XVIII MOSTRA DE INSTRUMENTOS DE MÚSICA TRADICIONAL

Organizada pola Asociación de Gaiteiros Galegos

 

 

Programa

Sábado 6                                                 

17:00h- Apertura de Mostra

17:30h- Pregón a cargo de Raúl Galego

18:00h- Demostración práctica de construcción de palletas (Jaime Pena)

19:00h- Actuación dos Carunchos

20:15h- Obradoiro de Treboada (Oli Xiraldez)

20:45h- Escenario libre para Músicos espontáneos

Domingo 7

11:30h- Apertura da Mostra

12:00h- Repertorio tradicional de Compostela e comarca (Lois Mouriño e Xosé Tuñas)

17:00- Demostración práctica de construcción de palletas (Jaime Pena)

18:00- obradoiro de baile tradicional (Xavier Iglesias)

19:00- Actuación da Orquesta "Os Modernos"

20:00- Escenario libre para Músicos espontáneos

 

Artesans participantes

Jaime Rebollo                         Foligueiras

Presedo                                   Diego Langarika 

Anton Varela                           Luís Martínez

Chirlo                                       Afonso Castro

Mouriño                                   Roi

Tuñas                                       Carlos Fandiño

Ché Vazquez                           Xermán Arias

Xaneco                                    Cristobal Prieto

Oli                                            Xaime Rivas

Pablo Carpi                             Jaime Pena

 

O pregoeiro

Raul galego

  

RAÚL GALEGO

 O pregoeiro da XVIII Mostra é ben coñecido para todas e todos, non só ppola súa asistencia ó Festival, tamén pola súa participación creativa en todos os eventos de Xermolos e de todos os colectivos desta comarca. Naceu en Agolada (Pontevedra). Presentámolo con estas fotos de Raúl Río, da súa ultima intervención en Xermolos, nos Encontros na Terra Chá, dedicados a Xosé Seivane, e celebrados na Pastoriza.

Entre 1965 e 1969, no Colexio Fogar de Santa Margarita (A Coruña), xorde en Raúl Galego unha teima galeguizante que o devolveu á reafirmación da súa orixe. Cara ó ano 1960 comeza o seu contacto coa música, aprendendo pronto a afinar a guitarra. Pouco tempo máis tarde coa melódica comezou a tocar algunha melodía popular ("se te queres casar coas mozas de aquí", "catro vellos mariñeiros"...). No seu derradeiro curso entrou no coro de ‘Cántigas da Terra’. Pouco despois, logra facerse cun punteiro e unha palleta e empezou a practicar no pouco tempo libre que tiña. Destas inquedanzas e teima xuvenil xurdiu un gaiteiro que, co paso do tempo, non perdeu unha pinga dese espírito que o vencellou -de por vida- á nosa música.

Raúl Galego posúe a Certificación Académica de Solfexo, emitida polo Conservatorio Superior de Música da Coruña pero a súa formación como gaiteiro é froito da autodidáctica, complementada mediante a concorrencia cos gaiteiros de ‘Cántigas da Terra’, ‘Ballet Galego’ e outros gaiteiros de sona e por medio do estudo e investigación nas fontes bibliográficas, recolleitas, entrevistas a vellos gaiteiros e outros estudosos da gaita en todo o mundo.

 

   

 Cartel Mostra de Instrumentos 2011

 

 

 

 

 

 Autor do cartel: Pablo Giraldez