cultura Popular" ( Goberno das Illas Baleares- Consell de Mallorca. Pasaruas dos musicos en Santa Eugenia ( Xoves pola Lingua). Actuación dos Grollers nas casas de Son Llaüt, con motivo da presentación do Circuito de Música Xoven, organizado polo Consell de Mallorca.

4. Datos do Espectáculo.

.Festival matinal. O grupo de tamborileiros, grollers, xeremiers e flautistas, recorren o pobo pola mañá tocando cancions para recordarlle á xente que hai festa no pobo. Vanse facendo paradas por diferentes puntos do pobo.
.Pasaruas pola tarde-noite. O mesmo grupo do festival matinal, agora acompañado de demos volve a recorrer o povo tocando cancions para que empece a festa ata a noite.
.Correlume con grollers, percusión e instrumentos electricos. Unha vez entrada a noite, e normalmente de seguido do pasaruas, empeza o correlume. Nesta parte, os demos fan bailes co seu xigante, ensinan os malabares, queiman os fogos ( tracas, petardos, cohetes etc.) e incitan á xente a que baile e salte con eles. Ó mesmo tempo, o grupo de tambores e grollers acompaña ós demos tocando cancións enriba dun escenario sonorizado, pero agora xa cunha bateria, baixo, guitarra e percusión. Esta adoita ser a parte coa que a xente participa con maís intensidade.
.Actuación do grupo Coanegra. Despois do correlume, e como fin de festa, o grupo Coanegra ofrece un concerto ensinandonos a súa música mediterranea, fresca e chea de experimentos.
Compoñentes do grupo
O grupo esta composto por 63 persoas divididos en: 11 grollers (entre eles estan os xeremies e flautistas)., 1 baixista, 1 trompeta, 1 saxofonista, 2 tarotes, 1 bateria, 8 percusionistas, 2 guitarrista,s 28 demos-malabaristas, 8 compoñentes do grupo Coanegra
O material aportado do grupo.: o Instrumental musical
composto de grolles, tambores, plateretes, saxofon e outros., o Grupo de demos coa indumentaria necesaria e mascaras ( tanto para o correlume como para o pasaruas). o Grupo de malabaristas con diabolos, cintas y mazas.

5. Compoñentes de Sa Factoria.

Emi- Grolla, flauta, tambor e corno. Jaume" Alaro"- Grolla, flauta, tambor e violín. Pere Soler- Grolla, flauta e tambor. Pep Manuel Ordoñez- Grolla, xeremies, flauta e tambor. Pep "Oliva"- Grolla e xeremies. Pau Mir- Grolla, xeremies e tarota. Vicente Mates- Grolla, xeremies e corneta. Joan Jaume- Grolla. Miquel Angel- Grolla e campás. Jaume Ordines- Grolla. Jaume Dolç- Grolla. Pere Souler- Tarota e xeremies. Tali- Grolla. Catina Vich-Saxo. Masia- Trompeta. Miguel- Bateria e percusión. Tolo Font-Percusión. Alfonso- Percusión. Miguel Cano- Percusión. Seni- Percusión. Toni "Sta Eugenia"- Percusión. Toni Jaume- Percusión electrica. Epi- Percusión. Carles- Guitarra e percusión. Gori Negre- Guitarra, percusión, grolla, guitarra e Toni Negre- Baixo, bombo e percusión.

Gwenlann

A formación de Gwenc'hlan na Bretaña francesa pode asociarse ó principio do ano 1996. Na orixe do grupo estiveron Ronan, David e Erwan. Fred participa ó principio, vaise e volve outra vez. Gaël únese finalmente ós outros para dar nacemento á formación que coñecemos dende a orixe: ¡cinco consagrados músicos para máis de... dez instrumentos! Dende aquela, váise Erwan, é substitueo á batería David Gosson a finais de 97. No verán do 98, David á súa vez decide deixar o grupo, Gwenc'hlan busca un novo batería. Coa chegada de Hervé, a formación vai a tomar un novo desenvolvemento. Máis maduro, o novo Gwenc'hlan tivo tempo de tomar da botella, sen perder nada da súa riqueza inicial nin do seu entusiasmo que produce a felicidade do público. Velos sobre o escenario produce un verdadeiro placer.

