Cartaz Pardiñas 2011

 

   

A AUTORA DO CARTAZ

 

  Alba Calvo Lobeiras

Honra o XXXII Festival de Pardiñas que sexa unha veciña daquí, Alba Calvo Lobeiras (Os Vilares 1987), a autora deste cartaz, Dende moi nova sentiu a chamada das artes: pintura, fotografía, etc, cimentando a súa traxectoria nun bacharlato de artes en Burela, licenciándose en Belas Artes na Universidade de Salamanca, especialidade en debuxo artístico. Segue afondando neste universo artístico, agora, nun ciclo de fotografía na Escola Superior de Arte e Deseño Pablo Picasso da Coruña.

Alba Calvo

No 2005 recibiu o 2º premio do I Certame de Pintura Concello de Brión, na categoría de menores de 19 anos pola obra "A REBELDÍA DA DESINTEGRACIÓN", en técnica mixta. No pasdo Festival puidemos gozas da súa variada ténica. na Casa das Artes, con obras de acuarela e unha a carboncillo, un ano no que tamén fixo unha exposición individual na pastelería Nimbos, sobre a súa colección de retratos a carboncillo con color; "Vós".

En todo este tempo, ampliou a súa formación en cursos coma o de "Conciencia Histórica e Arte Contemporánea. Historia da arte contemporánea como literatura, así coma en varios idiomas.

 

"Teño que dar as grazas pola oportunidade que me deron de colaborar nesta festa que moitos de nós tanto disfrutamos... Con este cartel intentei transmitir o espíritu que se vive neste festival, e como era de esperar, para uns conseguino e para outros non, pero para min non deixou de ser un pracer poder colaborar da maneira que mellor o sei facer"