Trumfos Sons Oros

       Linho do Cuco

trumfos

A Mitja Cobla "Trumfos Són-oros" constituida dende 1994 por 3 instrumentos: Angel Vallverdú que toca o flabiol e tamborí, e Jordi Aixalá o sac de gemecs, gaita Catalana. Esta formación moi presente en todo tipo de festas dos pobos e cidades de Catalunya, acompañando bailes,danzas, procesións..., ten algo en común coa nosa música tradicional.

linho

Linho nace no 1996 como unha Asociación Cultural, co afán de recoller e difundir o folclore musical da zona de A Estrada. Realízanse traballos de campo, móntase unha escola de pandeireta e canto e fórmase un grupo de gaitas que é o xerme de Linho do Cuco. Despóis de moitos pasarrúas, romerias e festivais, van chegando á familia do linho outros instrumentos que completan a actual formación que se compón de tamboril, bombo, gaitas, tuba, clarinete e acordeón. O noso repertorio bebe da tradición popular e das composicións de novos autores, todas sazonadas según a receta particular do grupo.