Imprimir

 

Anagrama Xermolos

 

Xermolos somos un grupo de voluntarios, xente nova e non tan nova, que perseguimos esencialmente preservar e difundir a nosa cultura.

Os Xermolos agromaron

Ante o crecente número de xente nova que cada vez se interesaba máis na asociación, o colectivo tivo a ocasión de poñer un novo nome a unha nova experiencia, pois non a todo o mundo lle gustaba o de "Raíces e Cañotos". E así xurdiron os Xermolos.

Seguen funcionando ámbalas dúas asociacións: A Asociación Xuvenil de Guitiriz: Xermolos, e a Asociación Xuvenil de Xermolos.

Unha centrada nos maiores: Escola Social Rural, Venres Culturais, Cabalgata de Reis..., outra nos máis novos: clases de guitarra, de gaita, teatro, certames, festival. Compartindo os mesmos locais, as mesmas actividades e xuntanzas.

A labor de Xermolos chega cada vez máis lonxe. O Festival de Pardiñas, feira e festa da música e da arte, vai congregando cada vez a máis xente de toda Galicia…