festival_pardinhasFestival de Pardiñas é a nosa pequena gran contribución á cultura de Galicia. Pódese dicir que os esforzos de Xermolos son case exclusivamente para que este festival siga adiante ano tras ano o primeiro fin de semana de agosto. Música, arte e outras actividades son as que poderedes atopar neste cita máxica apta para todo o mundo. Zona de acampada para os que veñen de lonxe ou, simplemente, lles apeteza acampar durante os días do festival.

Dous días nada máis serven para contaxiar ós milleiros de personas que se achegan cada ano ata o Festival de Pardiñas, Pero deixemos que o Festival de Pardiñas se extenda todo o que queira no seu apartado propio.

Na Páxina Web do Festival atoparás toda a información que queiras e precises para pasar este verán que vén dous auténticos días de maxia, música e arte.