No 1998 publican o seu primeiro álbum: A nos conneries que se converte nun "tornado escénico" por toda Francia. No 2000 a saída de Un peu d'air levao ó Festival de Ortigueira. Ó ano seguinte é unha revelación no Interceltico de Lorient e nunha semana venden más de 1300 discos. Un rock con raíces moi puras.

Na primavera 2003. Gwenc'hlan convertese en Gwenlann. Sempre a mesma (formidable, increíble) enerxía sobre a escea. David Gosson e Hervé, ambos imbricados noutros proxectos. Un terceiro e moi traballado álbum, que o leva con intensa felicidade sobre camiños ás veces inesperados. Saber ampliar os seus horizontes como fai este grupo bretón sin traicionarse, non sempre é otorgado a todos: Gwenlann empregase con brío e forza. Na primavera do 2003 editan SEXYWELL cun carácter de máis "rock celta", a diferencia do primeiro disco máis instrumental no que se recollían acentos máis celtas e o segundo no que se abrían ó rock e á canción francesa. Este disco é máis persoal e dun rock máis universal que non deixa a ninguén indiferente, sobre todo debido á súa percusión e á voz íntima de Gaël Duro.

A orixinalidade e a forza deste grupo reside na mestizaxe das súas músicas, mestura de tradicións do pobo con ritmos rock. Resultando unha música ó xeito das baladas acústicas e un rock de resoancia celta, pasando por músicas máis orientais.

Nestes anos participaron en centos de concertos por Europa, Canadá e outros paises.

gwenlannCompoñentes

  • David Jeanningros: guitarra eléctrica, guitarra acustica, mandolina.
  • Fred Bail: whistles, flauta traveseira, cornemusa.
  • Erwan Jégou: bateria, djembé, percusións
  • Gaël Duro: baixo, canto
  • Ronan Duro: guitarra éléctrica, guitarra acústica, clarinete

*Ronan Duro ten 29 anos e principiou ós 9 a practicar co acordeón, e agora podemos coñecer mellor a súa achega á música: "A miña vocación por este instrumento naceu nunha tarde que o collín, estabamos só os dous, e a partires daquela xuntamonos a miudo, pero aínda non o coñezo abondo, como para falar del".

*David Jeanningros ten 28 anos e fala deste xeito: "Dende neno escoitaba os blues de John Lee Hoocker do que eran fans os meus pais. O verdadeiro encontro cos instrumentos aconteceu ós 5 anos co piano, pero foi un fracaso, ós 12 intereseime polo acordeón, doble fracaso, descubro a guitarra ós 15 que sigo tocando..."

*Gaël Duro cóntanos os seus comezos no universo da música, despois de falarnos da súa práctica de piano, fáise baixista dende hai 5 anos: "Non tiven maior achegamento á música ca escritura, acompañoume toda a vida, mentres ca escritura e a interpretación son paixóns tardías e máis intensas. O do baixo foi un flechazo..."..

* Fred Bail dende os seus 30 anos fala do seu compromiso coa música, despois de probar con varios instrumentos: flauta traveseira, batería, o seu ùltimo descubremento foi a gaita... Sinala como influencias o rock, pop, metal, e sobre todo o mundo da música celta e en concreto unha querencia especial pola música irlandesa.

MacFeck

MacFeck (maek´fec) é un grupo formado por catro músivos que se adican á interpretación de música tradicional de todo o mundo cun enfoque distinto e cunha fornecida historia persoal de participación en grupos musicais. Nacen no 2001 e o seu primeiro disco ía ser "Cats & Dogs". Xa no 2003 compoñen a música orixinal de "Terras de Merlín" para atelevisión.

O seu hábitat Este, a música klezmer e os toques francés, americano e euskera.

Armonías inspiradas e ritmos bailables apoian melodías cheas de color e sentimento, e conforman un estilo propio, sincero e entusiasta...

Os Músicos

macfeckHarry Price - Violin, Bombo

Nacido en Londres (1972), fillo prodigo de pais clarinetistas, Harry leva dende os sete anos tocando, e notase!. No 1991 remata a carreira de música clásica e principia tocar folk tradicional, actuando con Marnie en Gran Bretaña e Francia. Actuou coma músico nun circo xitano-bretón. Aprendeu a tocar a gaita e integrou grupos coma Uz, Beladona, Arán, ect.

