fernandez_abella

 

 

Xoan Xosé Fernandéz Abella

Xermolos é fiel no Festival, ó seu alcume:

Feira e Festa da Música e da Arte”, por iso, á hora dos pregóns, apostamos pola literatura, a diferencia doutros eventos semellantes que prefiren subir ós estrados ós políticos de turno, ou a persoas inventadas polos axentes mediáticos… Mesmo queremos que as e os pregoeiros, convirtan a súa cita con Pardiñas nun acontecemento literario nas súas vidas. Escollemos a aquelas e aqueles que mostran querencia por este Festival, coma Xoán Xosé Fernández Abella, que dende hai anos non perde este certame, nin as actividades de Xermolos. É un agarimo compartido, que fai máis grande Pardiñas.

Ten colaborado en varias publicacións da nosa Asociación: Alfonso Blanco ten reproducido o soneto que Abella, titulado A Gustavo Santiago Valencia, en Irimia e Xermolos. Igual no Guieiro nº 10 (2005), o poema A Paco Corral, In Memoriam. E tamén en Encrucillada, Xistral, Técula, Poemas do Arco da Vella, Chorima, San Martiño, etc. e nos xornais, O Correo Galego, Galicia Hoxe, O Norte de Negreira, Tabeirós Terra de A Estrada, a folla literaria estradense Augasverso, en La Voz de Ortigueira, Ten dado recitais en varios actos de
Xermolos, así coma noutros individuais, por radio e televisión, e colectivos, en Venezuela, Galicia, Andalucía e Portugal. Ten adicado moito tempo á animación cultural xa en presentacións, xurados, mesas redondas, dirixindo teatro ou dando conferencias.

Pertence á SAT (Sociedade de Artistas Ferroláns), AELG (Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega),
Museo do Pobo Galego, Fundación Castelao, Fundación Alexandre Bóveda, Asociación Teenses pola Igualdade, Amnistía ínternacional, Cruz Vermella, Cristianisme i Justícia, etc.