Jorge Juncal - Acordeón

A nova entrada no grupo. Un galego (Moaña 1971) cunha traxectoria musical salientable, xa que actuou con grupos moi coñecidos en Galicia. A súa preparación comenzou con solfeo e piano. Ata os 19 anos formou parte de varios grupos de pop e rock e dende aquela apostou polo folk. Foi membro do Grupo Didáctico do Obradoiro Escola de Instrumentos Populares, Beladona (no seu disco "Bicos de sol") e Anubía ( participando en "Segredo a voces").

Marnie Kaputstinsky - Voz, Mandolina, Percusión

Nacida en Glasgow (1972) nunha familia xudea inmigrante en Escocia, principiou moi nova a cantar en teatros e musicais, estivo viaxando e tocando o bodhran xunto a Harry durante os ultimos 10 anos. As sùas raices xudeas están latentes na música de Macfeck. Xa en galicia toca o tamboril en cuartetos tradicionais. Con Danny actua en Uz. Agora os seus traballos vocais neste grupo inclúen yiddish, inglés e euskera.

Danny Leonard - Guitarras, 5-String Banjo

Nacido en Manchester (1978) no seo dunha familia irlandesa, leva varios anos tocando en festivais folk españois onde arribou cun dúo. Xa participou no Festival de Pardiñas co grupo Shebeen e posteriormente integrou o banjo no grupo Uz. Escomenzou tocando a guitarra en grupos de rock

Discografía

CATS AND DOGS (APRIL 2002) Dez temas da nosa epoca "trio", aínda ca opinión xeral é que sona máis a sexteto. Reels, jigas, valses... marcha marcha!

Nómada

É un grupo integrado por músicos galegos, rusos e cubanos, que se embarca nunha viaxe migratoria. Unha viaxe de busca dun novo hábitat mestizo, un espacio comun para as tres cordas cubanas de Danilo, as cordas galegas da guitarra de Pedro Vila ou a resonancia rusa das cordas de contrabaixo de Anatoly Kadachinikov. Un treito no que o vento é compañeiro de camiño dende o metal ruso de trompeta de Alexei Gueinrikh ata a madeira galega das gaitas e flautas de Manolo. Un mesmo camiño trazado polos pasos rítmicos da percusión de Efraín Díaz que vai dende os itenerarios melódicos do clarinete de Ana até o universo sonoro do bayán de Vadim Yuknevich. Unha viaxe de sons que este colectivo audaz emprende porque en Nómada saben que "hai que camiñar…, soñando".

nomada

Imos escoitalos a eles mesmos: "falar de sons en viaxe é, evidentemente, definir comportamentos asociados á música e que dalgún xeito marcan os itinerarios construidos polas persoas. Dende sempre as viaxes levaron e trouxeron marcas de son, de cor e de sabor, ingredientes que axudaron en grande medida a crebar distancias e revelar afinidades culturais.

A historia sensorial das viaxes definese tamén polos procesos de intercambio onde a música, non sempre da forma máis transparente, ocupou un espacio privilexiado.

A viaxe migratoria exprime treitos, distancias, crebas afectivas e seduccións entre dous universos en confrontación: o da partida e o do acollemento. Os sons migran, polo tanto, coas persoas e a través delas, expoñéndose igual cos seus intérpretes á aventura dun novo hábitat".

Quempallou

"Entre o Morrazo e a montaña brava do Incio xurdiu este festeiro grupo, mestura enxebre dacabalo entre gaiteirada feliz e cantiga de escarnio; entre foliadiña de baiúca e festa rachada de festival; entre cancioneiro e composición; entre acordes bonitos e arranxos directos. Así, por medio de xotas e muiñeiras e valses e polcas e que sei eu, van enfiando Quempallou as súas actuacións, para que absolutamente ninguén dos presentes deixe de sentir ese formiguillo incontible nos pés e ese profundo proído no peito que nos fai ceibar un aturuxo e botarnos a bailar un agarradiño coma tolos, ou un solto como podemos. Iso é Quempallou, a festa galega coa calidade que requiren os tempos, sen nos esquecer de nada, nin de ninguén."

Nace como grupo na primavera do 1999, da man duns músicos mozos pero xa cunha certa vagaxe na música tradicional galega que arelaban labrarse un lugar no panorama folk galego. E o certo é que logo obtiveron froitos: nestes cinco anos xa teñen tocado pola meirande parte da Galiza e boa parte de Portugal, así coma, Catalunya, Asturies e as dúas Castelas.

Neste ano 2004 o grupo está a presentar o seu segundo traballo discográfico, editado co selo Zouma Récords baixo do nome xenérico de "Estremonías".

É este un disco gravado e argallado con moita máis calma, no que destacan as composicións propias baseadas en estructuras tradicionais; algunha que outra saída do seu estilo base; e sobre todo unhas letras que convidan a face-la festa sen nos esquecer das cousas do mundo no que nos tocou vivir. Coma se foran rapaces pequenos a facer trasnadas, "Estremonías", Quempallou permítese falar sen pelos na lingua do bo e máis do malo da nosa Terra; tentando que a música tradicional siga a actualizarse a si mesma nos textos e reflicta o mundo actual baixo dunha perspectiva galega e persoal a un tempo.

Así pois, non perdáde-las "Estremonías" que andan a facer estes sete rapaces das Rías Baixas, das Mariñas coruñesas e do Incio lugués.

Animádevos e gozade da nosa música con Quempallou, unha festa en cada concerto. A beillaaaaar!!!

Compoñentes da tropa

quempallou

  • Roi Maceda: acordeón, coros.
  • Guillerme Ignacio: gaitas, frautas, percusións, voz.
  • Xulio Coira: gaitas, clarinete, coros.
  • Isaac Millán: buzuki, guitarras, harpa.
  • Xulio Abal: guitarra acústica, mandolina.
  • Roi Adrio: tamboril, caixa, percusións, coros.
  • Xosé Maceda: bombo, percusións, coros

"Levamos dous anos á busca da palabra, pero non dunha palabra calquera, non. Levamos dous anos á busca desas palabras que nos contan o que pasa. Desas palabras só nosas anque tamén vosas, de todos, que nos abren os ollos á realidade, porque nos din o que hai. E o que hai pode ser duro, coma a desfeita constante da Terra, coma a explotación neo-liberalista e terxiversadamente globalizadora, coma un desengano de amor incipiente, coma un maltrato á dignidade das persoas...; anque tamén pode e debe ser felicidade, felicidade encuberta -rir por non chorar-, felicidade pura dun namoro, ou felicidade inexcusada porque todos precisamos facer coma quen que todo vai ben, anque só sexa por unha noite de foliada extrema.

E foi así como foron xurdindo estas estremonías, estas maldades de cativos, estes anacos de realismo peneirados de cotío por unha retranca que nos lembra que estamos de troula, mais que a realidade segue aí, e é teimuda. Retornamos con este pequecho á infancia, para que cando nos digades que só queremos amolar, lembrarvos que tamén debaixo de cada estremonía dun rapaz ou rapaza hai algo máis cás ganas de chamar a atención para non se aburrir. Velaquí as nosas palabras, velaquí as nosas Estremonías."

Outras Actuacións

Hai dous anos xa puidemos disfrutar no XXIII Festival do seu primeiro Cd, froito en primeiro lugar da súa victoria no II Concurso Folk Radio Obradoiro, que lles permitiu gravalo nos Estudios Phonos da Estrada; e en segundo lugar da disposición da discográfica Zouma Récords para re-mesturalo e editalo en Maio do 2002. "Para nós, comentannos, foi o noso primeiro paso importante neste mundiño da música folk galega; a oportunidade de poder facer que canta xente quixera puidera gozar da música que facemos. Coma tódolos traballos é mellorábel sempre, pero como primeira criatura seria que temos, estamos moi orgullosos del".

Skalariak

Antecendetes, discografía, biografía....

Skalariak nace a finais de 1994, froito da afección de Juantxo e Peio Skalari polo Ska. Un ritmo con máis de 40 anos de existencia, do que van filtrando todas as súas variacións e influencias E adaptándoas ata acadar un estilo persoal e inconfundible.

Con tan só unha ducia de concertos no seu haber, a discográfica GOR Discos interesase pola banda e no 1997 edita o seu primeiro álbum "Skalariak". No 1999 ve a luz o seu aclamado segundo traballo "Klub Ska" (GOR Discos), que reflicte a madureza que ía acadando a banda gracias as súas numerosas actuacións en directo. Con este álbum comezan unha serie de discos conceptuais que no caso Klub Ska recrea un espacio multirracial, internacional, libre e solidario, onde os xoves dispoñen de liberdade, non só para divertirse, senon tamén para expresar as súas inquedanzas. A excelente acollida do álbum, do que salienta o seu primeiro single "Sólo Vivir", lévaos a xirar por países como Francia, Italia, Suiza ou México, ó longo de dous anos nos que realizan máis de 100 actuacións. O seu terceiro traballo "En la Kalle" (2001, GOR Discos), continúa a saga de discos conceptuais e trasladanos nesta ocasión a unha imaxinaria "Kalle Ska", que representa a saída dende o Klub Ska cara o exterior, para amosarnos sen complexos como somos, nin héroes nin bandidos. No musical, este álbum logra impregnar todos os cortes dun son quente e compacto. Constitúe un excelente traballo en canto á composición e execución. Tras a súa edición, a banda lanzase de novo á carretera y tamén pon en práctica a filosofía do disco, realizando espontáneas actuacións "na kalle" en cidades coma Iruña, Barcelona ou Bilbao, que quedan rexistradas, xunto con outras actuacións internacionais, entrevistas e imaxes inéditas, no vídeo-reportaxe de 70 min.: "Skalariak: Street´s Ska".

Radio Ghetto

No 2003 Skalariak edita, da man de BOA Cor, o seu cuarto álbum "Radio Ghetto", o derradeiro da serie de discos conceptuais. Do Klub Ska, Skalariak pasou a estar En la Kalle e agora ese espacio aberto amplíase ata situarnos no ghetto provocado polo ruido da desinformación: con "Radio Ghetto", queremos rachar esa barreira da desinformación comunicando. Con "Radio Ghetto" queremos facer un chamamento para extender sentimentos solidarios e para non deixar cas persoas se aillen de xeito social, político ou ideolóxico. Queremos falar en todas as kalles, transmitir o pensamento, dialogar...

Musicalmente, sen esquecer a esencia do Ska, "Radio Ghetto" insiste na exploración da mestizaxe skatalítica, na fusión con outras correntes.

A instrumentación e os amaños, máis coidados ca nunca, sufren unha nova volta de tuerca e acadan transmitir de xeito máis intenso toda esa amalgama de estilos e formas, acadando como nunca darlles coherencia para transmitir unha música con identidade propia, un "son skalari" inconfundible.

Os textos están maioritariamente inspirados na realidade social sen perder un ápice de poesía. Unha poesía fresca e viva que apunta directa ó corazón.

Ademáis, outra vez, Skalariak predica co exemplo e lanza ás ondas unha emisora libre que retransmite as 24 horas do día, para todo o mundo a través de internet en http://www.radioghetto.com/ .

Con este último traballo, con Radio Ghetto, Skalariak segue poñendo o seu grao de area para que a roda do Ska non se deteña..., e non o fará mentres siga sendo impulsada polo motor que a puxo en marcha: a mestizaxe de razas e culturas.

¡Escoita Radio Ghetto! ¡ Conéctate a Radio Ghetto, o sentimento mestizo en forzas, unido na loita! ¡Sintoniza con Radio Ghetto e extende o vento do pobo!

Skalariak son

skalariak

Juantxo Skalari, Peio Skalari, Javier Etxeberria, Hiart Leitza, Luisillo Kalandraka, Mario Memola

Discografía

LATIN SKA VOL. II (MR-090). 1996 Moon Ska Records (Nova York). Recopilatorio internacional de ska.
AURTENGO GORAKADA (G-550-CD). 1997 GOR discos. Recopilatorio de GOR discos.
SKALARIAK (G-552-CD / G-552-K) . 1997 GOR discos. Primeiro longa duración de SKALARIAK.
TERRA DE ROCK / ROCK LURRALDEA (G-556-CD). 1997 GOR discos. Recopilatorio da historia do "rock" en Navarra.
SÓLO VIVIR (G-567-CDS). 1998 GOR discos. CD single de tres cancións, anticipo do seu segundo álbum.
NOVAS PROPOSTAS MUSICAIS DE EUSKADI (PR-0038). 1998 Fundación Autor. CD recopilatorio promocional para a semana da música vasca.
SKANKING THE SCUM AWAY (BBR 006). 1998 Mad Butcher Records (Alemaña). Recopilatorio internacional de ska.
KLUB SKA (G-567-CD / G-567-K). 1999 GOR discos. 2º álbum de Skalariak.
AURTENGO GORAKADA 3 (G-572-CD). 1999 GOR discos. Recopilatorio de GOR discos.
AEK EGUNA '99 (G-573-CDS). 1999 GOR discos. Canción de presentación do festival AEK Eguna '99.
UNIVERSO SONORO Vol. 5 (US-010-CD). 1999 Boa Music. Recopilatorio da distribuidora Boa Music.
EUSKAL SKA ETA REGGAE (SK-001-UD). 2000 Skunk Diskak. Recopilatorio de ska-reggae vasco.
EN LA KALLE (G-596 CD). 2001 GOR discos. 3er álbum de Skalariak.
VODKA REVOLUCIÓN (G-596-CDS-2). 2002 GOR discos. CD single de tres canciós.Vodka Revolución / Só Vivir(Seulement vivre) / Skalari Rude Klub (italiano).
SKALARIAK: STREET'S SKA (G-611-V). 2002 GOR discos. Video Documental.
RADIO GHETTO (M-21321-03). 2003 BOA Recording. 4º album de Skalariak

Novo Álbum Radio Ghetto

No 2003 Skalariak edita, da man de BOA Cor, o seu cuarto álbum _Radio Ghetto_, o último da serie de discos conceptuais. Do Klub Ska, Skalariak pasou a estar En la Kalle e agora ese espacio aberto amplíase ata situarnos no ghetto provocado polo ruido da desinformación: con _Radio Ghetto_, queremos rachar esa barreira da desinformación comunicando. Con _Radio Ghetto_ queremos facer un chamamento para extender sentimentos solidarios e para non deixar cas persoas se aíllen de forma social, política ou ideolóxica. Queremos falar en todas as kalles, transmitir o pensamento, dialogar...

Susana Seivane

Nesta celebración dos 25 anos tivemos unha especial querencia pola presencia de Susana Seivane, pois a súa familia sempre estivo moi ligada a este acontecemento musical. O seu avó Xosé, na foto, foi o pregoeiro da primeira Mostra de Artesanos, a súa avoa é unha afeccionada a todo o que significa Pardiñas, o seu pai Álvaro e o seu tío Xosé Manuel tamén participaron nos talleres de instrumentos, e tanto a súa irmá, na foto, como a mesma Susasa teñen traspasado o horizonte do festival cos seus sons cando aínda eran moi novas. No 2004 imos sentir por primeira vez o seu último disco.

Sen esquece-la actitude e o espírito dos seus dous anteriores traballos, Susana Seivane e Alma de Buxo, e contando cos mesmos colaboradores que a acompañaron nos últimos anos e outros novos, Susana Seivane ofrece en "Mares de Tempo" o resultado artístico e musical dunha traxectoria sen precedentes na música tradicional.

A súa intención primeira foi combinar a interpretación da música popular cos parámetros de actualidade que envolven nos nosos días o fenómeno musical. "Mares de Tempo" avanza un pouco máis nesta primeira intención e afianza a voz dunha artista xa internacional. Nunca mellor dito, posto que Susana Seivane atrevese esta vez con cinco temas cantados dun total de 12 cancións novas, sen contar cunha composición enmascarada.

"-Foi un proxecto que quixen facer cos meus músicos, os que me acompañan de cotío e cos que estiven de xira ó longo destes dous últimos anos" -di Susana e, a continuación, cita a cada un dos seus acompañantes musicais: Brais Maceiras (acordeón), Xurxo Iglesias (bouzuki), Carlos Freire (percusións), Teresa Saias (batería). Se incorporan á banda dous novos fichaxes: Roberto Somoza (saxos y frauta) e Quique Alvarado (Baixo), que tamén colaboran nesta nova gravación. Ademais deles, en "Mares de Tempo" participan Carlos Castro (percusións), Xabier Cedrón (violín), e Xabier Gatañaduy (guitarras).

Susana quixo contar especialmente para esta ocasión con Xabier Paxariño (frautas); a cantante e instrumentista de Berrogüetto, Guadi Galego, compositora e acompañante nos coros dun dos temas; outra colaboración de excepción foi a do Colectivo de Música Tradicional Ruote de A Coruña, intérpretes dunha nova versión do Maneo, peza incluída no primeiro disco da Seivane. Tamén interveñen o compositor e arpista Rodrigo Romaní (Milladoiro) e o percusionista da formación "Jarbanzo Negro", Viascón, que fai unha execución cun instrumento insólito (unha serra) e coa súa trompeta.

susana"Mares de Tempo" - segundo da propia responsable do proxecto- "Segue a mesma liña cos anteriores traballos pero dáse un paso adiante, un paso ben dado e totalmente natural, unha evolución do disco anterior coa mesma instrumentación. A diferencia está nos arranxos dos temas que poden ser máis innovadores. Se seguen mantendo as composicións con percusión tradicional e, na fusión do contemporáneo e o tradicional, e onde reside a innovación". Susana Seivane posou para as fotos que o prestixioso fotógrafo Xurxo Lobato (Premio Ortega y Gasset de fotografía no 2003) realizou no Pazo de San Cibrán de Santiago de Compostela. Ademais, Susana está rematando a gravación dun vídeo-clip e un DVD que incluirá imaxes dos seus concertos e distintas citas internacionais, un making off e distintos momentos recollidos durante o rexistro do disco no estudio Casa de Tolos de Baiona.

Como primicia do novo disco "Mares de Tempo" a artista ofreceu o seu primeiro concerto en París o derradeiro 20 de marzo. Alí actuou no Estadio de París diante de 52.000 persoas dentro da convocatoria anual da Noite Celta de París, acadando un éxito que se viu recollido nas páxinas de diarios galos tan prestixiosos como Liberation ou Ouest France. Este espectáculo vaise presentar tamén en Nantes, sendo retransmitido por Radio France e a Televisión Francesa en breve. Susana regresou este ano novamente ó Festival de Lorient, visitará por segunda vez os Estados Unidos (Michigan), actuará por vez primeira en Eslovaquia e visitará a cidade inglesa de Cambridge. Así mesmo, ofrecerá un concerto en Tenerife xunto á Sinfónica de Galicia, en setembro. De momento.

Biografía

Naceu en Barcelona no ano 1976, é a herdeira da familia Seivane, unha das familias con máis prestixio e sona dentro do mundo dos gaiteiros e artesáns de gaitas en Galicia. Comenzou a súa andaina musical ó cumprir tres anos de idade. Da man do seu avó Xosé Seivane e influenciada por mestres gaiteiros como Ricardo Portela e Moxenas, conseguiu o respecto e admiración do mundo da gaita e da música tradicional en Galicia. Un estilo xenuíno que está presente na forma de tocar de Susana, pois ela sabe sintetiza-lo estilo "enxebre" dos antergos gaiteiros. Mais ela tamén é quen de crear un estilo propio, abrindo este valioso legado a influencias doutras músicas; para isto rodéase dun elenco de músicos moi novos que aportan frescura e orixinalidade ó seu espectáculo.

En 1999 edita o seu primeiro disco "Susana Seivane" (BOA MUSIC), producido por Rodrigo Romaní, un dos membros fundadores de Milladoiro. Este traballo baseado en temas tradicionais e composicións de artistas galegos, lévaa polos mellores escenarios de Folk Nacional e Internacional, acadando grandes éxitos e loables críticas. O seu primeiro disco edítase en Europa, E.E.U.U. e Canadá.

Co seu segundo traballo "Alma de Buxo" (BOA MUSIC Ed. 2001) producido por ela mesma, baixo o asesoramento artístico de Rodrigo Romaní, consolídase como artista galega de referencia no panorama Folk. Neste colaboran artistas da importancia de Uxía Senlle, Kepa Junquera ou Rodrigo Romaní entre outros. Merece especial mención a colaboración do seu avó Xosé Seivane. Como novidade, neste traballo introduce instrumentos como a batería ou o baixo eléctrico e enriquece o disco con composicións propias.

No ano 2001 resultou unha das cinco finalistas dos Indie Awards, os prestixiosos premios que cada ano outorga a Asociación de Música Independente de E.E.U.U. (AFIM), na categoría de mellor artista de Músicas Contemporáneas do Mundo.

Con este suxerente título está a actuar polos mellores escearios tanto do territorio nacional como internacional (Escocia, Alemania, Francia, Italia, Estados Unidos, Arxentina, etc.). Sen abandoar a tradición e as raíces da música galega -ó igual que nos seus anteriores discos-, Susana quixo dar un importante paso con "Mares de tempo".

Pero o máis sorprendente deste novo traballo é, sen dúbida, a introducción do instrumento musical por excelencia. Susana Seivane, sen deixar de ser o que é ante todo, gaiteira, agasállanos esta vez có son da súa voz, unha voz que xa deixou o seu eco no estudo Casa de Tolos de Gondomar (Pontevedra) -o cuartel xeral do ex Siniestro Total Segundo Grandio e que pronto soará nas máis prestixiosas salas de concertos tanto de Galicia como do resto do territorio nacional: A Sala Caracol de Madrid, a Sala Biquini de Barcelona, o Antzokia de Bilbao ou a asturiana Sala Spook de Salas son algunhas delas. Serán os primeiros pasos dun disco respaldado dende as ondas por CADENA 100.

En canto o contido do mesmo, saiu ó mercado nos formatos CD, DVD, CD promocional (dous temas) e VIDEO-CLIP. Todo un luxo para este tercer traballo con imaxes que nos permiten contemplar a Susana Seivane nos mellores momentos da súa traxectoria. Sobre o escenario e fora de él.

"Mares de tempo", título extraído da obra "Longa noite de pedra", do poeta Celso Emilio Ferreiro, é para Susana Seivane unha reflexión sobre o paso do tempo, e a súa pérdida en cousas banais... "Mares de tempo" é Susana Seivane, un disco de cabeceira para os amantes da boa música.

Veria

Veria é un dos nomes cos que é coñecida a lagoa que existe a carón da Feira-do-Monte, capital do Concello de Cospeito, tamén chamada lagoa de Valverde ou lagoa de Cospeito.

Segundo a lenda, hai moitos anos pasou por alí a Virxe María e os Valuros, habitantes daquel pobo, non lle quixeron dar pousada. A Virxe asulagou a vila, dando orixe á lagoa actual, hoxe habitada por lavancos, garzas e outras aves de zonas húmidas.

O grupo Veria foi fundado no ano 2002 en Cospeito, está integrado por Xesús Álvarez (acordeón), Tania Cabarcos (bombo e voz), Mónica Fernández (pandeireta e voz), Mª Carmen Gayoso (gaita e saxo alto), Suso Pena (gaitas), Modesto Renda (clarinete e gaita) e Vili Roca (tamboril e guitarra acústica). Tamén colabora co grupo Flavio Castosa facendo escenificacións como a da 'Marcha do Antroido'.

veriaUnha parte dos temas que interpretan son recollidos na comarca da Terra Chá, intentando recuperar a música que se facía por estas terras anos atrás. Así, forman parte do repertorio pezas que tocaba 'Alegría de Muimenta', cuarteto que estivo en activo polos anos 40 e 50 amenizando moitos bailes en salóns e romarías da zona. Tamén se recolleron pezas de Antonio da Ermitas, gaiteiro de Pino e trovas de Antonio Camba. Outras pezas son do repertorio tradicional e outras máis compostas por membros do grupo.

Cóllase un anaco de banda un domingo pola mañá, unhas pingas de charanga, o fol dunha gaita vella, uns coiros de cabuxo ben tesos, bótese todo a ferver nun escenario ben adobado ó xeito tradicional e velaí a receita: 'música para botar un pé'.